A Garda Civil comprométese a incrementar a presenza policial nocturna na Guarda

Posto da Garda Civil na Guarda

A Garda Civil reforzará a súa presenza nas quendas nocturnas na Guarda, segundo lle confirmou na mañá de hoxe o subtenente do posto guardés, Eulogio Rivas, ao tenente de alcalde, Anxo Baz, no decurso da reunión que mantiveron para tratar temas relativos á seguridade cidadá.

Baz e Rivas trataron tamén sobre a coordinación e comunicación directa entre Concello e Garda Civil de cara a unha maior eficacia. En datas próximas haberá unha nova reunión de seguimento para analizar as medidas adoptadas e o seu resultado.