20.9 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Xullo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaOs obstáculos legais en materia de mobilidade na fronteira do Miño, a...

    Os obstáculos legais en materia de mobilidade na fronteira do Miño, a análise

    O AECT Rio Minho ten programado dende hoxe e ata o vindeiro venres máis dunha decena de visitas e encontros con axentes públicos e privados do territorio transfronteirizo para analizar os principais atrancos legais da mobilidade na fronteira galego portuguesa.

    As reunións contarán coa presenza da experta xurídica da Comisión Europea nesta materia, María Gamayo, quen unha vez rematadas as xuntanzas elaborará un informe para entregar á institución Europea no que se recolla os obstáculos legais identificados, como pode ser o traslado de menores entre unha e outra beira do río Miño.

    Entre as entidades que participan no programa de visitas están os concellos e cámaras municipais de Tui, Salvaterra, Tomiño, Monção, Valença e Vila Nova de Cerveira; a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia; o CCDR-N; o Instituto da Mobilidade e dos Transportes Terrestres de Portugal, e operadores de transportes e confederacións de empresas de ambas marxes do río.

    O estudo, promovido polo AECT Rio Minho a través da iniciativa da Comisión Europea B-Solutions, contará coa presenza da experta María Gamayo

    Este estudo enmárcase dentro da iniciativa B-Solutions Boosting Minho River Cross–Border Mobility, proxecto para o que o AECT Rio Minho vén de recibir unha subvencións de 25.000 €.

    B-Solutions é unha convocatoria para o financiamento de 20 micro proxectos piloto destinados a solventar as barreiras de carácter administrativo e legal que se verifican nas fronteiras en áreas como o emprego, a saúde, o transporte, o plurilingüismo e/ou cooperación institucional, e está orientada principalmente a entidades públicas, como é o caso do AECT Rio Minho.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.