Domingo, 21 Setembro de 2025

Mondariz recibe a un grupo de scouts cataláns

0

O equipo de goberno do Concello de Mondariz, encabezado polo alcalde Xosé Emilio Barros, recibirá este martes, 3 de setembro, a un grupo de scouts da asociación ‘Escoltes catalans’. En total, son 15 persoas (doce rapaces e rapazas de entre 15 e 16 anos e tres monitoras) chegadas de Alcarràs, un pequeno concello da provincia de Lleida.

Este grupo de scouts escolleu Mondariz como destino do seu primeiro viaxe de traballo voluntario fóra de Cataluña porque algúns dos seus membros estaban familiarizados con Galicia e recibiran boas referencias do lugar.

Os mozos e mozas contactaron co Concello de Mondariz para ofrecer a súa colaboración voluntaria en actividades que beneficiasen á comunidade a cambio dun sitio onde durmir.

Durante unha semana, entre os días 3 e 10 de setembro, os scouts recollerán lixo polas sendas do río Tea, reconstruirán o parque infantil do Monte da Ovella e reestructurarán a sala de lectura da Axencia de Lectura da ELM de Queimadelos.

Estas actividades de traballo comunitario voluntario foron consensuadas polo equipo de goberno, que dará apoio e supervisará as tarefas a través das concellerías de Desenvolvemento Económico e Turismo, Igualdade e Mocidade, e Medio Ambiente e Deporte. Debido á falta de infraestructura municipal para o aloxamento turístico, o Concello de Mondariz habilitará o pavillón polideportivo como campamento dos scouts.

Éxito da ‘Holi Party’ e o ‘Festival Moseando’ de Mos

0

O concelleiro de Mocidade do Concello de Mos, Leo Costas, fixo balance esta mañá da Holi Party e do Festival Moseando, que tiveron lugar o pasado sábado 31 de agosto. “Estou moi satisfeito do éxito acadado nesta primeira gran festa da mocidade mosense, o ambiente foi excelente e o índice de afluencia de público moi bo, a pesar de tratarse da primeira edición”, sinalou o edil.

Pola tarde na Holi Party “participaron unhas 300 persoas e xa pola noite, no Festival Moseando, a cifra de asistentes achegouse aos 400”, declarou Costas, quen asegurou que seguirá “apostando por este evento no os participantes disfrutaron enormemente de horas de música e diversión, de xeito que a intención dende o Concello de Mos é a de darlle continuidade a un acto que queremos se convirta en referente na axenda da programación municipal anual para a xuventude”.

Ambos eventos celebráronse na contorna do Multiusos das Pozas, a Holi Party a partir das 18:00 horas e o Festival Mosendo a partir das 23:00 horas. Os dous tiñan entrada libre e de balde.

[su_image_carousel source=”media: 5648,5651,5647,5650″ crop=”16:9″ link=”lightbox”]

Ambas iniciativas, dirixidas á xuventude mosense, foron promovidas e financiadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado) e polo Xacobeo 2021; e organizadas polo Concello de Mos.

Para a Holi Party os participantes debían ir de branco. A festa estivo amenizada musicalmente polos Dj’s Xoel Muñoz e Juanma López.

A multitudinaria festa dos pos de cores chegou a Mos o pasado sábado e todos os asistentes puideron gozar da fusión da música e a cor nunha tarde moi especial. Os pos de cores voaron cubrindo aos asistentes e ás súas vestimentas brancas, inundando de colorido os exteriores do Multiusos.

A continuación, a partir das 23.00 horas, chegou o Festival Moseando con Brokktt como cabeza de cartel. O seu verdadeiro nome é Carlos Lago, pero artisticamente coñéceselle como Brokktt Skinny Boy. Este artista empezou no rap underground fai catro anos e agora é un dos creadores emerxentes máis potentes do movemento trap en Galicia. Actuou en sitios como a Discoteca Anubis con intérpretes como Kidd Keo, no Festival Perreo Party da Discoteca Queen, na discoteca Licuore de Tui, No Mariña Fest de Marín ou na Pool Party para blacklips en Vigo. ‘Pra Pum Pa’, canción na que colabora con Cristian Yennia e Alberto Malleiro, supera as 12.000 visitas tanto en Youtube como en Spotify.

Completaron o cartel do Festival os Dj’s Traffic House, Enter, Gabri Domínguez e o mosense Fergwell.

A Deputación adxudica 51 novas bolsas para prácticas de FP en empresas e institucións europeas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe a adxudicación por parte da Xunta de Goberno das novas bolsas de mobilidade para o alumnado de FP participante no proxecto ‘Practicum Depo 2018’. Trátase da sexta mobilidade e, como subliñou Silva, a penúltima desta iniciativa bianual, que deu comezo coa primeira saída de alumnado no 2018 e rematará o 31 de maio de 2020 coa chegada do sétimo grupo.

Silva lembrou que o obxectivo deste programa de mobilidade para mozas e mozos titulados de Formación Profesional “é colaborar na súa integración no mundo laboral a través de prácticas profesionais en empresas e institucións estranxeiras”. Para esta nova mobilidade, a Deputación vai destinar 354.355 euros para 51 alumnas e alumnos de 18 centros educativos da provincia, que permanecerán en Finlandia, Grecia, Irlanda, Italia, Malta e Portugal durante 162 días (algo máis de cinco meses).

Máis polo miúdo, as persoas beneficiarias proceden de 5 centros de Vigo, 4 de Pontevedra, 2 de As Neves e un de Salvaterra, A Illa de Arousa, A Estrada, Redondela, Sanxenxo, Lalín e Bueu, e recibirán bolsas por contías que abranguen entre os 6.460 e os 7.727 euros. En total, neste programa bianual ‘Practicum Depo 2018’, que rematará en maio de 2020 coa chegada da sétima mobilidade, participan 104 estudantes e docentes de 32 centros da provincia, cun investimento de 672.278,40 euros.

Trátase da sexta mobilidade do “Practicum Depo” coa que as persoas beneficiarias viaxarán a Finlandia, Grecia, Irlanda, Italia, Malta e Portugal

Ata o momento, incluíndo o vixente de 2018, a institución provincial leva postos en marcha catro ‘Practicum Depo’, nos que en total está a investir máis de 2 millóns de euros. A través desta iniciativa, 400 mozas e mozos da provincia desfrutaron xa de mobilidades no estranxeiro, “mellorando a súa formación e acadando máis recursos para mellorar a súa empregabilidade”, como destacou a presidenta da Deputación.

Proseguen os traballos de procura dun participante do Triatlón da Amizade en Tomiño

0

Proseguen os traballos de procura dun participante no Triatlón da Amizade cuxa proba de natación desenvovíase en augas do Miño, en Goián, municipio de Tomiño. Pasadas as cinco e media da tarde de onte, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a través do CIAE 112 Galicia, activaba o protocolo de colaboración transfronteriza no caso de emerxencias, ARIEM112, para tratar de localizar ao participante desaparecido de nacionalidade portuguesa.

No dispositivo de procura participan ademais dos efectivos de Protección Civil da localidade, a Garda Civil, os Bombeiros de Baixo Miño, o GES da Guarda, Salvamento Marítimo  e o Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén se alertou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Pola parte portuguesa, atópanse na procura bombeiros voluntarios de Vilanova de Cerveira, mergulladores e unha embarcación da Comandancia Naval do Miño.

As labores de procura reanudábanse pasadas as 7 h de hoxe incrementándose o número de medios tanto humanos como materiais e traballar dende a terra, o aire e o propio río Miño.

Os equipos de buceadores analizan todas as posibilidades con apoio de sistemas de detección e exploración do fondo que traballan dende as embarcacións, co que os mergulladores poden centrarse en zonas específicas.

A corrente do río e as mareas, que na zona de Tomiño deixanse sentir de maneira ostensible a pesar da distancia da desembocadura, engaden novas variables ao operativo de procura.

Nigrán sinaliza o Camiño Portugués pola Costa

0

O Concello de Nigrán rematou a sinalización do Camiño Portugués pola Costa na súa variante non oficial polo litoral do municipio, un trazado que elixen moitos peregrinos polo atractivo diferente que presenta pero que está deficientemente indicado.

Así o recolle o propio proxecto elaborado dende o obradoiro de emprego Valmiemprega II, que no seu estudo pormenorizado empregado polo Concello de Nigrán a este efecto destaca a necesidade de mellorar a sinalización para evitar as actuais confusións. De feito, tamén se indica con  maior claridade a pequena alternativa ao oficial no Porto do Molle, onde o Concello opta porque os peregrinos camiñen pola senda do río Muíños en lugar de utilizar a PO-552.

“O trazado litorial é elixido por moitos peregrinos que prefiren ir a pé de praia e que actualmente está deficientemente sinalizado pese ao seu gran atractivo paisaxístico, polo que dende o propio consistorio solventamos esta situación”, explica o alcalde, Juan González. “O Esteiro de A Foz, Monte Lourido, Praia América, Panxón, a Praia de Patos ou das Canas son parte esencial da riqueza paisaxística de Nigrán, polo que era obvio a necesidade de reforzar e promover esta alternativa ao camiño oficial”, insiste.

Moita da sinalización consistía en pegatinas en mobiliario urbano ou mesmo pintadas verdes que non son fácilmente visibles e que confundían aínda máis aos peregrinos. Por este motivo, elimináronse todas estas vellas indicacións e sustituíronse por outras en paneis de calidade.

A variante litorial, que conecta finalmente co trazado oficial que une os municipios de Nigrán e Vigo, arranca dende a propia marisma ao pé da ponte románica de A Ramallosa. Nesta intersección de saída da ponte nova da Ramallosa co Paseo Torrente Ballester colocouse un panel informativo facendo constar a entrada ao Concello e diferenciando a continuidade do Camiño Oficial cara o Pazo de Pías e o inicio da opción do camiño pola costa cara a Praia América, eliminando actuais sinalizacións precarias en farolas que dan lugar a confusións.

Os camiñantes que elixen esta opción o farán polo paseo marítimo de A Foz ou Esteiro do Miñor, pertencente á Rede Natura 2000 e que se estende ata a península de Monte Lourido. Trátase dun ecosistema de alto valor ecolóxico pola súa biodiversidade de flora e fauna, e de gran valor ornitolóxico por ser refuxio de aves migratorias. Ao seu final, xa no cruce de camiños cara a Praia América, refouzouse a sinalización e borrouse a actual marca no reverso dunha sinal de circulación.

O peregrino é guiado para camiñar polo paseo marítimo de Praia América e Panxón e, ao longo do mesmo, elimináronse as pegatinas en farolas e papeleiras pola nova sinalización co obxectivo de evitar confusións. Esta vólvese a reforzar no fin do Paseo de Panxón para que o camiñante se dirixa sen dúbidas cara a praia da Madorra e posteriormente pola rúa Tomás Mirambell cara a praia de  Patos, praia das Canas a continuación polo paseo da Areosa e, finalmente, rúa Caranquexo cara o Camiño Oficial pola Costa xa no termo de Saiáns (Vigo).

A Xunta mellora a accesibilidade á praia de Maceira, en Covelo

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras de mellora de accesibilidade que o concello de Covelo realizou na praia de Maceira grazas as axudas para a mellora das infraestruturas turísticas da Consellería de Cultura e Turismo e que supuxeron un investimento de algo máis de 50.000 euros.

Estas axudas, segundo explicou Cores Tourís quen na visita estivo acompañado polo alcalde de Covelo, Pablo Castillo, teñen como obxectivo “fomentar a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos no medio rural cara a consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística”.

En canto aos traballos executados na praia de Maceira en Covelo, o delegado puido comprobar como se levou a cabo a adecuación da comunicación peonil entre o novo parking desta área e a praia fluvial. Así, construíuse un pequeno muro de contención de pedra para estabilizar o noiro existente e conseguir un maior ancho de circulación de persoas. O muro é de mampostería de granito. Tamén se colocaron vallas de madeira de protección e pavimentouse a beirarrúa. En total, o investimento destinado a esta obra foi de 77.057 euros, dos cales, 50.087 foron aportados pola Consellería de Cultura e Turismo.

Con esta liña de axudas os concellos poden levar a cabo traballos de recuperación paisaxística, iluminación ornamental dos recursos turísticos, recuperación de miradoiros, embelecementos de vías, soterramento de colectores de residuos ou eliminación de cabreado aéreo. Tamén se pode poñer en valor turístico recursos distintos do aloxamento de persoas, recuperar elementos de interese etnográfico ou de arquitectura rural, así como eliminar barreiras arquitectónicas.

En total, a Xunta de Galicia mobilizou 2,5 millóns de euros para este fin o pasado ano, dos cales, a provincia de Pontevedra beneficiouse de 727.143 euros para un total de 27 concellos que investiron un total de 1,1 millón de euros en este tipo de obras.

Na comarca do Condado-Paradanta foron seis os concellos beneficiados: Covelo, Crecente, A Cañiza, Arbo e As Neves, cunha axuda total de 154.437 euros.

Redondela comunica ao Ministerio o seu “total rexeitamento” ao cargadoiro de contedores de Rande

0

O Concello de Redondela contestou, de xeito formal, á consulta realizada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica sobre o denominado proxecto Reordenación del acceso a la zona portuaria de Rande desde la carretera N-552, que é o paso previo necesario para a futura instalación dunha terminal de carga e descarga de contedores que pretende realizar a Autoridade Portuaria de Vigo.

O Concello de Redondela remitiu ao Ministerio un informe técnico de 11 páxinas redactado por técnicos do Concello que argumentan, técnica e xuridicamente, a resposta que o Concello trasladou en tempo e forma e que non é outra “que a total e absoluta oposición ao proxecto”. O escrito de rexeitamento foi asinado pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e polo concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar.

O martes 20 de Agosto, nunha xuntanza solicitada pola Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón , a alcaldesa e o Concelleiro de Medio Ambiente adiantaron aos representantes desta Plataforma unha copia deste informe de 11 páxinas elaborado por técnicos do Concello.

Impacto negativo.

A obra que propón a Autoridade Portuaria supón, explica o Concello de Redondela, o trazado de novos accesos que non están previstos polo planeamento vixente (NNSS), nin polo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que se encontra en tramitación. Asemade, a infraestrutura prevista é de gran envergadura, pois inclúe muros de gravidade ou pilotados de considerable altura, caixón fincado baixo infraestruturas actuais, etc.

A obra que propón a Autoridade Portuaria suporía o trazado de novos accesos que non están previstos pola normativa urbanística, nin presente (NN SS) nin futura (PXOM)

Todo isto suporía, non una reordenación de accesos como denomina o proxecto senón unha infraestrutura nova que implicaría, dadas as dimensións das obras a executar, un enorme impacto visual e acústico no entorno de actuación. Tendo en conta que estamos ante unha zona próxima á costa, esta obra sería totalmente contraria ao Plan de Ordenación del Litoral.

Ameaza para a Rede Natura e o Patrimonio Cultural

Lembran Digna Rivas e Roberto Villa que, nesta zona de Rede Natura “atópanse importantes bancos pesqueiros e de marisqueo dos que viven numerosas familias, non só do concello de Redondela senón doutros concellos limítrofes, afectando ao ecosistema e, por conseguinte, ao seu medio de vida”.

O proxecto atentaría contra a Rede Natura e mesmo contra o Patrimonio Cultural da zona

Neste ámbito sitúase o denominado Cargadoiro de Coto Wagner (coñecido como antigo cargadoiro de mineral), elemento protexido, e a súa contorna que se sitúa no catálogo de patrimonio cultural.

Incremento do tráfico pesado na zona

O proxecto prevé dotar de acceso rodado á explanada, o que suporía cargar toda a zona de circulación de tráfico rodado pesado, a tal efecto no informe elaborado polo Concello inclúense recreacións realizadas polo arquitecto Carlos Falagán Mota, servizo encargado polo Concello de Redondela, onde se pode observar o enorme impacto visual que suporía nunha zona patrimonial e medio ambiental protexida.

Transparencia e participación no proceso

Dende que o Concello de Redondela tivo constancia desta consulta do Ministerio, a Alcaldía e a Concellería de Medio Ambiente mantiveron informados aos representantes da veciñanza dos pasos que se estaban a dar, concretamente á Plataforma en defensa da Enseada de San Simón, que leva anos reclamando un uso público desta zona e a desafección industrial da mesma.

Houbo xuntanzas para informar e intercambiar pareceres, estudáronse e tívose en conta a contestación a este proxecto que preparara a Plataforma cos seus medios e que entregaran por rexistro no Concello.

A sección da Escola Oficial de Idiomas de Ponteareas ofrecerá o curso de nivel básico de francés

A concellería de Ensino, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández, vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que, neste curso escolar, a delegación da Escola Oficial de Idiomas en Ponteareas ofrecerá o curso de nivel básico A1 no primeiro cuatrimestre e no segundo cuatrimestre o de nivel básico A2.

Cristina Fernández amosa a súa satisfacción por ter conseguido que esta demanda da comunidade educativa sexa hoxe unha realidade. O obxectivo desta concellería, asegura a súa titular, “é ofrecer unha oferta educativa ampla de acorde ás necesidades da poboación e que resposte á demanda laboral actual evitando que a mocidade se teña que desprazar fóra da súa comarca”.

Deste xeito, a sección da Escola Oficial de Idiomas en Ponteareas abrirá o prazo de preinscrición do día 2 de setembro ao 15 de setembro. Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña no prazo a través deste acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta

Os horarios das clases de francés poden consultarse na seguinte ligazón e as persoas interesadas en obter máis información, poderán atopala neste outro enlace web.

O Campus Tea e do Verán Rural pecha as súas actividades nas que participaron máis de 300 cativos e cativas

A concellería de Ensino, que dirixe a alcaldesa accidental Cristina Fernández, clausurou unha nova edición do Campus Tea e Verán Rural 2019 que por quinto ano consecutivo supuxo un apoio para a conciliación familiar e laboral nas parroquias e no centro urbano.

O alumnado da última quenda foi recibido por Cristina Fernández no salón de plenos da Casa do Concello.

alumnado da última quenda foi recibido por Cristina Fernández no salón de plenos da Casa do Concello.

Polo Campus Tea e polo Verán Rural pasaron máis de 300 nenos e nenas que en horario de mañá desfrutaron de actividades didácticas e de lecer que lle permitiron tamén participar en excursións nas que descubrir recunchos fermosos da súa vila e achegarse ao patrimonio natural e cultural da súa cidade.

Este ano ademais, o Campus Tea contou co servizo de aula matinal que dende as sete e media e ata as nove da mañá recibíu aos cativos e cativas máis madrugadores.

A alcaldesa en funcións Cristina Fernández agarda que o seu paso por este Campus e Verán Rural fose grata e que as familias atoparan neste servizo un respaldo para o seu día a día.

O Parque da Canuda de Salvaterra acolle, entre o 14 e 15 de setembro, a ‘IV Feria Exposición Internacional de Orquídeas’

O Parque da Canuda en Salvaterra de Miño, unha das superficer verdes urbanas máis grandes de Galicia acollerán, os vindeiros 14 e 15 de setembro, a cuarta ‘Feira Exposición Internacional de Orquídeas’, unha iniciativa que ademáis, tal e como sinala a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, “contará cun amplo programa de actividades paralelas”.

A mostra, que estará instalada no xardín botánico cas orquideas, no parque xardín A Canuda, poderá ser visitado o sábado 14 de setembro de 11 h a 20 horas e o domingo, 15 de setembro, de 11 h a 19 horas.

A apertura da Feira Exposición Internacional terá lugar ás 11 horas do sábado 14 para, unha hora despois, ás 12 h ter lugar a actuación da Banda de Gaitas Pontenova.

Ás 16:30 horas, desenvolverase a primeira das conferencias que tratará sobre ‘Orquídeas nas rexións de Ecuador’. As 17:30 horas, será a quenda do teatro xa que o Circo Chosco poñerá en escea o seu espectáculo de teatro-comedia ‘Riscando o Ceo’

Para que todos e todas poidan gozar desta Feira Exposición da Orquídea, ás 19:30 horas terá lugar o primeiro sorteo de orquídeas entre os e as visitantes da feira durante ese día. A organización só entregará a cada persoa un número cada día, para participar no sorteo de 25 orquídeas.

O domingo 15 de setembro, unha vez aberta a Feira Exposición ás 11 horas, terá lugar o concerto a cargo de Julia Rodríguez, Recanteira do Luar.

As 16:30 horas impartirase a segunda das conferencias sobre as orquídeas, desta volta baixo o título de Phragmipedium e os seus híbridos.

Ás 18 horas terá lugar o segundo concerto de Julia Rodríguez para, deseguido, celebrarse o segundo sorteo de orquídeas entre os visitantes a feira.

A Bienal de Arte de Cerveira acolle a exposición das obras do Certame de Pintura Antonio Fernández 2019

0

As máis de 50 obras do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández 2019, poden visitarse na Fundaçâo Bienal de Arte de Cerveira, até a semana próxima. A mostra, prevista inicialmente so para esta semana, inclúe as tres obras premiadas, estando a disposición das persoas interesadas o contacto dos autores para posibles compras.      

O sétimo certame de pintura ao aire libre tivo lugar en Goián e Vila Nova de Cerveira o 18 de agosto pasado, dando a  oportunidade a disfrutar da arte de pintores cunha longa experiencia nesta modalidade e tamén de novas figuras procedentes de varios puntos da Península e Estranxeiro.

O Certame naceu no ano 2012 froito da programación do ‘Ano Antonio Fernández’, iniciándose unha andaina que a día de hoxe móstrase como unha cita cultural consolidada.

[su_slider source=”media: 5551,5550,5549″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″ speed=”800″]

Como novidade, este ano o evento ampliou o seu percorrido a Cerveira, formando parte da programación Eurocidade Cerveira-Tomiño e grazas á participación da Fundación da Bienal de Arte. Deste xeito, ambas vilas foron retratadas polos artistas que visitaron ambos os dous municipios fronteirizos.

As obras premiadas foron unha vista de Cerveira dende a praia de Goián, de Rafael Carrasco (Toledo) que se fixo co primeiro galardón. O segundo e terceiro premio foron para Leticia Gaspar (Bilbao) e para Antonio Lorenzo (Mondariz).

O 1ºpremio estivo dotado con 1.500 € e financiado polo Concello de Tomiño, mentres que os dous seguintes (2º e 3º) con 500 €, custeados pola Comunidade de Montes de Goián e pola Fundación da Bienal de Cerveira, respectivamente.

O Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández integra as actividades desenvolvidas pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, no ámbito da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto  cofinanciado ao 75 % polo programa INTERREG VA POCTEP, con fondos FEDER da Unión Europea.

A Deputación abre o luns a inscrición para a DepoAndaina de Cangas e Cíes

A Deputación de Pontevedra abrirá este luns 2 de setembro o prazo de inscrición para que as persoas interesadas podan apuntarse á DepoAndaina por Cangas e as Illas Cíes, a quinta das rutas programadas este ano pola institución provincial para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo, que se celebrará o 29 de setembro.

Como en todas as DepoAndainas, a Deputación ofrece 300 prazas para participar neste itinerario, que se desenvolverá pola mañá e pola tarde do domingo. Así, na ruta da mañá, as persoas participantes percorrerán o coñecido Bosque Encantado de Aldán e poderán contemplar as vistas da Costa da Vela, un dos mellores enclaves naturais das Rías Baixas situado no concello de Cangas.

Unha vez finalizada esta primeira andaina, desprazaranse desde o porto de Cangas ás Illas Cíes, onde desfrutarán dun almorzo e realizarán posteriormente a espectacular ruta do Monte Faro. En total, a DepoAndaina suma 10,5 quilómetros (3 en Aldán e 7,5 en Cíes) e ten unha dificultade media.

A quinta etapa do programa deste ano celebrarase o día 29 de setembro cunha camiñada por Aldán e a Costa da Vela, e outra pola ruta do Monte Faro nas Cíes

A camiñada está aberta a persoas de toda a provincia e de todas as idades, para facilitar a súa participación, a Deputación habilita autobuses que sairán dende a praza de Galicia, de Pontevedra, e da praza de España, de Vigo.

A inscrición neste itinerario por Cangas e Cíes está aberto ata o 18 de setembro e as persoas que estean interesadas deberán cumprimentar o impreso de solicitude na páxina web www.depo.gal. Amais das 300 prazas previstas, o Concello de Cangas poderá ofertar outras 50 adicionais.

As DepoAndainas volverán despois xa en outubro, en que terán lugar as dúas últimas rutas das sete programadas: o día 6 polo monte de Santa Trega na Guarda e os muíños do Folón no Rosal (a inscrición abre o 23 de setembro) e o día 12 pola ruta da Pedra e da Auga de Ribadumia (abre o prazo o 30 de setembro).

Os pementos de Guláns, outro nivel

Organizada pola concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe Eva Gil, e pola asociación Amigos do Pemento de Guláns en colaboración coa asociación Artístico Cultural de Guláns, o parque da Avisoureira acollerá este domingo día 1 de setembro unha xornada gastronómica con menú degustación de pementos asados acompañado de churrasco e marmelada de pemento e tetilla.

Esta quinta edición tamén ofrecerá un mercadiño sostible no que atopar produtos locais artesáns e produtos bio ademais de produtos da horta, postos de antigüidade, de segunda man e de téxtil.

Menú degustación de pementos asados, churrasco e marmelada de pemento e tetilla, animación musical e mercadiño sostible a partir das 10:30 h

Ás 12:30 horas o exdirector da banda de música Xuvenil de Xinzo e exconcelleiro municipal, Bolívar González Rodríguez, lerá o pregón e a animación musical será a cargo de Ronco Fol.

O parque da Avisoureira xa está preparada para presumir de pementos de primeira e abrirá as portas desta festa exaltación a partir das 10:30 horas.

O Goberno local fai un “balance positivo” dun Entroido de Verán n o que participaron máis de 25.000 persoas

0

O Goberno local de Redondela vén de cualificar de “moi positivo” o balance do recentemente celebrado ‘Entroido de Verán’ tanto no que fai referencia á asistencia de público, cifrada pola Policía Local en máis de 25.000 persoas, coma na “viraxe da programación con respecto a outros anos” que ofrecía unha festa máis familiar, con numerosas actividades infantís e afastada da imaxe de macrobotellón de anos anteriores.

Segundo a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, a afluencia de público fixo preciso que a vía principal “tivera que ser cortada media hora antes do previsto por beirarrúas e contorna da alameda –onde se centraban as actuacións da mañá– estaban ateigadas de familias disfrazadas”.

Algo similar acontecía horas despois cando as familias e grupos de amigos e amigas “abandonaban os bares e restaurantes nos que se celebraron as tradicionais comidas do Entroido”.

Afluencia escalonada

Un elemento que o Goberno local destacou á hora de facer unha valoración global do Entroido de Verán, foi “o escalonamento na chegada dos autobuses de transporte público”, o que propiciou que os milleiros de persoas que querían participar na festa, sinala a Policía Local redondelá, “fixérase de xeito repartido e non houbera as avalanchas que caracterizaron as anteriores edicións”.

O incremento do dispositivo de seguridade, deu como froito que, entre as 12 horas do sábado 24 de agosto e as 10 horas do domingo 25 de agosto, “o número de chamadas recibidas en dependencias policiais e directamente relacionadas coa festa, viuse sensiblemente reducida respecto a anos anteriores”.

Os datos aportados por Protección Civil rebaixan a cifra de incidencias a case que a metade das rexistradas o pasado ano

Nesa mesma liña, Digna Rivas e Daniel Boullosa amosaron a súa satisfacción polas cifras achegadas polo xefe coordinador de Protección Civil, datos que “amosan que o número de incidencias reducíronse case que a metade en relación coas do pasado ano”. Os datos, nese sentido, son claros: o Entroido deste ano rexistrou un total de 35 incidencias fronte as 57 da pasada edición o que supón un descenso de máis dun 60 %.

Esa diminución reflectiuse tamén nas saídas que tiveron que facer as ambulancias, que tan só tiveron que mobilizarse dúas veces fronte as catro do 2018.

Programación máis familiar e éxito das actividades para nenas e nenos

O concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, quixo chamar a atención sobre a boa acollida que tivo o cambio de programación con respecto a edicións anteriores. Nese sentido, destacaba o responsable de Cultura a extraordinaria acollida do concerto de ‘De Vacas’ que abría a programación “e no que público de todas as idades abarrotou o espazo onde se celebrou ata case que a media noite”.

As actividades infantís tiveron tamén unha moi boa acollida e nenos e nenas participaron activamente nos obradoiros, concertos e actividades especialmente desñadas para eles.

Redución do efecto botellón

Era uno dos obxectivos claros que tiña o Goberno local para este Entroido de Verán 2019, afastar a imaxe de macrobotellón que levaba asociada esta celebración dende hai tempo. Ainda que é un efecto que non se pode eliminar dun día para outro, sinalaban Digna Rivas e Daniel Boullosa, o certo é que a celebración de actividades en diferentes lugares do casco urbano “tivo o efecto de atrasar o botellón”.

Tanto así que os datos aportados polos servizos médicos dan conta que o primeiro caso de intoxicación etílica foi atendido pasadas as 21 horas, “cando en anos anteriores, a primeiras horas da tarde, o hospital de campaña xa tiña que atender numerosos casos destas características”.

Punto Violeta e Punto Arco da Vella

Era o primeiro Entroido cun enfoque claro e decidido tanto na igualdade como no respecto á diversidade e, neste último aspecto, o Entroido de Verán 2019 foi o primeiro en contar cun Punto Arco da Vella, no que se ofrecía información sobre a diversidade sexual e ao que, durante toda a noite, atendeu a numerosas persoas que se achegaban ata ese posto para solicitar información.

Algo similar, sinala a alcaldesa Digna Rivas que tamén leva a responsabilidade da Concellería de Igualdade, acontecía co Punto Violeta “ao que, durante toda a xornada, achegáronse máis de 700 persoas para solicitar información sobre todo o relacionado coa igualdade e a violencia machista”.

Os datos ofrecidos polas técnicas de igualdade que atendían o Posto Violeta, son realmente optimistas xa que, aínda con maioría de mulleres, “foron moitos os homes, –a meirande parte deles maiores de 30 anos–,os que ao longo da noite solicitaron información sobre todo o relacionado coa igualdade “o que amosa que, cada día, increméntase o grao de implicación da sociedade tanto na igualdade, coma na violencia machista ou en poñer freo as agresións sexuais”.

Este Entroido supón un punto de inflexión entre o que era ata o de agora e o que o Concello quere para todos os veciños e veciñas, “unha festa para todas as idades, con actividades variadas e dinamizadora da hostalería local”

En resumo, o Goberno local amosouse satisfeito por un Entroido de Verán que, sinalaron Digna Rivas e Daniel Boullosa, “marca un punto de inflexión no que era a festa ata o de agora e traza o camiño do Entroido de Verán que queremos para os redondeláns e redondelás, unha festa para todas as idades, con actividades variadas e que, ao mesmo tempo, cumpra co obxectivo de dinamizar a hostalaría local de quen partiu, hai anos, a idea desta celebración”.

Por último o Goberno local quixo agradecer ao persoal do Concello, o traballo realizado non só durante o Entroido, senón has horas posteriores ao mesmo de cara a que, a mañá seguinte, “a vila recuperara a normalidade polo esforzo realizado dende os distintos departamentos municipais que traballaron arreo, antes de abrir o día, para que a normalidade fora case que total”.

Menos mal que nos queda Portugal

Hace unos días, estuve por tierras lusas, nuestro país vecino, ése que tenemos un día con características comunes y que algunos de nuestros eruditos se empeñan en copiar en vez de buscar en las bases de nuestra lengua.

Ese país que tuvo que solicitar un rescate a la UE para solucionar sus problemas financieros y que en España lo solicitamos para hacer más ricos a los banqueros. Ese país que hace unos años estaba en la cola de Europa (algunos se reían de él) y que ahora nos está adelantando por todos los lados.

Cuando uno visita algunas de sus poblaciones, se mira otra ambiente que en nuestro país no se puede apreciar. Se nota confianza en la gente, ves cómo están aprovechando sus recursos. Por ejemplo, sabemos que sus playas no son una maravilla por el oleaje y el viento que hace, pues orientan el turismo de playa hacía los amantes de deportes cómo el surf, windsurf y todas aquellas semejantes, atrayendo hacía las mismas al turismo del norte de Europa amante de dichos deportes, además de a los amantes del camping y furgo camping, que por cierto, cada vez tiene más auge, preparando instalaciones para el mismo, aquí ponemos el mayor número de trabas posibles para que la gente se busque otros lugares.

Pero además del turismo de playa, Portugal están fomentando un importante turismo cultural, rehabilitando viejos edificios, haciendo museos y fomentando su cultura y tradición para atraer a los turistas que buscan algo más. Por cierto que este turismo suele tener un gasto medio superior a los “de playa y borrachera”, el cual, parece ser que es el único capaz de fomentar en nuestro país. Esperemos que nuestra tierra, Galicia, con un año Xacobeo a las puertas tome buena nota e intente promocionar el mismo para atraer inversiones y turistas que nos permitan remontar el vuelo.

Además del turismo, Portugal sabe de la importancia que tiene la industria, para ello han creado numerosos polígonos industriales a lo largo y ancho de su geografía, incentivando a las empresas a que produzcan bienes y atrayendo a numerosas empresas de otros países, incluido España para que lleven la producción para su instalación creando puestos de trabajo, aquí hacemos promesas de polígonos en épocas electorales, que después el viento se lleva. No olvidemos que aquí, para subir “al trono”, hacemos y prometemos el moro, pero una vez arriba, nuestros políticos se suben el sueldo y todo lo demás no importa. Aparte de eso, han creado incentivos fiscales para los jubilados, principalmente de otros países, para que vayan a residir a Portugal, lo que supone generar más riqueza, porque esos incentivos, están atrayendo a gente de otros países a residir en Portugal lo que significa, consumir que al final, supone ingresos vía impuestos.

Pero sobre todo, algo que tiene Portugal, es la defensa de su identidad. Aquí nos estamos peleando entre nosotros por ver quién la tiene más grande (la bandera claro), el mayor número de enchufados, los que roban más, los que tiene más deuda, pero nadie se preocupa de vamos a tirar todos del mismo carro para levantar el país. Mientras, en Portugal si hay un compromiso de identidad, de buscar el bien del país y éso, además, se nota en las calles, no hace falta más que visitar cualquier localidad de nuestro país vecino para ver cómo defienden lo propio, cómo cada vez se miran más lugares que muestran con orgullo el Hecho en Portugal, su bandera, su historia, mientras aquí nosotros…, en fin, creo que no hace falta comentarlo.

Lo que si mostramos con orgullo son nuestras recomendaciones musicales, y ésta semana dos bastantes diferentes entre sí, por un lado, un clásico como Philip Glass, todo un grande en ésta ocasión con Naqoyqatsi y por otro lado, Within Temptation con su nuevo trabajo, algo diferente a lo que solemos recomendar habitualmente, pero con nuevo trabajo, que sin ser espectacular, merece la pena. Espero que las disfrutéis.


Philip Glass

Naqoyqatsi

2002

Philip Glass es un nombre que al menos le sonará a muchos, ha creado numerosas operas, sinfonías y algunas bandas sonoras, incluso nominado a los Oscars, aunque su música es minimalista y por momentos compleja.

‘Naqoyqatsi’ es un documental realizado en el año 2002, forma parte de la trilogía ‘qatsi’ (la primera fue Koyaanisqatsi en el año 1983 y la segunda Powaqqatsi en 1988), todos han corrido a cargo de la dirección de Godfrey Reggio y con la producción de un grande como Steven Soderbergh. En éste caso el título significa ‘La Vida como guerra’ y proviene de la lengua indígena de la tribu hopi.

Musicalmente hablando, estamos ante un nuevo manifiesto de calidad compositiva de Philip Glass, de su minimalismo y de la complejidad de su música, que a veces provoca que no llegue a todos los oídos. Cuenta con la colaboración en el cello de Yo-Yo Ma y como de costumbre, con los miembros de su grupo, el Philip Glass Ensemble.

La música, desde el comienzo hasta el final, nos va atrapando con sus sonidos de piano, los sonidos del cello, esas voces guturales que a veces nos sorprenden o nos asustan según el momento, pero que sin ver las imágenes, ya nos hacen entrar en las mismas, porque la música de Philip Glass es minimalista, pero es inquietante, es intrigante y nos adentra en los momentos de una forma sin igual.


Within Temptation

Resist

2019

Tengo que reconocer, que aunque se sale un poco del estilo habitual que suelo escuchar, el grupo holandés ‘Within Temptation’ es una pequeña debilidad y disfruto de su sonido entre el metal y el gótico de forma especial.

‘Resist’ es su séptimo trabajo, un disco que ha tardado en llegar más de lo habitual dentro de la banda y es que su alma y cantante Sharon den Adel se tomó un poco de tiempo para si misma produciendo un disco en solitario de por medio, pero el grupo se ha vuelto a reunir para sacar éste trabajo.

Diez son las composiciones que forman éste trabajo, volvemos a tener su letras oscuras, pero en esta ocasión más futuristas que nunca, sólo hay que ver su portada, que en casi me recuerda a Blade Runner o sus vídeos musicales mostrados hasta el momento, donde la ciencia ficción parece estar muy presente.

El sonido de los temas es quizás menos gótico que en otras ocasiones pero más electrónico, pudiendo hacer que los más acérimos seguidores del estilo no se encuentren de todo agusto con éste trabajo, pero esos sonidos electrónicos, aportan un extre provocando una eclosión de sonido espectacular.

En éste trabajo también nos encontramos con la colaboración de Jacoby Shaddix en el tema que lo abre ‘The Reckoning’, de Anders Fridén en ‘Raise Your Banner’ y de Jasper Steverlinck en ‘Firelight’.

¿Estamos ante el mejor disco de la banda? No, se ha perdido un poco de la magia gótica, pero estamos ante un trabajo con esencia de metal, pasado gótico y futuro electrónico.

Entrantes sin complicaciones, sin gluten… ¡y con mucho queso!

Ahora que parece que por fin ha llegado el verano, vamos a disfrutar del sol lo máximo que podamos, dejando a un lado el horno y los fogones.

Hoy os invito a hacer unos pinchos que tienen como base el queso acompañado de distintos ingredientes. ¡El queso combina bien con tantas cosas! Pueden servirnos como entrante, como picoteo de tarde o para cualquier momento.

¡OJO! Si tenemos celíacos entre los comensales, tenemos que utilizar pan sin gluten, asegurarnos de que todos los ingredientes sean aptos para celíacos y tomar las medidas adecuadas para que no haya ningún tipo de contaminación.

¡Vamos allá!

Necesitaremos:

  • Pan que rebanaremos y tostaremos en el horno o en tostadora
  • Queso rulo de cabra
  • Miel
  • Nueces
  • Queso brie o camembert
  • Mermelada de cebolla
  • Queso Tetilla o Arzúa-Ulloa
  • Queso curado
  • Queso fresco
  • Pimientos del piquillo en conserva
  • Anchoas

Vamos con la primera:

Colocamos sobre una tostada una rodaja de queso de cabra, sobre ella ponemos media nuez y rociamos todo ello con miel. Si el día no está muy caluroso y os apetece encender el horno, un golpe de calor funde un poco el queso y está… Mmmm ¡de muerte!

Otra:

Sobre una tostada extendemos mermelada de cebolla y sobre ella colocamos una tira de queso brie. Y digo lo mismo que con la tosta anterior: si el día está fresco, un golpecito de horno y estará delicioso.

Y ahora la más fresca:

Podemos colocarlo sobre una tostada o directamente en el plato y lo comemos con cuchillo y tenedor. Sobre medio pimiento del piquillo colocamos una cuña de queso curado, y sobre este una anchoa. Podemos cambiar el queso por queso de tetilla, o Arzúa-Ulloa o, si no queremos mucha grasa, un queso fresco también está riquísimo y hace que el pincho sea todavía más fresco. O hacemos un variadillo y listo.

Bo proveito!

María Xosé Porteiro, «Sándalo»

Xornalista e política, María Xosé Porteiro volve e amosarnos a súa faceta máis literaria a través da súa segunda novela, «Sándalo», un traballo tremendamente ambicioso no que fai un percorrido pola emigración galega a Cuba ao longo dos dous últimos séculos e no que o lector será testemuña das revolucións da illa (a da independencia e a castrista), e das súas vinculacións con nós, pero tamén das pequenas historias dos seus habitantes que a autora, que pasou a súa nenez nesas terras, coñece en profundidade.

Sorprende a estrutura aparentemente anárquica, con constantes saltos no tempo e no espacio que, de primeiras, poden confundir ao lector, pero ao avanzar na lectura decatámonos de que o fío argumental non é o verdadeiramente importante neste relato, senón ese transfondo cáseque sociolóxico que enfía toda a narración e no que a emigración galega xoga un papel fundamental.

Botando man da súa faciana xornalística, a autora argalla o que poderiamos considerar unha novela de ficción histórica perfectamente documentada na que os personaxes reais mistúranse cos creados para a ocasión e na que uns e outros confúen en escenas da historia cubana ou da intrahistoria máis local a ambas beiras do Atlántico.

Non podemos falar, xa que logo, da típica estrutura “prantexamento-nó-desenlace”, senón dunha especie de xogo, un crebacabezas de historias cruzadas, ás veces fragmentarias, no que as pezas non sempre encaixan entre si pero, en conxunto, amosan a relevancia da nosa diáspora nalgúns dos acontecementos que marcaron a creación dunha nova forma de entender a sociedade en Cuba.  

Sorprente tamén (ou non tanto por vir de quen vén) a presenza da muller na novela asumindo un rol protagonista de principio a fin. Non falo dunha muller, loxicamente, senón dunha morea de mulleres que reivindican o seu papel na creación desa sociedade da que falabamos máis arriba, pero tamén nesa historia máis miúda que axudou a construíla. Mulleres fortes e de personalidades firmes, que levan a maior parte do peso da narración.

Non creo que poidamos falar dunha novela claramente feminista ou reivindicativo pero, outravolta, ese transfondo está aí, empapando cada unha das páxinas do relato. Quina, Lumia, Nanaina ou Macorina, de seguro ficarán no noso sentir por moito tempo; pero tamén a descuberta de mulleres reais como Gertrudis Gómez de Avellaneda ou Andrea López Chao, por poñer só un par de exemplos de personaxes reais.  

O resultado final é unha novela de lectura amena e capaz de arrastrar ao lector ao longo das súas páxinas. A flexibilidade da estrutura, mesmo da linguaxe empregada (ás veces literaria, ás veces xornalística) ou dos acontecementos relatados, son quen de facernos viaxar no tempo e no espazo sen movernos do noso sillón favorito. ¿Alguén dá máis?

María Xosé Porteiro

Sándalo

 

Galaxia

400 páxinas

A Deputación homenaxea á triunfadora e triunfadores do mundial de piragüismo

A Deputación de Pontevedra sumouse este venres á merecida homenaxe do concello de Cangas a Teresa Portela, Rodrigo Germade, Pablo Graña e David Barreiro, catro grandes do piragüismo, de orixe cangués, que veñen de completar unha gran actuación no Mundial celebrado en Szeged, Hungría.

Na vila do Morrazo estivo presente o deputado de deportes, Gorka Gómez, que subliñou “o excelente momento do deporte pontevedrés”. Para mostra, a e os protagonistas da cita, que chegaron cargados de alegría e éxitos a un acto ao que asistiu Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas.

Teresa Portela conversa co deputado de Deportes, Gorka Gómez

Teresa Portela, Rodrigo Germade e Pablo Graña, xunto a Pedro Vázquez Llenín e a deportistas doutros puntos da provincia, volveron do Mundial cunha medalla na maleta, amosando novamente que Pontevedra é unha terra de referencia no piragüismo mundial.

En Szeged, Teresa Portela conseguiu a medalla de prata en K-1 200 metros, a súa decimoquinta medalla mundialista. A piragüista, lenda do deporte español, acadou con este resultado a clasificación olímpica para España, o mesmo que fixo Rodrigo Germade como integrante do K-4 500 metros. De confirmarse oficialmente a presencia de ambos en Pekín 2020, suporía a sexta participación para Teresa, converténdose na primeira muller en conseguilo, e a segunda para Rodrigo, que foi quinto en Río de Xaneiro 2016.

Sobre a piragüista canguesa, Gorka Gómez resaltou que “unha das liñas da Deputación é o apoio sen fisuras ao deporte feminino e polo tanto é para nós unha honra poder contar na nosa provincia cunha figura como Teresa Portela, que representa os valores do deporte e que dignifica o papel da muller na sociedade, dándolle a relevancia que debe ter e que en moitos casos, por desgraza, non ten”.

Pola súa banda, Pablo Graña proclamouse campión do mundo en C-2 200 metros, unha distancia que non é olímpica. El, xunto ao tamén homenaxeado David Barreiro, son dúas das grandes promesas do piragüismo español. Barreiro, de 20 anos coma Pablo Graña, foi octavo en C-1 500 metros

No acto, o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, dirixiuse á e aos deportistas para valorar o seu traballo, xa que “o deporte leva consigo unha cultura de sacrificio e esforzo que serve para calquera ámbito de vida”.

Pola súa banda, Gorka Gómez tamén quixo aproveitar o acto para destacar que “o esforzo persoal e familiar que se fai nun deporte como o piragüismo da aínda máis valor aos éxitos deportivos que veñen de acadar. As veces deportistas coma vós non teñen o apoio que merecedes e por iso institucións como a Deputación de Pontevedra debemos estar aí, apoiándovos incondicionalmente porque sodes exemplos para os cativos e tedes a capacidade de fomentar os hábitos de vida saudables”.

A homenaxe celébrase un día antes deste sábado que pode ser moi importante para o deporte pontevedrés. Por unha banda, o moañés Rodrigo Conde participará na final do Mundial de Remo na clase ‘dobre scull lixeiro’, e o fai xa coa garantía de ter conseguido para España a clasificación olímpica, billete que, presumiblemente, será para el e o seu compañeiro de embarcación, o catalán Manel Balastegui.

Por outra banda, o triatleta Javier Gómez Noya competirá en Suiza na Gran Final das Series Mundiais, cita á que chega en terceira posición do ranking e na que xogarase unha nova medalla mundial. A Deputación de Pontevedra desexa moita sorte aos dous deportistas, exemplos do talento deportivo que alberga a provincia.

Arranca ‘Conectadas 2019’ para promover a participación e empoderamento das mulleres da provincia

O programa ‘Conectadas 2019’ arranca esta fin de semana para promover a participación e empoderamento de 4.000 mulleres de 53 concellos da provincia mediante a formación. Máis polo miúdo o pistoletazo de saída terá lugar este venres na Lama ás 16:00 horas e continuará o sábado en Pontevedra e o domingo en Vigo. En total, participarán nestas tres primeiras accións formativas preto de 60 mulleres.

Un grupo de 17 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais A Pícara da Lama comezará o venres unha formación sobre “Artesanía en Coiro”. O curso terá lugar os venres en horario de 16 h a 19 horas no Borralleiro nº13 da Lama e rematará o 16 de novembro.

Pola súa banda, 17 mulleres da Asociación de Vecinos Outeiro do Castro de Pontevedra comezará o sábado unha formación sobre ‘Xardinería’. Neste caso, o curso terá lugar os sábados no Centro Social de Verducido entre as 9 h a 13 horas e rematará o 26 de outubro.

Finalmente o domingo serán 23 as mulleres da Asociación de Vecinos Novo Vigo as que comecen a súa formación sobre ‘Sendeirismo’. O curso terá lugar todos os domingos ata o 22 de decembro en horario de 10:30 h a 13:30 h na Rúa As Teixugeiras, 11 de Vigo.

Este ano participarán no programa “Conectadas” 260 entidades de 53 concellos da provincia. Máis polo miúdo, as actividades máis solicitadas son as de pilates, ximnasia de mantemento, cociña e alimentación, hábitos saudables, risoterapia, alfabetización dixital II (internet e correo electrónico), ioga, artesanía en coiro, conservación de alimentos, conservas artesanais, iniciación a costura, teatro, iniciación ao patchwork ou horta ecolóxica, entre outros.

Todas as accións formativas inclúen, de forma transversal nos seus contidos, o tratamento da igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Ademais, impartirase un módulo obrigatorio de sensibilización na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. En cada un dos obradoiros, que terán unha duración mínima de 35 horas, poderán participar un mínimo de 15 persoas.

‘Conectadas 2019’ trátase dun programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria.

Amais, esta iniciativa tamén busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital. Este programa está dirixido a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento e actuación, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade de mulleres e homes.

Benestar Social de Ponteareas “esixe unha rectificación pública” ao PP polas declaracións sobre o servizo de comidas da Residencia

O Concello de Ponteareas, a través da concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, tachou de ‘disparate’ as acusacións do PP de privatización do servizo de cociña da Residencia de Maiores. A edil nacionalista explicou que “non existe ningunha contratación privada de tal servizo que se presta e sigue prestando con persoal municipal”.

Carrera aclarou que recentemente a Residencia se veu obrigada a contratar dúas ceas e dúas comidas para os residentes “ao non contar dous días co persoal necesario por vacacións e descansos e non haber persoas dispoñibeis na lista de substitucións”.

A concelleira animou a Belén Villar a “informarse mellor para non facer o ridículo” e esixíulle unha “rectificación pública” e que aclare a qué amizade se refire cando fala, con falsidades e covardía, de “empresas amigas”.

Ponteareas prepara unha nova edición da Feira Tradicional dos Remedios chea de novidades

O concello de Ponteareas, a través das concellerías de Cultura que dirixe Fernando Groba e de Eventos que dirixe Cristina Fernández, deu a coñecer o programa de actividades dunha nova edición da Feira Tradicional dos Remedios que chega a súa décimo terceira edición e que se celebrará o vindeiro sábado 7 de setembro.

Cargada de moitas novidades a Feira Tradicional dos Remedios recreará, un ano máis, os mercados que se celebraban a principios do século XX e todos, comerciantes e participantes, irán ataviados coa roupa desa época.

Entre as novidades desta edición está a recuperación da Feira Vella como epicentro de exhibicións de gando e promoción de especies autóctonas como o porco celta ou o cabalo de pura raza galega.

Deste xeito, a Feira Tradicional dos Remedios amplía fronteiras, sendo igualmente a praza de Bugallal e as rúas Vidales Tomé e Morales Hidalgo os centros neurálxicos para mercar produtos de alimentación e artesanais, e a praza da Música o lugar onde degustar o tradicional polbo á feira.

A Feira Tradicional dos Remedios recupera a Feira Vella como epicentro de exhibicións de gando e promoción de especies autóctonas

Complementos, cerámicas, tecidos, xogos, produtos de coiro, cosmética natural, sementes, produtos da horta, plantas mediciñais, embutidos, marmeladas, chocolates e un longo etc de agasallos e ofertas para que a cesta da compra vaia chea de calidade e sabores da terra.

Entre as novidades tamén está a celebración do XXXII Festival Folclórico do Condado que este ano se enmarca no programa da Feira dos Remedios abrindo a xornada festiva e comercial cunha ruada dende a casa do concello e con actuacións ao longo de toda a mañá e de toda a tarde.

A partir das 10:30 horas poderase visitar o Poni Club no parque da Feira Vella, tamén ás 16:30 horas. Ás 11 horas e as 13 horas as rúas da Feira vivirán a visita do cego e dos seus cantares.

Ás 11 horas veciñanza e visitantes terán a oportunidade de coñecer os nosos cabalos de pura raza galega no parque da Feira Vella e ás 12 horas haberá exhibición de salto do Club Hípico Char no IES Val do Tea que tamén acollerá ás 13 horas a exhibición de andadura PURAGA.

Pola tarde de 17 a 19 horas o parque da Feira Vella ofrecerá un concurso morfolóxico de can de palleiro e tamén poderemos gozar da música dos grupos do XXXII Festival Folclórico do Condado que actuarán polas rúa ata as 19 horas que será o momento do baile final e clausura diante da casa do concello.

O concello convida a todo o mundo a vestirse de época, a tirarse unha foto no photocall ubicado na praza Bugallal coa opción de participar no sorteo de agasallos e a pasear na carruaxe de cabalos que estará dispoñible durante toda a xornada totalmente de balde para quen queira pasear entre a praza Bugallal e o parque da Feira Vella.

O Porriño remata as obras de valado e sinalización das canteiras para bloquear o acceso de bañistas

A mellora do valado e peche perimetral e a ampliación da sinalización de perigo das canteiras que se estaban a converter nun lugar habitual para bañistas e curiosos –sen ter en conta os múltimples riscos que ten bañarse na zona– xa remataron conforme o acordo acadado polo Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curiosos ás canteiras. 

Todas estas medidas foron acordadas o pasado 27 de xullo durante a reunión presidida pola alcaldesa Eva García á que asistiron representantes das firmas concesionarias en representación de ‘Pocasa’ (‘Porriñesa de Canteiras’) e do empresario Manuel Carrera Lorenzo, titular da canteira ‘Arcace nº 21’ que era a canteira onde acudían máis bañistas e curiosos.

Todo este paquete de medidas “son para protexer a seguridade de todos” segundo valorou a alcaldesa que engadiu que “acceder ás canteiras e bañarse nelas supón un acto de manifesta irresponsabilidade que pon en perigo a integridade física de quen o fai e dos que lles acompañan”, rematou Eva García.

A Guarda reclama “un parque seguro” para Concepción Arenal

0

O pasado mércores  28 de agosto se daba por rematada a instalación do parque infantil de Chan de Conde na rúa Concepción Arenal, na Guarda, unha área infantil cuns elementos que , segundo sinalou o alcalde Antonio Lomba, “poden resultar inseguros” ao estar nunha superfice inclinada polo que pediu aos responsables da obra que tomen as medidas adecuadas.

Antonio Lomba, mantivo xa contactos tanto co promotor da obra, a Deputación de Pontevedra, coma coa empresa que está a executar a instalación, para trasladarlle a súa “preocupación e insatisfacción pola inseguridade e o acabado estético do parque”.

O rexedor local reclamou dos responsables da obra “que tomen as medidas necesarias” para certificar que o parque é seguro e cumpre coa normativa. De non ser así, Lomba instou a que fagan “as actuación e correccións necesarias para que a instalación poda usarse polos máis pequenos con tódalas garantías”.

Os espazos públicos de Salceda contarán con wifi gratuíta

O Concello de Salceda comezou a instalación do sistema que dotará de wifi gratuíta aos espazos públicos e botará a andar esta fin de semana na que se esperan milleiros de persoas que achegaránse á vila para gozar da Festa dos Callos. Por iso, o Goberno local optou por un sistema que conta coas últimas tecnoloxías capaz de soportar un gran número de usuarios e usuarias sen que haxa descenso de rendemento.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, non dubidou en cualificar o programa como “un privilexio para Salceda” xa que permitirá que a veciñanza, subliñaba a rexedora local “poida beneficiarse dunha rede wifi aberta, gratuíta e de grande calidade, o que sen dúbida constituirá un novo aliciente á hora de escoller Salceda como lugar de residencia para novos veciños e veciñas”.

O sistema polo que optou Salceda conta coas últimas tecnoloxías wifi de 2,4 e 5 Ghz, capaz de soportar un gran número de usuarios/as sen descenso do rendemento e contará con puntos de acceso na Praza do Concello, Casa da Cultura Castelao, Praza da Devesa, CDL O Torrón e Pavillón Municipal.

Salceda foi un dos cinco primeiros municipios de Galicia en beneficiarse do programa wifi4eu, xunto con Cerdido, Oleiros, Rianxo e Toén

O acceso gratuíto estará garantido mediante banda ancha ao público en xeral, o que tamén lles permitirá o acceso á administración electrónica. Eliminase dese xeito, sinalaba Castiñeira, “a barreira que supón para unha parte da cidadanía o acceso a internet”.

A Unión Europea supervisará que se cumpran en todo momento os criterios de calidade da conexión, que non debe baixar de 30 Mbps, e debe estar garantida por un período mínimo de tres anos.

O proxecto supuxo un investimento de 28.846,60 €, dos cales 15.000 € son aportados pola Unión Europea dentro do programa wifi4eu, e o resto polo propio Concello. O programa wifi4eu estase a implantar en milleiros de municipios de toda Europa, dos cales unha vintena son municipios galegos, polo que para Salceda é un privilexio poder formar parte do programa.

Salceda foi un dos cinco primeiros municipios de Galicia en beneficiarse do programa, xunto con Cerdido, Oleiros, Rianxo e Toén, aínda que na actualidade o proxecto xa está a chegar a unha vintena de concellos galegos.

Salvaterra de Miño substitúe o piso do Pavillón Municipal de Leirado

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, acompañada polo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Obras, Ernesto Groba e o concelleiro de Leirado, supervisaron as obras de substitución do piso do Pavillón Municipal de Leirado que contan cun investimento de 61.752,29 €.

As obras consisten na colocación, sobre a soleira existente do Pavillón Polideportivo, dun pavimento deportivo aeroelástico de tarima de madeira, unha superficicie, explicaba a alcaldesa Marta Valcárcel, “especialmente apta para a práctica de fútbol sala, baloncesto, balonmán e patinaxe, e específico de instalacións deportivas”.

O pavimento instalado será en madeira, conforme últimas esixencias da certificación UNE 14-904, deportivamente certificado a máximo nivel FIBA, con certificados medioambientais, “unha superficie similar á que se está utilizando nos Campionatos do Mundo sub 21 de balonmán en Vigo e Pontevedra”, concluíu Marta Valcárcel.

Publicadas as bases para a concesión de subvencións no Concello de Redondela

0

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou, con data do 20 de agosto de 2019, o extracto das axudas de comedor escolar e de diversas subvencións aprobadas polas distintas Concellerías do Concello de Redondela.

Pola Concellería de Ensino aprobouse á convocatoria para a concesión de axudas de comedor escolar para o curso 2019-2020, para todos os/as menores que estean escolarizados en centros públicos do Concello de Redondela e fagan uso do comedor escolar.

Pola súa banda, dende a Concellería de Cultura aprobáronse no mes de agosto tres subvencións: unha dirixida a Festivais non Profesionais de Música e Artes Escénicas; unha segunda dirixida ás Comisións de Festas Populares, Tradicionais e Gastronóminas de Redondela e, por último, unha destinada a Actividades Culturais a Centros, Asociacións e Entidades Culturais.

No que fai referencia á Concellería de Participación Cidadá publicáronse as subvencións para a Realización de Actividades no ano 2019 e para Gastos Correntes para os Centros Parroquiais para o ano 2019.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 15 de setembro para todas as subvencións, agás a axuda de comedor escolar que ten un prazo para a presentación de solicitudes de 30 días naturais dende a publicación do extracto, é dicir, dende o 20 de agosto.

Todas as persoas e entidades que estean interesadas en solicitar a axuda e as distintas subvencións enumeradas anteriormente, poden consultar a páxina web do Concello de Redondela onde están publicadas as bases e convocatorias, ou poden dirixirse ás distintas Concellerías.

Máis de 300 atletas dánse cita este domingo no ‘XII Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño’

0

O XII Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño celebrarase o vindeiro día domingo 1 de setembro, no marco da Eurocidade, prevéndose a participación  de máis de 300 atletas federados/as e non  federados/as, oriúndos dos dous países veciños, e que van disputar o circuito novo de promoción en BTT, no período da mañá (inicio 11:15 h hora galega), e o Triatlón Sprint Estrada, cuxo arranque está previsto para as 15 30 h (hora galega).

As persoas participantes na proba terán que nadar unha distancia de 750 m, previamente  a unha proba de ciclismo de estrada de 20 Km. e finalizando cunha carreira a pé de 5 Km.

As probas transcorrerán entre a localidade galega de Goián, no municipio de Tomiño, e a lusa de Vila Nova de Cerveira, con puntos de partida e chegada localizados no Espazo Fortaleza, en Goián, e o parque de transición no Caês do Río Miño, en Cerveira .

Sendo o único triatlón organizado entre Portugal e España, o Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño carrexa unha gran responsabilidade, polo recoñecemento dos equipos de atletas participantes e o carácter de potenciación do deporte transfronteirizo, tendo o río Miño como recurso de conexión .

Con 11 anos de historia , a organización optou en 2018, por suspender a realización  da proba por un ano, facéndoa máis áxil, competitiva e cunha maior bisagra dos recursos existentes.

Os participantes terán que nadar unha distancia de 750 m, realizar unha proba de ciclismo de 20 quilómetros e rematar cunha carreira a pé de 5 quilómetros.

En conferencia de prensa celebrada hai un par de semanas no Concello de Tomiño, a alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, e o vicepresidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira , Vitor Costa, acompañados polos representantes das federacións e os concelleiros de Deportes, explicaron que se procedeu á adaptación da normativa das dúas federacións envoltas, co propósito de realzar os puntos comúns e a valorización do cariz transfronteirizo do evento; á introdución da cronometraxe electrónica (chip) emitindo os timings parciais e os resultados finais de forma máis fidedigna; á clasificación única deixando de existir a entrega de premios  por nacionalidade; e á reprogramación no calendario deportivo, pasando do 3º fin de semana de setembro para o primeiro.

Está en disputa o ‘Trofeo da Amizade’, unha obra do escultor español Arcádio Blasco. Esta pequena escultura, ten  a designación de ‘Encontro de Culturas’ e desde a primeira edición, é o símbolo do Triatlón da Amizade.

Os cursos de natación de Salvaterra preparan a súa festa de fin de curso

Máis de 70 persoas déronse cita este verán nos cursos de natación que organizou o Concello de Salvaterra de Miño nas piscinas municipais durante os meses de xullo e agosto. Foron dous meses de diversión e aprendizaxe a partes iguais, onde os monitores traballaron dende con nenos e nenas a partir dos 4 anos, ata adultos sen límite de idade.

Con este tipo de actividades en grupo, tal e como explicaba a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, “búscase potenciar valores transversais como o é o compañeirismo, algo moi a ter en conta sobre todo na formación dos máis pequenos, ademais de facer exercicio e aprender a nadar”.

Nos cursos os grupos foron clasificados por idades para que non houbera grandes diferencias tanto na carga como na complexidade das tarefas.

O venres 30 de agosto, o Concello de Salvaterra ten previsto un acto de clausura no que os nenos e nenas e os maiores recibirán o seu diploma e gorro, ca cor que alcanzaron nas súas respectivas clases. Ademais durante a maña poderán gozar de xogos, música e inchables para despedir o verán xunto os seus monitores

Curso de ‘Creación de textís electrónicos-robótica’ en Tomiño

0

O Concello de Tomiño vén de organizar un novidoso obradoiro de Creación de Textís Electrónicos-Robótica, os días 4 e 5 de setembro. Nesta actividade, especialmente dirixida á poboación moza do concello, as persoas asistentes deseñarán e montarán unha camiseta electrónica ou outra peza textil con leds e sensores.

Previamente, o alumnado recibirá unha aproximación ao concepto de robótica (sensores e actuadores) e aprenderá a construir e programar robots, co fin de promover a súa creatividade e pensamento computacional.

A actividade está dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e 18 anos. As clases serán os días 4 e 5 de setembro, de 11 h a 13 horas na Aula CeMIT de Tomiño, no Campo da Feira s/n. O custe da inscrición é de 15 euros e aínda quedan prazas libres.

A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, salienta a idea de ofrecer dende o Concello actividades que respondan aos intereses da poboación nova, “rompendo as veces, coas propostas máis tradicionais, co fin de dar a coñecer materias novidosas que poidan servir, tanto coma hobby, ou coma punto de partida dunha posible saída laboral”.

Mos comeza a organización do deporte cara a vindeira tempada

0

Esta mañá celebrouse no Concello unha reunión organizativa entre o alcalde accidental de Mos, Camilo Augusto; a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo; o coordinador deste departamento municipal, e un total de 10 clubes deportivos entre os que se atopaban os tres de patinaxe, –Escolas de Patinaxe de Mos, Xiramos e Rosaleira–, o Club Natación Mos e varios clubes de fútbol sala, balonmano, baloncesto, e outros deportes.

Sobre a mesma, Begoña Toucedo, declarou que “rematamos o verán reuníndonos cos clubes deportivos que adestran nos pavillóns municipais para coordinar o funcionamento e distribución de horarios de uso dos mesmos de cara ao comezo da vindeira tempada deportiva, para continuar a prestar o mellor servizo aos deportistas mosenses”.

O Concello de Mos conta con cinco pavillóns municipais: Óscar Pereiro –dotado tamén de Piscina Municipal–, Soledad Castro, Patricia Martíñez, Sanguiñeda e Atín; nos que ademais de impartirse cursos e clases organizadas pola administración local, adestran e empregan para celebrar os seus torneos e actividades numerosos clubes deportivos. De ahí a importancia e a necesidade de reunións organizativas como a que se realizou esta mañá no Concello.

Os clubes deportivos mosenses congregan a un total duns 1.000 deportistas repartidos entre os 3 clubes de patinaxe, o Club de Tiro con Arco Archers Team, o Club de Natación Mos (Infantil e Master), os clubes de fútbol Alerta Sanguiñeda, UD Mos e Louro Tameiga; e o Club Xadrez Mos.

As de partinaxe son unhas das escolas deportivas con máis integrantes do Concello de Mos. En total sobre uns 160 nenos/as e mozos/as practican este deporte formando parte dun dos tres clubes mosenses: Escolas de Patinaxe de Mos (que conta cuns 100 patinadores/as), Club Rosaleira (que conta con sobre 30 patinadores/as) e Xiramos (que conta con outros 30 integrantes).

Todos estes xoves patinadores realizan os seus adestramentos no Pavillón Óscar Pereiro e no Pavillón Soledad Castro.

O Óscar Pereiro, o máis concorrido

Tan só pola pista do Pavillón Óscar Pereiro (sen contar o ximnasio nin a piscina) pasan 1.500 persoas á semana, sendo a máis concorrida das instalacións deportivas municipais.

Trátanse de usuarios pertencentes aos clubes de patinaxe municipais, nenos/as das Escolas Deportivas de Baloncesto (actividade extraescolar), adultos e cativos que practican o fútbol sala, maiores participantes na actividade de ximnasia de mantemento do programa municipal ‘Exercítate’, mozos do IES de Mos que acuden a realizar algunhas das súas horas lectivas de clases de Educación Física, etc.

O mar convertido en música no ‘IV Encontro da Canción Mariñeira’, este sábado na Guarda

0

O Auditorio de San Bieito será o escenario este sábado día 31 de agosto para a celebración da IV edición do Encontro da Canción Mariñeira, un evento musical que arrancará ás 20:30 h.

Nesta IV edición o Encontro da Canción Mariñeira contará coa participación dos grupos Coiro Vello da Guarda, Orfeão de Vila Praia de Ancora (Caminha) e a Agrupación Coral Polifónica da Guarda.

No repertorio deste encontro os asistentes gozarán da música tradicional galega e portuguesa, moi ligada á cultura mariñeira das vilas da franxa costeira, das redeiras, dos pescadores, dos homes e mulleres do mar.

O evento está organizado pola Coral Polifónica da Guarda en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello da Guarda.

O Rosal ultima os preparativos para a trixésima edición do ‘Festival de Músicos Xoves’

0

O sábado 31 de agosto terá lugar na Praza do Calvario do Rosal, a partires das 20:30 horas, o Festival de Bandas, incluído dentro do Festival de Músicos Xoves, é que este ano contará coa participación de dúas bandas da provincia como son a Banda de Música de Chapela, e a Banda Escola de Música de Beade.

O Festival, que dada ano acada un maior relevo dentro da tradicional música de bandas, rematará coa actuación da Banda de Música do Rosal que, por primeira vez, será dirixida por Javier Alonso Pérez e que, neste o seu primeiro concerto coa banda rosaleira, ofrecerá un programa que, a bo seguro, non deixará indiferente a ninguén.

O domingo 1 de setembro será a quenda das corais, na Igrexa Parroquial de Santa Mariña, ás 20:00 horas. Contaremos coa presenza da Coral Frol Nova de Chapela, a Coral Polifóncia Cantores de Arnoia (Ourense) e rematará a Coral da Agrupación Musical do Rosal.

A Sociedade Cultural do Viso abre a inscrición para un curso de ‘Conservas tradicionais’

0

A Antiga Escola de Tuimil do Vigo, Redondela, acollerá un curso de ‘Conservas Artesanais’ que se desenvolve a través do programa ‘Depo en Marcha’ 2019′ da Deputación de Pontevedra. A iniciativa, enfocada preferentemente a persoas maiores –o 70 % das prazas– comezará o día 23 de setembro e o prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de setembro.

O curso de ‘Conservas Artesanais’ ten un custe de 6 € e unha duración de 30 horas lectivas impartíndose as clases os luns entre as 16:30 horas e as 18:30 horas. As prazas son limitadas e outórganse por estrita orde de inscrición, tendo preferencia os socios e socias da Sociedade Cultural do Viso.

Para a celebración do curso precisase un mínimo de 15 persoas. A inscrición pode realizarse no teléfono 656 938 058 –chamando polas tardes ou enviando un WhatsApp– ou tamén a través do enderezo de correo electrónico [email protected].

Máis sobre o programa Depo en Marcha

Este programa ten por finalidade favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia de Pontevedra a través de distintos talleres que axuden a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a súa calidade de vida.

Está dirixido a asociacións, federacións ou confederacións e fundacións que desenvolven diferentes actuacións e traballos no ámbito das persoas maiores.

A Deputación revalida o seu apoio ao ‘Salitre Fest’ de Baiona

0

A Deputación de Pontevedra revalida, por segundo ano consecutivo, o seu apoio a unha nova edición do Salitre Fest, que se desenvolverá do 6 ao 8 de setembro en Baiona, “pola combinación ideal de deporte con ocio e familia que propón a programación do evento”, tal e como subliñou na presentación desta mañá, na praia da Ribeira, o deputado de deportes Gorka Gómez.

Na posta en valor de Salitre Fest, que naceu arredor do paddle surf, o deputado de Deportes, quen estivo acompañado da deputada de Turismo Ana Laura Iglesias, e o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, salientou que a institución provincial “apoiará todas as iniciativas e eventos que poñen en valor o noso territorio e os valores do deporte”.

Nese sentido, Gorka Gómez puxo como exemplo o Salitre Fest, que combina as probas deportivas –con percorridos que permitirán a súa visualización desde toda a localidade– con concertos e un área gastronómica para facilitar a presenza dun publico familiar. “Creo que esta é unha tendencia que hai que fomentar porque o deporte ten que involucrar a todas as familias, a toda a cidadanía”, apuntou.

O deputado Gorka Gómez destaca o apoio da institución provincial aos eventos “que poñen en valor o noso territorio e os valores do deporte”

O Salitre Fest incluirá na súa programación o primeiro Campionato Ibérico de SUP (paddle surf), que reunirá na praia de Ribeira a deportistas de toda a xeografía nacional e de Portugal e puntuará para o circuíto nacional da Copa de España de SUP Race.

Tamén se celebrarán as Sprints AESUP, en varias categorías e, en base as devanditas probas, este ano decidirase en Baiona o Campionato de España de Clubs.

A este respecto, o alcalde da localidade, Carlos Gómez, subliñou pola súa banda que “un evento así non podería celebrarse noutro lugar que Baiona” e destacou que “as administracións temos que traballar para ir máis alá do ámbito ibérico, para alcanzar maiores cotas”.

A oferta deportiva mesturarase no Salitre Fest coa de ocio, cunha zona market e gastronómica (coa presenza de foodtrucks) no parque de A Palma, onde tamén se desenvolverán os concertos.

Balneario de Mondariz, líder dos destinos elixidos polas españolas para viaxes individuais

Balneario de Mondariz lidera a clasificación dos destinos elixidos polas españolas para viaxes individuais, segundo acaba de publicar La Guia Fememnina, revista dixital nacional construída por mulleres e enfocada a mulleres, que destaca á vila termal galega na nova moda, que crece cada ano, de viaxes en solitario para reencontrase ou descansar da familia.

Na mesma selección de destinos, lugares como SHA Wellness Clinic de Alacante, Spa Bahía del Duque de Tenerife, Bliss Spa de Barcelona ou Hotel Castillo de Gorraiz Golf & Spa, Navarra na liña contornas de luxo, hoteis con tratamentos únicos, centros termais e de spa que o teñen todo para gozar dunha experiencia relaxante e pracenteira.

Para La Guía Femenina, Balneario de Mondariz conta cun emblemático centro termal onde beleza, saúde e descanso se san a man a través dun amplo programa de tratamentos personalizados, así como dunha contorna natural que convida a gozar da natureza.

E todo iso para unha aposta de viaxe en solitario buscando sentirse ben cunha mesma xa que está comprobado que as mulleres fóra da súa contorna habitual afianzan o seu carácter independente, así como as actitudes sociais ou o desexo de risco ou control de cada persoa.

A Guía Femenina, revista dixital nacional construída por mulleres e enfocada a mulleres, destaca á vila termal galega na nova moda de viaxes en solitario para reencontrarse ou descansar da familia

Por esa razón, viaxar en solitario fai que unhas vacacións adquiran unha dimensión sorprendente, porque implica tirar os dados e descubrir que tipo de sensación é en función tan só do parecer individual, da adaptación emocional aos acontecementos e das novas persoas que se coñezan no camiño.

O obxectivo, segundo o Balneario de Mondariz, “é iniciar o camiño en soidade e ir descubrindo a novas persoas, tanto viaxeiros como veciños e veciñas. Aprender outros costumes, outros acentos e formas de ver a vida, e facelo exactamente ao teu paso, sen negociar que facer e que rexeitar, nin moverche por máis prexuízos ou desexos que os teus propios”.

Xunta e Concello do Porriño asinarán un convenio para a cesión da parcela para ampliación do Centro de Saúde

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén citar hoxe á alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre para que o vindeiro día 3 de setembro, ás 11 horas, asine en Santiago o convenio de cesión da parcela que permitirá ampliar o Centro de Saúde da vila da Louriña.

O concelleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña “atende a queixa” recentemente formulada polo Concello do Porriño por unha suposta “descortesía institucional cos representantes dos veciños” sinala o executivo local.

Este é o segundo convenio que, para a ampliación do Centro de Saúde porriñés asina o Concello. O anterior foi referendado hai case que unha década polo anterior rexedor local, Nelson Santos e, posteriormente, ratificado pola actual alcaldesa no anterior mandato.

O Concello do Porriño tiña manifestado a pasada semana a súa queixa por non ter recibida información alguna do Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña nin do seu staff “sobre a licitación anuncíada da redacción do proxecto anunciada hai uns días polo Sergas a través dunha nota de prensa”.

Trescentas persoas participarán este próximo domingo na DepoAndaina por Salvaterra

A cuarta das sete DepoAndainas programadas este ano pola Deputación de Pontevedra, que se celebrará este domingo 1 de setembro, esgotou xa as 300 prazas postas a disposición de todas as persoas da provincia pola institución provincial. A maiores, o Concello de Salvaterra poderá ofertar outras 50 prazas adicionais.

A cuarta ruta do programa da Deputación, que esgotou as prazas antes de finalizar o prazo de inscrición, transcorrerá polo parque da Canuda e o paseo fluvial á Illa de Fillabona, no Baixo Tea

As 300 persoas inscritas farán un percorrido que levaralles polo Parque da Canuda e o paseo fluvial á Illa de Fillabona, no Baixo Tea.

É unha ruta só de mañá e a Deputación de Pontevedra pon a disposición das persoas inscritas autobuses desde Pontevedra e Vigo (con saídas desde a praza de Galicia no primeiro caso e desde a praza de España da cidade olívica) para que poidan desprazarse ata o punto de encontro (o Parque da Canuda, ás 10 da mañá).

As DepoAndainas, o programa de rutas que desenvolve a Deputación para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo sustentable, entrarán logo na súa recta final. En setembro se celebrará o itinerario polo Bosque encantado en Cangas e polas Illas Cíes en Vigo e, xa en outubro, terán lugar as dúas últimas rutas, polo monte de Santa Trega na Guarda e os muíños do Folón no Rosal, e pola ruta da Pedra e da Auga de Ribadumia.

Tui aposta por praias máis seguras e con máis servizos

0

O Concello de Tui aposta pola mellora da seguridade e os servizos nas praias fluviais do municipais, co obxectivo de poñer en valor estes espazos. Nesa liña, a praia de Areeiros, en Guillarei, conta xa con balizamento logo obter o Concello tudense os pertinentes permisos das distintas administracións. O investimento desta actuación, realizada con fondos propios, estivo en torno aos 3.700 euros.

Xa de cara a 2020 o Concello que preside Enrique Cabaleiro solicitará reunirse con Costas para abordar as actuacións a realizar. Amais a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra buscarase o financiamento para a mellora dos servizos aos areeiros tanto nos accesos, incluíndo o acceso para persoas con discapacidade, coma coa colocación de duchas.

Loli Castiñeira, “Salceda é a capital dos callos por constancia e por traballo”

A Praza do Concello de Salceda de Caselas acolleu na mañá de hoxe a presentación dunha nova edición da Festa dos Callos, a vixésimo sétima, que converterá a Salceda, en palabras da súa alcaldesa, Loli Castiñeira, na capital galega dos callos “por constancia, por traballo e porque as diferentes persoas que lles tocou nas edicións anteriores traballaron arreo”.

A alcaldesa de Salceda –que vive como rexedora local a súa primeira Festa dos Callos– estivo acompañada polo concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez; o presidente do grupo Señorío de Rubiós, Antonio Méndez e os representantes do grupo Coren Fernando Córdoba e Alejandro Alonso. Este último será, un ano máis, o encargado de dirixir a preparación dos callos na mesma Praza do Concello.

Era precisamente Alejandro Alonso o que ofrecía os datos que dan unha idea da dimensión dunha festa dos callos que prevé despachar un total de 20.000 racións de callos para as que, explicaba Alonso, empregaránse 2.100 kg de garbanzo, 425 kg de lacón, 350 kg de chourizo galego, arredor de 1.800 kg de ventre de vacuno, 900 kg de carne de pata de tenreira. En total, máis de 5 toneladas de produto que comezará preparse sobre as 1:30 horas para que estea todo preparado cara as 8:30, deixalos reposar unha horiña e comezar a despachar, para a veciñanza máis madrugadora, ás 9:30 horas.

Fernando Córdoba, director da unidade de negocio do grupo de Coren definía a Alejandro como un claro referente “de esforzo, traballo, compromiso, dedicación e sobre todo cercanía coa cultura galega” valores que son, dixo Fenando Córdoba, “o espírito da empresa Coren”

O Concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez, confirmou que os prezos “serán os mesmos que nas anteriores edicións”, é dicir, a ración de callos para degustar na propia festa, incluíndo o viño, o pan, o prato e a taza conmemorativas, terá un prezo de 8 €. Pero, por un prezo de 6 €/ración, tamén se poderán levar “en tarteira” para degustalos na casa. Ademais, por terceiro ano, na festa serviranse tamén callos sen gluten para que as persoas celíacas non deixen de disfrutar do evento.

Os callos estarán acompañados por un tinto Sousón de Señorío de Rubiós. Era precisamente Antonio Méndez, presidente do grupo, o que agradecía “á Corporación de Salceda de Caselas a oportunidade de presentar, nesta exquisita festa, o tinto da uva máis abundante de Rubiós, a variedade sousón“. Explicaba Méndez que os caldos de Rubiós sempre foron famososos polo retinto “que é precisamente a variedade de Sousón e que constitúe o 90 por cento da uva que se produce en Rubiós”.

Finalmente, Antonio Mendez destacou a importancia das festas locais “para axudar a vender e promocionar os tintos, que non sempre é doado” e lamentaba que, moitas veces, estes viños foran máis apreciados fora “que na casa”.

O showman Paco Lodeiro será o encargado de dar o pregón da festa o domingo ás 12 do mediodía, pregoeiro que volverá subirse ao escenario ás 21:00 horas para participar como vocalista na recuperada Orquestra Sur. Esta é solo unha pequena mostra do amplo abano de propostas culturais e de ocio que acompañarán os callos durante toda a fin de semana.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, agradeceu o traballo inmenso do Concelleiro de Cultura Alex Rodríguez para sacar a festa adiante, “así como o traballo e as ganas do equipo de goberno, recén chegado”. Tiña tamén palabras Castiñeira para “os voluntarios e voluntarias, protección civil, policía local e persoal municipal sen os que sería impensable que, un municipio de pouco máis de 9.000 habitantes puidera celebrar unha festa desta categoría e dimensión”.

Doutra banda a alcaldesa de Salceda salientou o desenvolvento, dentro da Festa dos Callos, da campaña Agresión OFF, polo que serán, apuntou, “os primeiros callos en igualdade”.

Salvaterra de Miño acolle a presentación do ‘IV Raid do Condado-Marqués de Vizhoja’

A Casa do Concello de Salvaterra de Miño acolleu na mañá de hoxe a presentación unha nova edición do ‘Raid do Condado-Marqués de Vizhoja’, a cuarta, que dará comezo o venres 30 de agosto e terá a súa clausura no Pazo La Moreira, das adegas Marqués de Vizhoja, en Arbo, o domingo 1 de setembro.

A presentación deste evento deportivo estivo presidido pola alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, á que acompañaban o tenente de alcalde Ernesto Groba; o concelleiro de Deportes Edgar Martínez; a concelleira de Deportes do Concello de Arbo, Vicenta Rodríguez; o concelleiro de Deportes do Concello das Neves, Óscar González; Javier Alvelo representante do FEGADO; Diego Fernández, presidente do Club Marqués de Vizhoja-Cornelios e Jorge Peláez, presidente y propietario das adegas ‘Marqués de Vizhoja’.

A proba contará, como todos os anos, con equipos chegados dende diferentes comunidades autónomas ao ser, como se comentou na presentación do evento, “unha data que anotan en vermello para non perdela por todo o que gozan tanto na durísima carreira, que terá unha duración de dous días, coma na recepción e na entrega de premios” acto, este último, que terá lugar no pazo do século XVIII Torre La Moreira, sede das adegas ‘Marqués de Vizhoja’.

O venres 30 de agosto recibiranse aos primeiros equipos e procederase á entrega de dorsais e pinzas a cada un dos compoñentes dos equipos, pinzas coas que terán que convivir estes dous días, dado que nelas almacénanse todos os datos para a súa descarga nas seccións que indique a organización e posteriormente configurar o pódium do evento

O sábado 31 de agosto seguiranse entregando dorsais a aqueles equipos que se desprazan o mesmo día do evento para posteriormente, ás 9:00 h tomar a saída e dar así inicio ao IV Raid do Condado.

O evento está organizado polo Club Marqués de Vizhoja-Cornelios e conta coa colaboración dos concellos de Arbo, As Neves, A Cañiza e Salvaterra de Miño.

Un encontro deportivo cuxo obxectivo é a promoción turística do Condado Paradanta, “ademais de vincularse coa sociedade a través de colaboracións coa asociación ‘Fibrose Quística de Galicia’, apoio que vén dándose desde os comezos do Club”, sinalaron na presentación do Raid.