14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaSmartPeme pon en marcha seis novos obradoiros

    SmartPeme pon en marcha seis novos obradoiros

    Ata o 7 de outubro, o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre fabricación dixital, márketing sostible, sustentabilidade no turismo, fotografía e vídeo e Google Data Studio

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre a fabricación dixital, o márketing sostible, a sustentabilidade en establecementos turísticos e fotografía e vídeo para espazos interiores.

    En concreto, 0 martes 5 impartirase o obradoiro “Fabricación dixital. Introdución á fabricación dixital”, a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, que iniciará un novo itinerario de Fabricación dixital con formato mixto. Contará con talleres en liña e prácticas presencias no Fab Lab do Centro Provincial en Economía Dixital, no Viveiro de Empresas de Barro. Pola súa banda, pola tarde terá lugar “Márketing sostible”,da man de Fátima Faílde, posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas. Neste obradoiro procederase á análise de cerca da sustentabilidade, tanto para os negocios como para o márketing.

    O mércores 6, Mariana Rosa, graduada en Turismo, impartirá “Como mellorar a sustentabilidade do teu establecemento turístico”, centrado na Axenda 2030, acreditacións e boas prácticas en turismo. O mesmo día, Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, impartirá o obradoiro “Fotografía e vídeo para espazos interiores”, onde falará sobre como aproveitar a luz natural e artificial, os diferentes puntos de vista en altura e posición e a elaboración de presentacións de fotos e vídeos para YouTube.

    O xoves 7, será a quenda de “Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape I – Partstudio I” a cargo do experto en robótica Manuel Freire, quen dará continuidade ao obradoiro impartido o martes. Para finalizar, o xoves pola tarde, celebrarase “Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio”, onde María Aller, posgraduada en Comunicación Corporativa, falará sobre esta ferramenta e outras plataformas e formatos externos para elaborar informes globais dunha empresa. O obxectivo é que poidan visualizarse de forma sinxela e intuitiva para compartilos ou editalos en tempo real.

    As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.