O Club Tenis Ponteareas entregou os trofeos do torneo de tenis, organizado en colaboración co concello de Ponteareas, e que este ano por vez primeira puido ampliar o seu horario ata a entrada da noite grazas á nova instalación lumínica con proxectores led.
O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, –en nome da concelleira de Deportes Nahir Covelo– e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, participaron na entrega de premios que recibiron Alfonso Santos en absoluto masculino, María Táboas en absoluto feminino; Pablo Rodríguez en cadete masculino, Luca Vázquez en infantil masculino, Alfonso Santos en veteráns +35, Manuel Vázquez en veteráns +45, Óscar Fernández e Jaime Loureiro en dobres e Jacobo Vilas en absoluto non federado.