11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasAprobado definitivamente o PXOM de Ponteareas que impulsará o seu desenvolvemento territorial,...

    Aprobado definitivamente o PXOM de Ponteareas que impulsará o seu desenvolvemento territorial, social e económico

    O novo Plan Xeral pon fin a máis de 19 anos de parálise urbanística trala suspensión das normas subsidiarias de planeamento en xuño de 2002

    Ponteareas conta con Plan Xeral de Ordenación Municipal tras case dúas décadas de paralización urbanística. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presidiron o acto de sinatura da aprobación definitiva do PXOM acompañadas pola Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; o Xefe territorial da CMATV de Pontevedra, José Manuel González; a segunda tenente de alcaldesa de Ponteareas, Chus Garrote; e o director técnico do equipo redactor do plan, Alejandro Arias.

    Trátase dun momento “transcendental na historia recente do Concello de Ponteareas” despois de seis anos de traballo intenso dende o Concello. “Malia os desencontros que se produciron coa Xunta, con dúas aprobacións do Plan fallidas, a perseverancia deste goberno e a vontade decidida e compartida de Concello e Xunta para lograr un entendemento deu finalmente os seus froitos”, salientou a alcaldesa.

    A entrada en vigor do PXOM suporá un novo urbanismo “radicalmente diferente do que vivimos durante décadas” e conlevará un impulso determinante para o desenvolvemento territorial, social, cultural e económico de Ponteareas. Como destacou a rexedora, “moitos proxectos, públicos e privados, levan anos agardando a aprobación e entrada en vigor deste plan para facerse realidade”.

    O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteareas asinado este venres marcará un antes e un despois para o municipios, xa que reactivará a economía e a creación de emprego, atraerá investimentos de emprendedores ao novo solo industrial ponteareán, garantirá os postos de traballo das actividades e instalacións empresariais que hoxe están sometidas a ameaza de demolición e peche, dará solución ao comercio e a hostalaría que non podía até agora legalizar ou ampliar a súa actividade e permitirá ao Concello dispoñer de terreos para novos equipamentos deportivos, sanitarios, educativos ou medioambientais e para novos espazos públicos como parques ou aparcadoiros. “O novo Plan traerá todo isto e moito máis nun intre especialmente favorábel, cun Concello que dende hai varios anos traballa guiado pola planificación estratéxica inédita na nosa historia e traducida en instrumentos coma a EDUSI, o Plan de Mobilidade, o Plan Director de Saneamento e agora o PXOM”, asegurou a segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote.

    O Goberno municipal herdou en 2015 un Concello paralizado urbanisticamente dende que a Xunta decretara en 2002 a suspensión das Normas Subsidiarias de Planeamento Urbanístico de Ponteareas “para poñer coto ás anomalías urbanísticas que se viñan producindo, con graves prexuízos para o interese  xeral”. O goberno presidido polo daquela alcalde, Xosé Represas, foi quen de aprobar un primeiro PXOM en 2016 que foi rexeitado pola Xunta en 2017 esixindo numerosos cambios. Tras incluír as modificacións esixidas, Ponteareas aprobou en 2019 un novo plan que tampouco satisfixo as demandas da administración pública. A iniciativa do Concello, dende 2020 o equipo técnico municipal e o da Xunta traballaron coordinadamente para asegurar que o documento atendera a todos os requirimentos da Xunta de Galicia, unha colaboración “que cristaliza por fin neste Plan Xeral que hoxe se aproba definitivamente e que dá resposta a unha arela colectiva e a unha necesidade imperiosa que non podía xa agardar máis”, explicou a rexedora.

    Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou que “hoxe comeza un novo Ponteareas tras moito tempo e sacrificio”. Un plan xeral que “dende a Xunta consideramos fundamental para unha Galicia máis ordenada, sostible e rica, un plan xeral para todos e todas, para que Ponteareas siga medrando e o faga con sentido”.

    A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, agradeceu o esforzo do persoal municipal implicado nos traballos de redacción do PXOM, así como á empresa redactora, á Xunta e a todos os partidos municipais que apoiaron ou participaron no proceso de redacción para mellorar o Plan Xeral e, sobre todo, á veciñanza de Ponteareas, “especialmente pola súa paciencia e por ter soportado con tesón as consecuencias derivadas da inexistencia dun Plan Xeral durante case dúas décadas. A vós e aos sectores económicos especialmente atinxidos polas oportunidades que se abren dende hoxe, anímovos a construír xuntos esta nova Ponteareas, porque hoxe comeza un novo futuro para todas e todos nós”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.