18.3 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán acolle o 'II Festival de Percusión Afrobrasileira «Apertuke»'

    Nigrán acolle o ‘II Festival de Percusión Afrobrasileira «Apertuke»’

    Nigrán acolle, nesta vindeira fin de semana, o segundo ‘Festival de Percusión Afrobrasileira «Apertuke»’, organizado pola Asociación de Percusionistas e Tamborileiros ‘Aperta’ coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra.

    Durante dous días haberá concertos, batukadas, obradoiros infantís, pasarrúas, circo e animación de rúa, ademais dun obradoiro de percusión impartido por Antonio Monedero. 

    O sábado 14, durante a mañá se desenvolverá o obradoiro. Xa pola tarde e noite, actuarán Aperta, Trópico de Grelos, Os da Caña Batucada, Shambaiala, Konafro, Harapos Ensemble, Blue Monk e Stropharia Cubensis DJ. O festival contará tamén cun espazo de xogo infantil de Miudíño e a animación correrá a cargo de Jano Sen Medidas e Asaco Circo.  

    A programación continuará o domingo 15 a partir das 13:00 h, cun gran pasarrúas que  percorrerá o paseo de Panxón con tódolos participantes no obradoiro do sábado.  

    Tódalas actividades, agás o obradoiro, son gratuítas e terán lugar no complexo deportivo municipal Dunas de Gaifar en Panxón. No recinto haberá barra, postos de comida e artesanía

    Apertuke comenza cunha batucada veciña, Os Da Caña Batucada. Defínense a eles mesmos coma un grupo de amigos que levan saíndo ás rúas como batucada desde hai 7 anos. Tentando así facer gozar a toda as persoas que os seguen. Tocan tanto ritmos afrobrasileños como ritmos propios.

    Konafro, aposta pola presenza feminina na música. Elas son sete mulleres galegas amantes da percusión e danza tradicional da costa oeste africana. Ritmos, danzas e cánticos faránnos fluír xuntas nun espectáculo cheo de enerxía que nos encamiñara cara a unha vibrante viaxe a mãe África.

    Dende Madrid chega ao Apertuke outro grupo de percusión composto únicamente por mulleres: Shambaiala. A animación e a expresión coreográfica son parte esencial de Shambaiala, construíndo un singular espectáculo cheo de vitalidade e complicidade.

    Chegada a noite faremos un cambio de estilo musical da man de Harapos Ensemble, formado por catro especímenes do Val Miñor. Os seus compoñentes veñen de tocar en grupos como Doctor Harapos, a Banda do Predicador… etc. Certo día decidiron xuntarse para tocar temas en clave de funk, rock pero sempre co obxectivo de facer mover os pés ao público e deixar que o son flúa polas súas veas.

    Estamos encantados outro ano máis de recibir, dende Santiago de Comostela, a Trópico de Grelos. Poderiamos decir que esta batucada para nos é coma unha desas amizades de toda a vida. Con eles pasamos moi bos momento e procuramos telos sempre ben preto. Rematamos o festival cun clásico en Nigrán Blue Monk.

    O espazo público de Dunas de Gaifar contará ademáis con obradoiros de percusión, espazos para xogos infantís con Miudiño e animación con Jano sen medidas e Asaco Circo.

    Toda a programación e información do festival está dispoñible na súa páxina web www.apertuke.com 

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS