A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informan de que vén de chegar ao Concello o convenio asinado coa Deputación de Pontevedra que regula o mantemento dos semáforos nas estradas provinciais que pasan polo municipio.
Os representantes municipais, Arévalo e Augusto, celebraron a recepción do documento posto que “desde Peinador ata o Santiaguiño a maleza invade por completo as beirarrúas, facéndoas intransitables para os peóns”.
Ademais da maleza, o número de semáforos de viais provinciais averiados en Mos aumenta, xa que agora atópase estropeado tamén o de Torroso, co conseguinte perigo que iso supón para a seguridade viaria e as vidas das persoas, tanto viandantes como conductores; xa que a inactividade destes semáforos multiplica exponencialmente o risco de atropelos e/ou colisións entre vehículos en cruces perigosos de vías.
Son tres os semáforos averiados que deben ser arranxados coa máxima celeridade posible para garantir a seguridade viaria e salvar vidas e que, tras a chegada do convenio firmado, poderá ser unha realidade.