15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas prepara unha nova edición da Feira Tradicional dos Remedios chea de...

    Ponteareas prepara unha nova edición da Feira Tradicional dos Remedios chea de novidades

    O concello de Ponteareas, a través das concellerías de Cultura que dirixe Fernando Groba e de Eventos que dirixe Cristina Fernández, deu a coñecer o programa de actividades dunha nova edición da Feira Tradicional dos Remedios que chega a súa décimo terceira edición e que se celebrará o vindeiro sábado 7 de setembro.

    Cargada de moitas novidades a Feira Tradicional dos Remedios recreará, un ano máis, os mercados que se celebraban a principios do século XX e todos, comerciantes e participantes, irán ataviados coa roupa desa época.

    Entre as novidades desta edición está a recuperación da Feira Vella como epicentro de exhibicións de gando e promoción de especies autóctonas como o porco celta ou o cabalo de pura raza galega.

    Deste xeito, a Feira Tradicional dos Remedios amplía fronteiras, sendo igualmente a praza de Bugallal e as rúas Vidales Tomé e Morales Hidalgo os centros neurálxicos para mercar produtos de alimentación e artesanais, e a praza da Música o lugar onde degustar o tradicional polbo á feira.

    A Feira Tradicional dos Remedios recupera a Feira Vella como epicentro de exhibicións de gando e promoción de especies autóctonas

    Complementos, cerámicas, tecidos, xogos, produtos de coiro, cosmética natural, sementes, produtos da horta, plantas mediciñais, embutidos, marmeladas, chocolates e un longo etc de agasallos e ofertas para que a cesta da compra vaia chea de calidade e sabores da terra.

    Entre as novidades tamén está a celebración do XXXII Festival Folclórico do Condado que este ano se enmarca no programa da Feira dos Remedios abrindo a xornada festiva e comercial cunha ruada dende a casa do concello e con actuacións ao longo de toda a mañá e de toda a tarde.

    A partir das 10:30 horas poderase visitar o Poni Club no parque da Feira Vella, tamén ás 16:30 horas. Ás 11 horas e as 13 horas as rúas da Feira vivirán a visita do cego e dos seus cantares.

    Ás 11 horas veciñanza e visitantes terán a oportunidade de coñecer os nosos cabalos de pura raza galega no parque da Feira Vella e ás 12 horas haberá exhibición de salto do Club Hípico Char no IES Val do Tea que tamén acollerá ás 13 horas a exhibición de andadura PURAGA.

    Pola tarde de 17 a 19 horas o parque da Feira Vella ofrecerá un concurso morfolóxico de can de palleiro e tamén poderemos gozar da música dos grupos do XXXII Festival Folclórico do Condado que actuarán polas rúa ata as 19 horas que será o momento do baile final e clausura diante da casa do concello.

    O concello convida a todo o mundo a vestirse de época, a tirarse unha foto no photocall ubicado na praza Bugallal coa opción de participar no sorteo de agasallos e a pasear na carruaxe de cabalos que estará dispoñible durante toda a xornada totalmente de balde para quen queira pasear entre a praza Bugallal e o parque da Feira Vella.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.