12.4 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoMondarizO Goberno municipal mellora as instalacións do CPI de Mondariz

    O Goberno municipal mellora as instalacións do CPI de Mondariz

    As semanas previas ao inicio do curso escolar, o Concello de Mondariz concentrou os seus esforzos en mellorar as instalacións do CPI, un centro de educación infantil, primaria e secundaria no que estudian máis de 300 rapaces e rapazas de Mondariz e concellos veciños.

    A dirección deste colexio público levaba tempo demandando obras de mantemento que non estaban recollidas no orzamento municipal vixente, conxelado desde 2017 porque nos dous últimos anos foi aprobado mediante o procedemento extraordinado da cuestión de confianza. 

    Á vista das deterioradas infraestructuras, o goberno municipal emprendeu traballos de limpeza e desbroce no recinto exterior, así como obras de mantemento na área de fontanaría. Tamén se fixeron reparacións necesarias nos caleiros para garantir unha óptima recollida de auga nos días de choiva. Interiormente, pintáronse as paredes do salón de actos, da sala de profesores e de diversas aulas e creouse unha rampla que facilita o acceso á aula de psicomotricidade.

    Esta actuación, que tivo carácter de urxencia por non estar recollida no plan orzamentario, demostra o compromiso do goberno municipal co ensino público e a vontade de traballar por uns servizos públicos de calidade no Concello de Mondariz.

    Ao mesmo tempo, continuáronse as obras de instalación dunha pasarela cuberta entre o edificio de educación infantil e a entrada principal ás aulas de primaria e secundaria, financiadas o ano pasado pola Deputación de Pontevedra, dentro do Plan Concellos.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS