10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaA Xunta destaca a importancia en Redondela de incentivas o comercio local...

    A Xunta destaca a importancia en Redondela de incentivas o comercio local con iniciativas como os ‘Shopping Days’

    O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, destacou a importancia de incentivar as vendas no comercio de proximidade con iniciativas como os Shopping Days, que organiza o Concello de Redondela xunto á Asociación de Empresarios de Redondela entre onte e hoxe.

    Nela participan máis de 40 establecementos do municipio que abrirán en horario de 10:00 a 22:00 horas con descontos especiais. A rúa Ribeira acollerá un área na que se instalarán os comercios de zonas como Chapela, os que se atopan máis afastados do centro da vila ou os que non teñen espazo suficiente na entrada para exhibir os seus produtos.

    O director xeral de Comercio e Consumo salientou que Xunta e sector están a traballar conxuntamente para promocionar o comercio de proximidade nas vilas e cidades e favorecer a reactivación do consumo tras a pandemia. E, nese sentido, aplaudiu os beneficios deste tipo de iniciativas, que se suman a programas postos en marcha polo Goberno galego como o Bono Activa Comercio, que ofrece descontos de 30 euros aos consumidores nos máis de 5.600 establecementos adheridos en Galicia.

    Segundo dixo, outra das prioridades é que o comercio de proximidade en Galicia se vaia adaptando ás novas demandas e formas de consumir que teñen que ver coa dixitalización e o comercio electrónico, porque a pandemia puxo a proba a importancia de estar presentes na rede para poder vender en tempo real as 24 horas do día e os 365 días do ano. Hoxe máis que nunca o comercio físico necesita desenvolver a súa faceta virtual para exercer, literal e plenamente, como comercio de proximidade, abondou, para recalcar que a Xunta vai seguir acompañando o sector para impulsar a súa competitividade.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.