O Concello do Rosal aprobará este venres 1 de outubro en pleno a declaración das festividades locais para o vindeiro 2022. A primeira das datas elixidas como festivo para o próximo ano será o venres 4 de febreiro, coincidindo co Día Mundial contra o Cancro.
Ademais, como vén sendo tradicional no municipio, os rosaleiros e rosaleiras tamén desfrutarán como día festivo do Martes de Entroido, que se celebrará o vindeiro 1 de marzo.
Nesta ocasión, o pleno do Rosal decidiu cambiar o seu día habitual de celebración para que toda a veciñanza puidera asistir á manifestación en defensa da sanidade pública de Vigo. Por este motivo, en lugar de ter lugar onte xoves 30, desenvolverase este venres 1 de outubro a partir das 19.00 horas no Centro Social Polivalente.