Martes, 10 Decembro de 2024

Ponteareas abre o prazo extraordinario de matrícula no horario de tarde da Escola Infantil Municipal

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, informa que ata o 20 de setembro estará aberto un prazo extraordinario de matriculación na escola infantil municipal na quenda de tarde para este curso 2019/2020. As familias poderán solicitar praza para as nenas e nenos con idade entre 3 meses e os 3 anos, é dicir, os nados a partires do 1 de xaneiro de 2017.

A Escola Infantil Municipal de Ponteareas é unha escola de integración, podendo solicitar praza as/os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial. Neste suposto poderase, logo da valoración técnica, prorrogar a permanencia un ano máis, fóra dos límites de idade.

Os impresos de solicitude pódense recoller na Escola Infantil Municipal, de 10 a 13 horas, ou na páxina web do Concello na seguinte ligazón https://ponteareas.gal/servizos/servizos-sociais/

Deberán ser entregados no Rexistro Xeral do Concello, debidamente cubertos, en horario de 9 h a 13 horas de luns a venres, achegando a documentación solicitada.

O prazo extraordinario de presentación de solicitudes será dende o 9 ao 20 de setembro, ambos os dous incluídos.