13.3 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosOs escolares mosenses sumérxense na Idade de Ferro visitando o Castro de...

    Os escolares mosenses sumérxense na Idade de Ferro visitando o Castro de Pereiras

    220 alumnos de Primaria visitaron o xacemento co director da prospección arqueolóxica como guía de excepción

    A concelleira de Educación, Julia Loureiro, acompañou ao alumnado do CEIP de Petelos nunha visita á escavación e prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras, organizada entre o Concello de Mos e a Comunidade de Montes de Pereiras, que encargou a investigación grazas á que se fixo o descrubrimento deste xacemento da Idade de Ferro. Na visita estivo tamén presente o presidente da Comunidade de Montes, Jorge Lorenzo.

    Grazas a esta excavación atopáronse un muro de unha edificación e 200 pezas de cerámica da Idade de Ferro. A prospección arqueolóxica corre a cargo da empresa Tempos Arqueólogos, sendo o director da mesma, Mario Fernández, o encargado de facerlles a visita guiada e explicación do haxazgo aos cativos participantes na actividade.

    Entre as 200 pezas atopadas hai un asa de ola e pezas de cerámica romana, fragmentos de terra sigilata, da que se dí que é unha das cerámicas máis caras e de prestixio da época; ademáis dun tipo de cerámica que se fabricaba desde o século I A.C. ata mediados do século 3, aproximadamente, de posible producción hispánica.

    Considerando que a potencialidade dun proxecto arqueolóxico promovido por unha comunidade de Montes, e apoiado pola veciñanza de Pereiras, interesados no coñecemento arqueolóxico do seu territorio é moi interesante, xa que permitirá unha maior protección do ben, en particular, e do patrimonio arqueolóxico da parroquia, en xeral.

    Este proxecto nace polo interese da veciñanza desta parroquia a dar resposta con documentación que abale esta historia e a posible posta en valor do xacemento arqueolóxico.

    Aproveitando a ocasión, a comunidade de Montes, a Asociación de Veciños Nosa Terra e o Concello, quixeron convidar aos centros educativos para que foran partícipes directos de esta experiencia e puideran coñecer de primeira man a historia.

    A actividade consistiu en visitar as prospeccións a pé de obra e que o alumnado puidera ver como se levaban a cabo as sondaxes arqueolóxicas na zona dos “Castros”, onde se lles explicou o contexto patrimonial e historia da zona, a metodoloxía empregada nas sondaxes, o material atopado en cada proceso e que obxectivos que se pretender acadar con esta obra.  

    Tratarase de achegar de unha maneira moi xeral e adaptada a idade dos escolares en que consiste un traballo de arqueoloxía.

    A obra está contratada coa empresa Arqueólogos, S. L, empresa que redactou o proxecto e foron os seus responsables ; Mario Fernández Pereiro,  director da obra e Francisco Alonso Toucido, o subdirector, os encargados de dar as explicacións técnicas adaptada ao alumnado.

    Tratouse de achegar a este colectivo en que consiste un traballo de arqueoloxía a nivel xeral  e que resultados se están atopando nesta sondaxe.

    A visita dos escolares fíxose entre os días 28 e 30 de setembro, sendo hoxe a última xornada de visitas de alumnos.

    Os CEIPs que participaron na visita son Atín, Pena de Francia, Mestre Martínez Alonso e Petelos cun total de 220 alumnos e alumnas dos cursos 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.