12.4 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaA Sociedade Cultural do Viso abre a inscrición para un curso de...

    A Sociedade Cultural do Viso abre a inscrición para un curso de ‘Conservas tradicionais’

    A Antiga Escola de Tuimil do Vigo, Redondela, acollerá un curso de ‘Conservas Artesanais’ que se desenvolve a través do programa ‘Depo en Marcha’ 2019′ da Deputación de Pontevedra. A iniciativa, enfocada preferentemente a persoas maiores –o 70 % das prazas– comezará o día 23 de setembro e o prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de setembro.

    O curso de ‘Conservas Artesanais’ ten un custe de 6 € e unha duración de 30 horas lectivas impartíndose as clases os luns entre as 16:30 horas e as 18:30 horas. As prazas son limitadas e outórganse por estrita orde de inscrición, tendo preferencia os socios e socias da Sociedade Cultural do Viso.

    Para a celebración do curso precisase un mínimo de 15 persoas. A inscrición pode realizarse no teléfono 656 938 058 –chamando polas tardes ou enviando un WhatsApp– ou tamén a través do enderezo de correo electrónico acsmviso@gmail.com.

    Máis sobre o programa Depo en Marcha

    Este programa ten por finalidade favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia de Pontevedra a través de distintos talleres que axuden a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a súa calidade de vida.

    Está dirixido a asociacións, federacións ou confederacións e fundacións que desenvolven diferentes actuacións e traballos no ámbito das persoas maiores.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS