18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda abre a inscrición para os cursos de Ximnasia Sénior e...

    A Guarda abre a inscrición para os cursos de Ximnasia Sénior e Pilates

    A Omix da Guarda vén de abrir o prazo de inscrición para os cursos de Ximnasia Sénior e Pilates que terán comezo no vindeiro mes de outubro. As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición, ata esgotar as prazas, no teléfono 986 61 0000 ext. 7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

    O Curso de Pilates terá lugar os martes e xoves en horario de 19:00 h a 20:00 h, cun custe de 28,50 € ao mes.

    O Curso de Ximnasia Sénior terá lugar os mércores e venres en horario de 11:30 h a 12:15 h, para maiores de 65 anos, cun custe de 10 € ao mes.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.