7.9 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasOs pementos de Guláns, outro nivel

    Os pementos de Guláns, outro nivel

    Organizada pola concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe Eva Gil, e pola asociación Amigos do Pemento de Guláns en colaboración coa asociación Artístico Cultural de Guláns, o parque da Avisoureira acollerá este domingo día 1 de setembro unha xornada gastronómica con menú degustación de pementos asados acompañado de churrasco e marmelada de pemento e tetilla.

    Esta quinta edición tamén ofrecerá un mercadiño sostible no que atopar produtos locais artesáns e produtos bio ademais de produtos da horta, postos de antigüidade, de segunda man e de téxtil.

    Menú degustación de pementos asados, churrasco e marmelada de pemento e tetilla, animación musical e mercadiño sostible a partir das 10:30 h

    Ás 12:30 horas o exdirector da banda de música Xuvenil de Xinzo e exconcelleiro municipal, Bolívar González Rodríguez, lerá o pregón e a animación musical será a cargo de Ronco Fol.

    O parque da Avisoureira xa está preparada para presumir de pementos de primeira e abrirá as portas desta festa exaltación a partir das 10:30 horas.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.