12.4 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaA Deputación revalida o seu apoio ao 'Salitre Fest' de Baiona

    A Deputación revalida o seu apoio ao ‘Salitre Fest’ de Baiona

    A Deputación de Pontevedra revalida, por segundo ano consecutivo, o seu apoio a unha nova edición do Salitre Fest, que se desenvolverá do 6 ao 8 de setembro en Baiona, “pola combinación ideal de deporte con ocio e familia que propón a programación do evento”, tal e como subliñou na presentación desta mañá, na praia da Ribeira, o deputado de deportes Gorka Gómez.

    Na posta en valor de Salitre Fest, que naceu arredor do paddle surf, o deputado de Deportes, quen estivo acompañado da deputada de Turismo Ana Laura Iglesias, e o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, salientou que a institución provincial “apoiará todas as iniciativas e eventos que poñen en valor o noso territorio e os valores do deporte”.

    Nese sentido, Gorka Gómez puxo como exemplo o Salitre Fest, que combina as probas deportivas –con percorridos que permitirán a súa visualización desde toda a localidade– con concertos e un área gastronómica para facilitar a presenza dun publico familiar. “Creo que esta é unha tendencia que hai que fomentar porque o deporte ten que involucrar a todas as familias, a toda a cidadanía”, apuntou.

    O deputado Gorka Gómez destaca o apoio da institución provincial aos eventos “que poñen en valor o noso territorio e os valores do deporte”

    O Salitre Fest incluirá na súa programación o primeiro Campionato Ibérico de SUP (paddle surf), que reunirá na praia de Ribeira a deportistas de toda a xeografía nacional e de Portugal e puntuará para o circuíto nacional da Copa de España de SUP Race.

    Tamén se celebrarán as Sprints AESUP, en varias categorías e, en base as devanditas probas, este ano decidirase en Baiona o Campionato de España de Clubs.

    A este respecto, o alcalde da localidade, Carlos Gómez, subliñou pola súa banda que “un evento así non podería celebrarse noutro lugar que Baiona” e destacou que “as administracións temos que traballar para ir máis alá do ámbito ibérico, para alcanzar maiores cotas”.

    A oferta deportiva mesturarase no Salitre Fest coa de ocio, cunha zona market e gastronómica (coa presenza de foodtrucks) no parque de A Palma, onde tamén se desenvolverán os concertos.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS