21.8 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoCurso de 'Creación de textís electrónicos-robótica' en Tomiño

    Curso de ‘Creación de textís electrónicos-robótica’ en Tomiño

    O Concello de Tomiño vén de organizar un novidoso obradoiro de Creación de Textís Electrónicos-Robótica, os días 4 e 5 de setembro. Nesta actividade, especialmente dirixida á poboación moza do concello, as persoas asistentes deseñarán e montarán unha camiseta electrónica ou outra peza textil con leds e sensores.

    Previamente, o alumnado recibirá unha aproximación ao concepto de robótica (sensores e actuadores) e aprenderá a construir e programar robots, co fin de promover a súa creatividade e pensamento computacional.

    A actividade está dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e 18 anos. As clases serán os días 4 e 5 de setembro, de 11 h a 13 horas na Aula CeMIT de Tomiño, no Campo da Feira s/n. O custe da inscrición é de 15 euros e aínda quedan prazas libres.

    A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, salienta a idea de ofrecer dende o Concello actividades que respondan aos intereses da poboación nova, “rompendo as veces, coas propostas máis tradicionais, co fin de dar a coñecer materias novidosas que poidan servir, tanto coma hobby, ou coma punto de partida dunha posible saída laboral”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.