11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasRompente presenta en Ponteareas o seu último libro, ‘Que hostia din os...

    Rompente presenta en Ponteareas o seu último libro, ‘Que hostia din os rumorosos?’

    Este venres 1 de outubro ás 20:00 horas na sala multiúsos do Auditorio Municipal

    O grupo de comunicación poética Rompente chega hoxe venres 1 de outubro a Ponteareas para presentar o seu último libro, ‘Que hostia din os rumorosos?’, un volume de poesía ilustrado por Menchu Lamas, Antón Patiño e Rubén Romero, con prólogo de Julián Hernández e con pezas inéditas na súa maioría. O acto será ás 20:00 horas na sala multiúsos do Auditorio Municipal con entrada libre ata completar aforo.

    Con esta obra o grupo resistencia poética, creado polo escritor ponteareán Alfonso Pexegueiro e integrado por Antón Reixa, Manuel Romón e Alberto Avendaño, regresa despois de 40 anos. Editado por Elvira, o libro está estruturado en catro partes: Derrotas (Manuel Romón), Carallo 29! (Alberto Avendaño), Room Service (Antón Reixa) e Rompentres, con textos conxuntos dos tres autores.

    O Concello convida a toda a veciñanza a asistir á presentación dun proxecto editorial con mensaxes rompedoras e que desprende grandes sensacións a quen decide mergullarse nas súas páxinas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.