18.3 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeA ParadantaCoveloA Xunta mellora a accesibilidade á praia de Maceira, en Covelo

    A Xunta mellora a accesibilidade á praia de Maceira, en Covelo

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras de mellora de accesibilidade que o concello de Covelo realizou na praia de Maceira grazas as axudas para a mellora das infraestruturas turísticas da Consellería de Cultura e Turismo e que supuxeron un investimento de algo máis de 50.000 euros.

    Estas axudas, segundo explicou Cores Tourís quen na visita estivo acompañado polo alcalde de Covelo, Pablo Castillo, teñen como obxectivo “fomentar a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos no medio rural cara a consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística”.

    En canto aos traballos executados na praia de Maceira en Covelo, o delegado puido comprobar como se levou a cabo a adecuación da comunicación peonil entre o novo parking desta área e a praia fluvial. Así, construíuse un pequeno muro de contención de pedra para estabilizar o noiro existente e conseguir un maior ancho de circulación de persoas. O muro é de mampostería de granito. Tamén se colocaron vallas de madeira de protección e pavimentouse a beirarrúa. En total, o investimento destinado a esta obra foi de 77.057 euros, dos cales, 50.087 foron aportados pola Consellería de Cultura e Turismo.

    Con esta liña de axudas os concellos poden levar a cabo traballos de recuperación paisaxística, iluminación ornamental dos recursos turísticos, recuperación de miradoiros, embelecementos de vías, soterramento de colectores de residuos ou eliminación de cabreado aéreo. Tamén se pode poñer en valor turístico recursos distintos do aloxamento de persoas, recuperar elementos de interese etnográfico ou de arquitectura rural, así como eliminar barreiras arquitectónicas.

    En total, a Xunta de Galicia mobilizou 2,5 millóns de euros para este fin o pasado ano, dos cales, a provincia de Pontevedra beneficiouse de 727.143 euros para un total de 27 concellos que investiron un total de 1,1 millón de euros en este tipo de obras.

    Na comarca do Condado-Paradanta foron seis os concellos beneficiados: Covelo, Crecente, A Cañiza, Arbo e As Neves, cunha axuda total de 154.437 euros.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS