10.8 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación adxudica 51 novas bolsas para prácticas de FP en empresas...

    A Deputación adxudica 51 novas bolsas para prácticas de FP en empresas e institucións europeas

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe a adxudicación por parte da Xunta de Goberno das novas bolsas de mobilidade para o alumnado de FP participante no proxecto ‘Practicum Depo 2018’. Trátase da sexta mobilidade e, como subliñou Silva, a penúltima desta iniciativa bianual, que deu comezo coa primeira saída de alumnado no 2018 e rematará o 31 de maio de 2020 coa chegada do sétimo grupo.

    Silva lembrou que o obxectivo deste programa de mobilidade para mozas e mozos titulados de Formación Profesional “é colaborar na súa integración no mundo laboral a través de prácticas profesionais en empresas e institucións estranxeiras”. Para esta nova mobilidade, a Deputación vai destinar 354.355 euros para 51 alumnas e alumnos de 18 centros educativos da provincia, que permanecerán en Finlandia, Grecia, Irlanda, Italia, Malta e Portugal durante 162 días (algo máis de cinco meses).

    Máis polo miúdo, as persoas beneficiarias proceden de 5 centros de Vigo, 4 de Pontevedra, 2 de As Neves e un de Salvaterra, A Illa de Arousa, A Estrada, Redondela, Sanxenxo, Lalín e Bueu, e recibirán bolsas por contías que abranguen entre os 6.460 e os 7.727 euros. En total, neste programa bianual ‘Practicum Depo 2018’, que rematará en maio de 2020 coa chegada da sétima mobilidade, participan 104 estudantes e docentes de 32 centros da provincia, cun investimento de 672.278,40 euros.

    Trátase da sexta mobilidade do “Practicum Depo” coa que as persoas beneficiarias viaxarán a Finlandia, Grecia, Irlanda, Italia, Malta e Portugal

    Ata o momento, incluíndo o vixente de 2018, a institución provincial leva postos en marcha catro ‘Practicum Depo’, nos que en total está a investir máis de 2 millóns de euros. A través desta iniciativa, 400 mozas e mozos da provincia desfrutaron xa de mobilidades no estranxeiro, “mellorando a súa formación e acadando máis recursos para mellorar a súa empregabilidade”, como destacou a presidenta da Deputación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.