21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasSalceda contará, por primeira vez, cun Regulamento Orgánico Municipal

    Salceda contará, por primeira vez, cun Regulamento Orgánico Municipal

    O Boletín Oficial de Pontevedra publicou onte luns o inicio do período de exposición pública do que será o primeiro Regulamento Orgánico Municipal (ROM) do Concello de Salceda de Caselas, que recolle diversos aspectos da organización municipal como a composición dos grupos políticos, o desenrolo das sesións plenarias ou o dereito de acceso á información por parte da Corporación, entre outras cuestións.

    Un dos puntos de maior importancia é sen dúbida o que recolle as normas de desenrolo das sesións plenarias, principalmente respecto da ordenación da intervención nos debates, así como nos tempos de intervencións, nas quendas de palabra e no número de mocións, rogos e preguntas que se poidan debater en cada sesión.

    Trátase fundamentalmente de conseguir que as sesións sexan áxiles e operativas, garantindo en todo momento os dereitos democráticos dos concelleiros e concelleiras, e evitando os debates esaxeradamente longos que se veñen producindo nalgunhas ocasións, e que restan sen dúbida eficacia ao órgano máis importante do Concello: o Pleno.

    No Caso de Salceda, o ROM recolle tamén a creación do Consello de Participación Cidadá, que contará co seu propio regulamento de funcionamento, garantindo así a participación da veciñanza nas decisións adoptadas no seo do Concello.

    O Regulamento foi aprobado inicialmente na sesión plenaria do 30 de agosto cos votos a favor dos grupos de Goberno (MS e PSOE) e os votos en contra do Partido Popular, e a partir de hoxe conta con un prazo de exposición pública de 30 días onde tanto a veciñanza como os colectivos e asociacións poderán achegar as súas aportacións para proceder á aprobación definitiva do documento unha vez rematado o prazo de alegacións.

    Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, así como o resto do equipo de goberno (MS e PSOE) amosáronse satisfeitos por ter conseguido en tan pouco tempo de lexislatura un regulamento que beneficiará a todos e todas, e que incide na operatividade das sesións, cuestión moi demandada por diferentes foros.

    Lamentou a alcaldesa que a aprobación inicial non se realizase por unanimidade da corporación, pero así mesmo amosouse convencida “que as aportacións que se realicen tanto dende a oposición como dende outros sectores serán feitas de xeito responsable para conseguir o mellor ROM para as necesidades de Salceda e a súa veciñanza”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.