23.8 C
Pontevedra
Luns, 25 de Setembro de 2023
Máis
    HomeUltimas NoticiasNigrán limpa parcelas "con risco de incendio", de propietarios descoñecidos, ante a...

    Nigrán limpa parcelas “con risco de incendio”, de propietarios descoñecidos, ante a negativa da Xunta de Galicia a facelo

    O Concello de Nigrán, que tiña asinado un convenio coa Xunta de Galicia en virtude do que Seaga faríase cargo, subsidiariamente, “da limpeza das fincas con propietarios descoñecido e que presenten gran perigosidade”, vén de acoller con sorpresa o feito de que a administración autonómica non considere ao municipio “concello prioritario na loita contra o lume”.

    A comunicación da Xunta é, cando menos, estraña se se ten en conta que parroquias como Chandebrito –con dúas persoas mortas no incendio– so puido salvar do lume dúas hectáreas dun total arborado de 232 hectáreas, mentres que en Camos, de 370 hectareas de montes comunais, tan só puideronse salvar 20.

    En todo caso, e consciente deste feito e para non volver a pasar por unha situación semellante, o Concello de Nigrán procedeu a contrar “de xeito inmediato” a unha empresa, Arbogal, para desbrozar e limpar 27 parcelas con propietarios descoñecidos e que presentan gran perigosoidade. En total trátanse de 29.984,6 m² cun coste de 16.214 € “que terán que pagar os veciños e veciñas de Nigrán ante a negativa da Xunta de Galicia a executar o convenio acordado con Nigrán”, recalca o alcalde Juan González.

    Postos a tirar de Lei, o Concello de Nigrán lembra que a 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, e as súas modificacións indican que “Cando non poida determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación á que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no que se incluirán os datos catastrais da parcela”.

    A Xunta de Galicia comunicou ao Concello de Nigrán que “non é un municipio prioritario na loita contra os incendios e polo tanto imposiblita que Seaga se encargue da limpeza de parcelas de titularidade descoñecida

    Estos pasos, explica o executivo local, están xa dados por parte da do Concello que considera “urxente e necesario actuar para evitar calquera desgracia e lamenta o retraso provocado pola negativa da Xunta de Galicia a asumir estas limpezas, como sí fai en outros concellos”

    Doutra banda a norma sinala, claramente, que transcorridos os prazos sinalados neste artigo sen que a persoa responsable xestione a biomasa ou retire as especies arbóreas prohibidas, “a Administración pública competente poderá proceder á execución subsidiaria, atendendo ás necesidades de defensa contra os incendios forestais, especialmente respecto da seguridade nas zonas de interface urbano-forestalde montes, ou norma que a substituta, sen prexuízo da repercusión dos costos da xestión da biomasa á persoa responsable”.

    “É unha evidencia que Nigrán xa leva catro anos sen ser unha prioridade para a Xunta de Galicia e empezamos a constatar que así seguiremos nos seguintes catro, sexa como sexa para o goberno de Nigrán si é imprescindible proceder de xeito inmediato á limpeza e desbroce de parcelas que supoñen un posible risco para nosos cidadáns. Con esta contratación levaremos a cabo o desbroce de 30.000 m2 nas diversas parroquias de Nigrán cun coste de 16.214 € que intentarase repercutir nos propietarios das parcelas”, declara Juan González.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS