19.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasRécord de participación de persoas vestidas de época na Feira dos Remedios

    Récord de participación de persoas vestidas de época na Feira dos Remedios

    O concello de Ponteareas quixo hoxe aplaudir e expresar o seu agradecemento “a todas as persoas participantes que nesta última edición da Feira dos Remedios acudiron vestidos de galegos e galegas de principios do século XX facendo que cada vez sexan máis os que deixan no roupeiro o estilismo contemporáneo para ataviarse de acorde á ocasión”.

    A tenente de alcalde e concelleira de Eventos, Cristina Fernández, salienta desta última edición “o incremento do número de participantes que acudíu vestidos de época” e a maior involucración do tecido comercial “que atrezou os escaparates, máis ca nunca, contribuíndo a ambientar as rúas e espazos urbanos”.

    Nesta edición a Feira dos Remedios levouse a máis recunchos da vila acollendo a praza da Música a zona de xantar cun pulpeiro, entre outras ofertas gastrónomicas, e o gando volveu ao seu punto de orixe no parque da Feira Vella. “Con isto conseguimos que houbera máis tránsito e fluxos de movementos de persoas deste xeito deuse máis visibilidade aos comercios e hostalería local”, engadíu Cristina Fernández.

    Pola súa banda, o concelleiro de Cultura e Lingua, Fernando Groba adianta que a Feira do Gando foi un dos puntos máis visitados “amosando o público un grande interese por coñecer as razas autóctonas de Galicia e polas demostracións do poni club coa exhibición de salto ateigando o xardín do IES Val do Tea e as do Club Hípico Char coa exhibición de andadura por Puraga, así como o monográfico ofrecido polo Club Can de Palleiro”.

    Moito éxito tamén tivo a degustación gratuíta de carne ecolóxica de poldro ofredeu a Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega (Puraga) que esgotou as 120 hamburguesas que traían en menos de 30 minutos.

    Outro dos atractivos da feira que tivo moi alta demanda foron os paseos en carruaxe de cabalos que todo o público puido desfrutar de balde e o photocall rexistrou máis visitas ca nunca e tirou máis fotos que en anteriores edicións. Todos os que pasaron por alí tiveron o dereito a participar no sorteo das cinco cestas de produtos artesáns que se agasallaron.

    A Feira dos Remedios ofreceu aos visitantes produtos artesáns de calidade e tamén de plataforma de promoción dos grupos folclòricos participantes no XXXII Festival Folclòrico que, tamén por vez primeira, se integrou na programación da Feira.

    A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Eva Gil, asegura que a Feira dos Remedios “é unha plataforma de promoción dos produtos artesáns pondo tamén en valor os nosos produtos e produtores locais que tiveron a oportunidade de amosar a calidade dos cultivos da nosa terra”

    “A Feira dos Remedios contribúe á dinamización económica ao atraer xente de toda a área metropolitana e veciños de Portugal que non só coñecen os produtos vendidos polos artesáns se non tamén toman contacto co nosos comercios, a nosa hostalería e os nosos grupos musicais”.

    Cristina Fernández agradece tamén “o intenso traballo do persoal de todos os departamentos e a boa colaboración de todas as concellerías do concello”.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS