11.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaAcordo do BNG e PP de Redondela para incrementar en 90.000 euros...

    Acordo do BNG e PP de Redondela para incrementar en 90.000 euros o gasto de asignacións aos partidos

    No Pleno da Corporación Municipal de Redondela do pasado venres, a oposición –PP e BNG– “aliouse” para incrementar o gasto en asignacións aos grupos políticos fronte a proposta do Goberno local de manter as asignacións do mandato anterior. O acordo acadado supón que as arcas municipais van ter que destinar 90.000 euros máis no conxunto do mandato por este concepto, un 130 % de incremento respecto da anterior.

    A proposta do Goberno, de manter a proposta de AER que deixaba as asignacións tal e como estaban no mandato anterior para que non supuxeran unha maior carga á economía local, foi rexeitada con 11 votos contrarios: 9 votos do PP e os 2 do BNG –entre ámbolos dous teñen maioría absoluta– fronte a 10 votos favorables do Goberno local –7 do PSdG e 3 de AER–. Nese mesmo momento o BNG presentou a súa proposta e, tanto o Interventor coma o Secretario do Concello “manifestaron que serían necesarios informes técnicos previos”.

    AER asegurou “non entender” que BNG e PP “non fagan caso ás advertencias do Secretario e do Interventor do Concello” e lamentan que, a pesar do reparo feito no propio pleno polo máximo funcionario do Concello, “a oposición levase adiante e votase unha proposta sen contar cos informes técnicos necesarios”.

    AER lembra que, co novo Regulamento en vigor, tódolos Grupos deberán devolver cada ano aqueles cartos recibidos e non xustificados debidamente

    O PP, o máis beneficiado

    Coa proposta do BNG aprobada pola posición, o PP contará con 57.600 euros para o conxunto do mandato (14.400 euros ao ano) fronte aos 21.600 euros no caso que se continuara coa proposta de AER aprobada no anterior mandato. Para o PP supón un aumento na súa asignación dun 166 %. Pola súa banda, o BNG practicamente duplica a súa asignación, de 13.200 a 24.000 euros.

    A Agrupación de Electores de Redondela lembra que “sempre puxo moito empeño en que os cartos públicos destinados a subvencionar a actividade política estivesen absolutamente xustificados”. De feito, lembra a formación asamblearia, “fomos quen de devolver cada 4 anos os cartos non gastados na actividade escrupulosamente xustificada pola actividade dos Grupos Municipais”.

    Froito deste empeño “e a instancias de AER”, sinalan, “foi aprobado un Regulamento para este concepto polo cal, en cada exercicio natural, os Grupos Municipais deberán devolver aqueles cartos que non fosen xustificados. O que era un exercicio voluntario de AER, agora é norma que obriga a todos”. “AER vai estar vixiante para que este regulamento se cumpra de xeito rigoroso”, apunta a formación independente.

    Asignacións para Grupos Municipais, non para Partidos

    A proposta aprobada é a que regula as asignacións que o Concello fai aos Grupos Municipais con representación política. Estas achegas teñen que ser xustificadas cos gastos que cada Grupo teña no desenvolvemento da súa actividade dentro do funcionamento municipal, ben coma grupo de goberno, ben coma grupo de oposición. A natureza de gastos serán os chamados gastos correntes (impresións, material de oficina, etc.) do Grupo Municipal, non sendo xustificables investimentos (compras de ordenadores, etc.).

    “O que non está permitido no regulamento –insiste AER– é destinar estas achegas a financiar os Partidos Políticos, os cales por lei teñen outras formas de financiamento”. É dicir, que un Grupo Municipal “non pode utilizar estas asignacións, por exemplo, para pagar o aluguer dunha sede permanente fóra do Concello. Ese sería un gasto do partido político, pero nunca do Grupo Municipal”, recalca AER.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.