12.2 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Balonmán Porriño presenta a todos os seus equipos

    O Balonmán Porriño presenta a todos os seus equipos

    Todos os equipos do ‘Balonmán Porriño’ encabezados pola plantilla que xoga Liga Guerreras Iberdrola na máxima categoría feminina, participaron hoxe no acto de presentación no Concello que tivo lugar na praza Arquitecto Antonio Palacios. O acto contou coa asistencia de Eva García, alcaldesa de Porriño; David Alonso, concelleiro de Deportes, Lourdes Moure, tenente de alcalde e Abel Estévez, tamén concelleiro e presidente do ‘Balonmán Porriño’.

    O club exhibiu músculo coa presentación de todos os seus equipos en categorías base e élite que contan con máis de 250 federados.

    Abel Estévez agradeceu ós patrocinadores e as familias dos xogadores e xogadoras “o seu apoio e implicación” e “de xeito moi especial hoxe toca agradecer ó noso principal soporte que é Concello do Porriño “.

    “Eva, David e Lourdes, moitas grazas pola vosa colaboración co deporte porriñés e particularmente co balonmán” dixo Estévez que engadiu que “dende que son presidente sempre tiven e sentí moito apoio do Concello e agardo que siga sendo así por moitísimos anos máis” e pidiu que “sigades puxando porque somos un referente deportivo en toda España posto que somos o único club que ten dous equipos na primeira e na segunda división feminina martes e sen vosa axuda non sería posible” rematou Abel Estévez.

    Por su parte Eva García lembrou “o que disfrutei o pasado sábado” no primeiro partido de Liga Guerreras que Balonmán Porriño gañou. A alcaldesa destacou que “é maravilloso ver como xogades” e suliñou que “xa levades 9 anos na máxima categoría do balonmán feminino e penso que haberá pouquísimos equipos en España que poidan presumir desa xesta”.

    “Coido que nunca seremos quen de agradecervos dabondo que puxerades o nome de Porriño tan alto no deporte de élite, moítisimas, moítisimas grazas”, dixou a alcaldesa.

    Eva García reivindicou que o alcume de ‘Concello do Deporte’. “Non foi improvisado senón que é producto do esforzo de moitos anos e outros alcaldes e concelleiros que tamén fixeron unha aposta decidida por apoiar o deporte base e ós nosos clubs como agora estamos a facer dende o goberno municipal que presido e que así seguiremos facendo nestes catro anos”, rematou.

    Este acto estivo preludiado por una unha xornada matinal de balonmán na rúa. Ambas estaban incluídas na programación do Concello con motivo das Festas do Cristo.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS