3.5 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasValladolid réndese ao arte floral ponteareán na festa da Virxe de San...

    Valladolid réndese ao arte floral ponteareán na festa da Virxe de San Lorenzo

    Os medios informativos de Castela-León dedicaron, durante toda a semana detalles sobre a alfombra floral que a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas ía a realizar na Praza Maior da capital castelá para o paso da Virxe de San Lorenzo. Esa cobertura informativa fixo que, durante toda a mañá de onte, milleiros de persoas achegásense a admirala e a felicitar polo seu traballo aos membros da delegación de Ponteareas alí presentes.

    A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi e de Ponteareas foi convidada, polo Concello de Valladolid, para participar na festa da Virxe de San Lorenzo, motivo polo que membros da Asociación viaxaron o día 7 de setembro a Valladolid para confeccionar, xunto cos alfombristas que alí traballan, unha alfombra de 200 m2 situada no tramo central como lugar de honra.

    O motivo central da alfombra que fixeron os e as alfombristas de Ponteareas, representa un Pavo Real, admirado e moi valorado por todos os valisoletanos que se achegaron a vela. Un pavo real como os que ven no Campo Grande xa que, no 2020, cúmprense noventa anos desde que dona Isabel Aranguren, viúva de Zuazagoitia, regalou ao Concello valisoletano dous exemplares desta especie, descoñecida ata entón na meseta castelá.

    Hoxe en día, ninguén é capaz de imaxinarse o Campo Grande sen os seus pavos reais. Estas maxestosas aves lograron asociarse de tal maneira co parque máis representativo de Valladolid que, sen querelo, xa son un dos emblemas inseparables tanto do xardín como da propia capital vallisoletana.

    A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas quería pois unir “algo tan representativo dos vallisoletanos con algo tan noso como son a nosa alfombras de Flores”.

    Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas quixo facer chegar o seu agradecemento “ao Concello de Valladolid, á Fundación Municipal de Cultura que dirixe Ana María Redondo García, ao seu equipo, e moi especialmente a José Antonio González Gerbolés, o facer posible que puidésemos ofrece á Virxe de San Lorenzo, a nosa alfombra de Flores”.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.