O alcalde de Nigrán, Juan González, e o Presidente de Afaga Alzheimer, Juan Carlos Rodríguez mantiveron onte unha reunión no Concello de Nigrán na que se revisou e avaliou o programa de atención a persoas con demencias que se desenvolve na localidade.
O Concello de Nigrán acordou co representante de AFAGA en reforzar a calidade do programa municipal de atención a persoas con Alzhéimer iniciado no 2016 dotándoo dun programa de novas tecnoloxías e novos equipamentos tecnolóxicos para o seu uso terapéutico. Así, novos usuarios poderán beneficiarse da sala snoezelen ou sala de estimulación e do software Gradior de rehabilitación neuropsicolóxica na en o concello ten invertido 17.155 €
“O centro de ALZEHIMER de Panxón xestionado por AFAGA é xa un referente na atención das persoas con demencias, dende 2017 son 12 as persoas, dous días a semana, que se benefician de este servicio coa posta en marcha deste programa ampliarase un día máis a sistencia e duplicarase o número de usuarios”, sinala o alcalde, Juan González.
Deste xeito, o Concello complementa e amplía o rango de atención que xa se viña prestando a través das novas tecnoloxías e de terapias vangardistas que inicialmente se tiñan aplicado en discapacidade e que nos últimos anos se extenderon ao Alzheimer.
“O obxectivo é que os usuarios deste programa municipal se poidan beneficiar a través das novas tecnoloxías de novas terapias con efectos moi positivos para eles. A ampliación do servicio as parroquias do interior era un obxectivo que agora faise realidade “
Ademáis do Centro referente de Panxón o concello de Nigrán quere descentralizar os seus programas con AFAGA nas parroquias máis alonxadas dos centros urbanos e por elo iniciaremos de xeito inmediatou programa de prevención ó deterioro e envellecemento activo en Chandebrito que, si ten boa acollida entre as persoas maiores, implantaremos en outras parroquias como Parada ou Camos.
“Cos
dous días de atención xa dende hai 3 anos no Centro de Alzehimer de
Panxón, que agora se amplía a 3 con este novo programa, co inicoi
da nova actividade en Chandebrito e cos xa implantados Cursos de
Memoria para 3ª Idade na Ramallosa e Ximnasia para maiores en
Vilamean, Nigrán ratifica o seu compromiso coas persoas maiores e
con aquelas que sufren alzheimer e outras demencias”, declara Juan
González.
Sala Snoezelen
A
sala consta de asento, tubo de burbullas, espellos, un mazo de 100
fibras ópticas de 2 metros con fonte de luz, botoeira de control,
pack Multisensorial, caixa de 12 esencias de aromas en po, serpe
vibrante, lanterna de luz UV con luvas fosforescentes, proxector Aura
con disco de efectos gráficos, caixa de tacto e miniespellos foam.
En
xeriatría, a Sala Snoezelen ou sala de estimulación adquire un
papel protagonista como terapia en casos de alzhéimer ou demencia
neurodexenerativa, porque en todos eles existe unha dificultade por
parte da persoa para percibir, comprender ou controlar as
habilidades psicomotrices, aspectos que pode mellorar a
estimulación sensorial, xa que está estreitamente relacionada co
desenvolvemento da actividade cerebral e dos procesos cognitivos.
A
demencia, en todas as súas variantes, provoca a alteración das
capacidades cognitivas, conductuais e emocionais e a estimulación
sensorial permite abordar estes tres aspectos. Se debe ter en conta
que cando a demencia ou o Alzheimer alcanzaron un certo nivel é moi
difícil para o paciente comprender a súa contorna e comunicarse.
Por iso, estímulos tan básicos como un cambio de cor, unha imaxe ou
unha luz en movemento poden axudar a que esta persoa decida que é o
que prefire desta contorna. Esta posibilidade de elección mellora a
súa confianza, o autocontrol, a concentración e establece un punto
de comunicación.
Dependendo
da fase da enfermidade na que se atopen, os obxectivos concretos e as
formas de traballo pertinentes da sala snoezelen varían:
- Na fase inicial (de diagnóstico), preténdese reducir a tensión e mellorar a autoestima e o estado de ánimo mediante estímulos sensoriais. Cobra especial importancia aquí a musicoterapia para evocar recordos e experiencias propias do paciente.
- Na fase intermedia, téntanse reducir os comportamentos inadecuados e aumentar a concentración. Estimúlanse os sentidos con luces, sons e sabores, sen esquecer as preferencias de cada usuario.
- Na fase severa, poténciase a estimulación para mellorar a calidade de vida, reducir a dor e inducir á relaxación para evitar a tensión, sen deixar de levar a cabo o anteriormente descrito.
En
canto ó sotfware Gradior, é un sistema de rehabilitación
neuropsicolóxica a través de ordenador que permite realizar
programas de adestramento e recuperación de funcións cognitivas
superiores (atención, memoria, orientación…) en persoas que
presentan déficits ou deterioros cognitivos. Unha pantalla táctil
permite a interacción directa do usuario co computador, evitando así
o rexeitamento da poboación maior ao facer o sistema máis intuitivo
e accesible.
Os
pacientes fan operacións en tódalas áreas: cálculo, problemas
aritméticos, discriminación visual, atención selectiva, atención
sostida, percepción visual gráfica, por cores e tamaños, memoria
verbal, memoria gráfica, entre outros. Todas as actividades contan
con varios niveis e o sistema recoñece os acertos e erros, polo que
segundo avanza o paciente a dificuldade aumenta.