9.6 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoA Bienal de Arte de Cerveira acolle a exposición das obras do...

    A Bienal de Arte de Cerveira acolle a exposición das obras do Certame de Pintura Antonio Fernández 2019

    As máis de 50 obras do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández 2019, poden visitarse na Fundaçâo Bienal de Arte de Cerveira, até a semana próxima. A mostra, prevista inicialmente so para esta semana, inclúe as tres obras premiadas, estando a disposición das persoas interesadas o contacto dos autores para posibles compras.      

    O sétimo certame de pintura ao aire libre tivo lugar en Goián e Vila Nova de Cerveira o 18 de agosto pasado, dando a  oportunidade a disfrutar da arte de pintores cunha longa experiencia nesta modalidade e tamén de novas figuras procedentes de varios puntos da Península e Estranxeiro.

    O Certame naceu no ano 2012 froito da programación do ‘Ano Antonio Fernández’, iniciándose unha andaina que a día de hoxe móstrase como unha cita cultural consolidada.

    Como novidade, este ano o evento ampliou o seu percorrido a Cerveira, formando parte da programación Eurocidade Cerveira-Tomiño e grazas á participación da Fundación da Bienal de Arte. Deste xeito, ambas vilas foron retratadas polos artistas que visitaron ambos os dous municipios fronteirizos.

    As obras premiadas foron unha vista de Cerveira dende a praia de Goián, de Rafael Carrasco (Toledo) que se fixo co primeiro galardón. O segundo e terceiro premio foron para Leticia Gaspar (Bilbao) e para Antonio Lorenzo (Mondariz).

    O 1ºpremio estivo dotado con 1.500 € e financiado polo Concello de Tomiño, mentres que os dous seguintes (2º e 3º) con 500 €, custeados pola Comunidade de Montes de Goián e pola Fundación da Bienal de Cerveira, respectivamente.

    O Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández integra as actividades desenvolvidas pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, no ámbito da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto  cofinanciado ao 75 % polo programa INTERREG VA POCTEP, con fondos FEDER da Unión Europea.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.