15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoO PP de Tomiño propón ao Concello de Tomiño trasladar o...

    O PP de Tomiño propón ao Concello de Tomiño trasladar o consultorio de Goián, pechado desde hai ano e medio

    O Partido Popular de Tomiño propón ao Goberno local trasladar o consultorio de Goián, actualmente pechado porque incumpre as medidas de prevención, a un novo local que permita atender aos veciños desta parroquia e, ademais, evitar o colapso do Centro Médico de Tomiño.

    Deste xeito, defenderá no pleno municipal do luns unha moción na que solicita ao Goberno do BNG a trasladar o consultorio médico de Goián ao local onde estaba ubicado, ata hai uns meses, a clínica Miño. O voceiro popular, Esteban González Miranda, defende que “é unha oportunidade perfecta para que Goián conte cun consultorio médico que cumpla con toda a seguridade sanitaria nestes tempos de pandemia”. É un local que xa está acondicionado para o uso médico, que cumpre con todos os requisitos para desenvolver a atención sanitaria en condicións óptimas, e que permitiría un traslado rápido. “O único que fai falta é a vontade do Goberno local para facer o cambio, e cambiar o aluguer do actual consultorio por este novo”.

    O voceiro recorda que en xullo de 2020 o PP xa presentou en pleno unha moción para buscar unha nova ubicación e poder reabrir o consultorio, pechado desde marzo de 2020 por non cumprir coas medias sanitarias esixidas polo Ministerio de Sanidade pola COVID19, unha moción que foi rexeitada polos votos en contra do BNG.

    “Sempre defendemos a continuidade do consultorio de Goián, xa que dá resposta a un núcleo de poboación importante e evita sobrecargar a actividade do centro de saúde de Tomiño”, defende González Miranda. Ademais, di que ante a parálise do Goberno local, desde o PP mantivemos conversas coa Xerencia do Sergas na área de Vigo, e amosan a súa predisposición para levar adiante esta reubicación das instalacións de Goián e restablecer así o servizo médico canto antes nesta parroquia. “Só queda pendente a vontade do Goberno local, pero confiamos en que sexan capaces de antepoñer o interese xeral dos veciños de Goián e o interese sanitario por diante dos políticos”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.