8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Encontro de Corais de Xinzo celebra a súa segunda edición

    O Encontro de Corais de Xinzo celebra a súa segunda edición

    O pasado domingo 26 de setembro, a Coral Cantares de Xinzo celebrou o seu II Encontro de Corais no auditorio do Centro Cultural. Xunto coa coral da parroquia, a outra protagonista da tarde foi a invitada Coral Polifónica “O son dous Cantares” de Tamegia (Mos).

    Ambas as corais estiveron baixo a dirección de Bea Gómez Fandiño, aínda que cun repertorio diferente e variado. Cun auditorio cheo, respectando en todo momento as medidas sanitarias impostas pola Covid-19, o acto finalizou coa entrega dun recordo por parte da Coral Cantares de Xinzo á súa invitada en agradecemento por participar no II Encontro de Corais que celebra a parroquia pontareana.

    Coral Polifónica “O son dous Cantares” de Tamegia – II Encontro de Corais de Xinzo

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.