O Concello de Tui aposta pola mellora da seguridade e os servizos nas praias fluviais do municipais, co obxectivo de poñer en valor estes espazos. Nesa liña, a praia de Areeiros, en Guillarei, conta xa con balizamento logo obter o Concello tudense os pertinentes permisos das distintas administracións. O investimento desta actuación, realizada con fondos propios, estivo en torno aos 3.700 euros.
Xa de cara a 2020 o Concello que preside Enrique Cabaleiro solicitará reunirse con Costas para abordar as actuacións a realizar. Amais a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra buscarase o financiamento para a mellora dos servizos aos areeiros tanto nos accesos, incluíndo o acceso para persoas con discapacidade, coma coa colocación de duchas.