12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela inicia a tramitación das obras de conservacion do cemiterio de Eidos

    Redondela inicia a tramitación das obras de conservacion do cemiterio de Eidos

    A vindeira semana, o Concello de Redondela publicará na Plataforma de Contratación do Sector Público o anuncio de licitación para a adxudicación das obras de Conservación e mantemento do cemiterio de Eidos, unha obra que figuraba como un dos puntos claves no programa de goberno do executivo que preside Digna Rivas e sobre a que, o pasado mandato, o grupo socialista tiña presentadas diversas mocións plenarias.

    O proxecto, redactado polo arquitecto Ángel Santorio, conta con informe favorable dos servizos técnicos municipais dende agosto de 2018 e coa correspondente autorización de Patrimonio de abril de 2018.

    A obra trata de recuperar e por en valor o espacio do Cemiterio de Eidos para conseguir unha total rehabilitación do recinto mediante actuacións que se cetran en resolver as problemáticas apreciadas nos diferentes elemento que o configuran, dende os muros exteriores que o delimitan, pavimentos interiores, zonas axardinadas, peches, elementos ornamentais, instalacións e servizos urbanos, así como favorecer a accesibilidade universal mediante a realización de actuacións na súa totalidade.

    Trátase dun proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo mediante o Programa Operativo Feder de crecemento sostible 2014-2020 e dentro da liña de actuación 22, Recuperación, rehabilitación e mellora do Patrimonio Histórico e Cultural.

    As obras do cemiterio de Eidos “é outro expediente que se mantiña incomprensiblemente paralizado polo anterior goberno do PP”, sinala o Concello redondelán. “Durante un período de tempo superior a un ano, non se procedeu a realizar ningún tramite nese expediente que foi rematado pola alcaldesa Digna Rivas, nada máis entrar no goberno, asinando unha resolución de aprobación o 17 de xullo de 2019” puntualiza o Goberno local redondelán.

    Durante os meses de xullo e agosto deuse trámite ao resto das actuación preceptivas do expediente, redactándose os correspondentes pregos e elaboráronse os informes de intervención e secretaría, entre outros.

    O prazo para presentar ofertas polas empresas interesadas será de 20 días, unha vez rematado este prazo deberá realizarse a correspondente mesa de contratación, polo que estimadamente as obras poderán dar comezo no prazo de dous meses.

    Centro social e recreativo de Quintela

    Outra das obras que comezarán proximamente son as de instalación do centro social e recreativo nos terreos cedidos por ADIF-AV en Quintela, adxudicado por resolución do anterior alcalde en xuño de 2019 e no que faltaba realizar a contratación do servizo de coordinación de seguridade e saúde e o servizo de dirección de obra, que foi adxudicado mediante contrato menor aprobado por resolución da alcaldesa de data 22 de agosto de 2019.

    Esta era unha obra demandada, dende hai anos, polos veciños e veciñas da parroquia de Quintela que non contan cun lugar de reunión onde xestionar a súa programación cultural e deportiva e realizar distintos eventos.

    No tocante ás obras da pista de atletismo, o Goberno local subliña que “non se trataba máis que dunha promesa electoral do partido popular” xa que, aclaran, “non existe expediente de inicio nin consignación orzamentaria para este proxecto, existindo únicamente un levantamento topográfico realizado sobre ditos terreos”.

    O Goberno local de Redondela, de cara a cumprir co seu compromiso de transparencia e manter informada á cidadanía, creará unha lista de tódolos expedientes de contratación en procedemento indicando os trámites pendentes ata a súa finalización.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.