20.5 C
Pontevedra
Mércores, 9 de Outubro de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasACiP lamenta a imaxe dada na Procesión dos Remedios

    ACiP lamenta a imaxe dada na Procesión dos Remedios

    O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP), Juan Carlos González Carrera, lamentou hoxe a “falta de previsión por parte do gobierno Municipal” e a “mala imaxe” que se deu onte na Procesión dos Remedios, un acto que, asegura González Carrera “é un aliciente para visitantes que baixan da Franqueira, xa que coinciden no mesmo día”.

    Segundo os independentes ponteareáns, a procesión “estivo a punto de no poder realizarse ante a falta de Policía Local”. Juan Carlos González asegura que a procesión atopouse “tráfico sen cortar, vehículos estacionados e, o máis graves, o escenario da orquestra ocupando a metade da rúa fronte a Igrexa parroquial de San Miguel, o que impedía o paso da procesión”.

    Dito palco, sinala ACiP, habitualmente móntase “en coordinación coa policía local ao remate dos actos relixiosos”. Esta situación reflicte, di González Carrera, “falta de respecto a algunas tradicións que non lles interesan” e lembra que, “gobernar para todos é respectar a todos”.

    Estes actos, subliña o portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas “figuran no programa de festas e deben ser respectados como elemento tradicional y con arraigo no Concello”.

    O Concello ten a obriga de colaborar con calquera evento “e evitar, como foi este caso, poñer en perigo a seguridade dos e das participantes ao ter o tráfico aberto en varias rúas e non dispoñer de Policía Local”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.