11.6 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación abre o luns a inscrición para a DepoAndaina de Cangas...

    A Deputación abre o luns a inscrición para a DepoAndaina de Cangas e Cíes

    A Deputación de Pontevedra abrirá este luns 2 de setembro o prazo de inscrición para que as persoas interesadas podan apuntarse á DepoAndaina por Cangas e as Illas Cíes, a quinta das rutas programadas este ano pola institución provincial para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo, que se celebrará o 29 de setembro.

    Como en todas as DepoAndainas, a Deputación ofrece 300 prazas para participar neste itinerario, que se desenvolverá pola mañá e pola tarde do domingo. Así, na ruta da mañá, as persoas participantes percorrerán o coñecido Bosque Encantado de Aldán e poderán contemplar as vistas da Costa da Vela, un dos mellores enclaves naturais das Rías Baixas situado no concello de Cangas.

    Unha vez finalizada esta primeira andaina, desprazaranse desde o porto de Cangas ás Illas Cíes, onde desfrutarán dun almorzo e realizarán posteriormente a espectacular ruta do Monte Faro. En total, a DepoAndaina suma 10,5 quilómetros (3 en Aldán e 7,5 en Cíes) e ten unha dificultade media.

    A quinta etapa do programa deste ano celebrarase o día 29 de setembro cunha camiñada por Aldán e a Costa da Vela, e outra pola ruta do Monte Faro nas Cíes

    A camiñada está aberta a persoas de toda a provincia e de todas as idades, para facilitar a súa participación, a Deputación habilita autobuses que sairán dende a praza de Galicia, de Pontevedra, e da praza de España, de Vigo.

    A inscrición neste itinerario por Cangas e Cíes está aberto ata o 18 de setembro e as persoas que estean interesadas deberán cumprimentar o impreso de solicitude na páxina web www.depo.gal. Amais das 300 prazas previstas, o Concello de Cangas poderá ofertar outras 50 adicionais.

    As DepoAndainas volverán despois xa en outubro, en que terán lugar as dúas últimas rutas das sete programadas: o día 6 polo monte de Santa Trega na Guarda e os muíños do Folón no Rosal (a inscrición abre o 23 de setembro) e o día 12 pola ruta da Pedra e da Auga de Ribadumia (abre o prazo o 30 de setembro).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.