O pasado mércores 28 de agosto se daba por rematada a instalación do parque infantil de Chan de Conde na rúa Concepción Arenal, na Guarda, unha área infantil cuns elementos que , segundo sinalou o alcalde Antonio Lomba, “poden resultar inseguros” ao estar nunha superfice inclinada polo que pediu aos responsables da obra que tomen as medidas adecuadas.
Antonio Lomba, mantivo xa contactos tanto co promotor da obra, a Deputación de Pontevedra, coma coa empresa que está a executar a instalación, para trasladarlle a súa “preocupación e insatisfacción pola inseguridade e o acabado estético do parque”.
O rexedor local reclamou dos responsables da obra “que tomen as medidas necesarias” para certificar que o parque é seguro e cumpre coa normativa. De non ser así, Lomba instou a que fagan “as actuación e correccións necesarias para que a instalación poda usarse polos máis pequenos con tódalas garantías”.