O pasado vernres o Concello de Tui fixo entrega dos corenta e un primeiros composteiros individuais de exterior, COINEX, e un aireador, que reparte o Concello de Tui dentro do plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, entre aqueles veciños que así o solicitaron.
No acto de entrega dos composteiros, –que tivo lugar no Centro de Formación de Guillarei e na que participaron o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz– os veciños e veciñas beneficiarios recibiron unha charla sobre o uso do composteiro a cargo da mestra composteira.
![](https://www.comarcasnarede.com/wp-content/uploads/2019/09/entrega_composteiros_tui_01-1024x580.jpg)
“
Ao abeiro do Plan Revitaliza distribuiranse un total de 81 COINEX
Nas próximas semanas realizarase unha segunda entrega até completar o total de 81 composteiros dispoñibles. Unha vez superarada esta cifra crearase unha lista de agarda cos novas solicitudes que se vaian recibindo.
![](https://www.comarcasnarede.com/wp-content/uploads/2019/09/entrega_composteiros_tui_02-1024x769.jpg)
Estes composteiros están destinados a espazos de horta e xardín, son sinxelos de instalar, teñen unha estética axeitada, permiten controlar as condicións de humidade e temperatura e permiten obter compost entre seis meses e un ano.
Durante os dous primeiros anos levarase a cabo un labor de supervisión do emprego correcto do composteiro.