A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, convida á cidadanía a desfrutar das Xornadas de Teatro Amador que volven ao Auditorio Municipal esta fin de semana coas obras ‘O Pequeno Poni’ do grupo de teatro «Peta na Porta» o sábado 19 ás 20:30 horas.
Para o domingo 20, ás 19 horas, está prevista a representación da obra obra ‘Queremos casar a filla!’ Do grupo de teatro «Pedra do Cabalo».
Petanaporta Teatro convida a
desfrutar dunha experiencia dramática, intensa e conmovedora. Unha
reflexión sobre a liberdade, o medo e o instinto de protección,
retrato da cegueira, da ineptitude e dos prexuízos sociais dos
adultos. Unha obra inspirada en feitos reais, dedicada a todas as
nenas e os nenos que sufriron agresións e insultos sen que ningún
adulto ao seu redor fixera nada por evitalo.
Este grupo de teatro fúndase
no ano 2017 como unha asociación cultural sen ánimo de lucro na
procura dunha producción teatral afeccionada propia que promova a
lingua galega e a paixón polas artes escénicas. Esta labor faise
posible grazas ás axudas para a promoción da lingua da Deputación
de Pontevedra e a colaboración con outras entidades públicas, como
neste caso, a Universidade de Vigo.
Petanaporta tráelles o
traballo de Paco Bezerra á escena co corazón, insistindo na urxente
necesidade de reflexión sobre a problemática de acoso na sociedade
infantil.
As ‘Anpa Solleiro’ do IES Tomiño; a ‘Anpa do CEIP Pintor Antonio Fernández’ de Goián e a ‘Anpa Pena do Equilibrio’ do CEIP Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas recibirán, en total, 9.000 euros da Xunta de Galicia para desenvolver actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia machista.
Un total de 35 anpas de toda a provincia beneficiaránse destas axudas que acadan case que os 105.000 euros. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís,destacou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Secretaría Xeral de Igualdade que dá conta da ampliación do orzamento da orde destas subvencións destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero postas en marcha polas Asociacións de Nais e Pais galegas (Anpas).
José Manuel Cores Tourís destaca que desta forma búscase “amparar ao maior número posible de solicitudes”, tendo en conta que é a primeira vez que se publica unha convocatoria destinada a estas entidades e debido á elevada demanda.
Estas
axudas, financiadas no desenvolvemento do Pacto de Estado contra a
Violencia de Xénero, estaban dotadas nun principio cun total de
300.000 euros. Agora, tras incrementar o crédito, a contía elevase
en 80.000 euros ata os 380.000. Cada solicitude poderá recibir un
máximo de 4.000 euros se é de carácter individual; ou de 7.000
euros, no caso das peticións conxuntas presentadas por dúas ou
máis Anpas dun mesmo concello ou por unha federación ou
confederación de Anpas.
Ao abeiro desta orde de axudas, poderán financiarse programas e actividades de difusión dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarias, ás familias, ás Anpas e á comunidade educativa.
Entre as actuacións subvencionables inclúense escolas de pais e nais que aborden temas de igualdade, de educación afectivo-sexual e sobre violencia de xénero; a elaboración de materiais informativos para nais e pais que lles axuden a detectar estes casos; a realización de accións de formación, sensibilización e difusión contra a cosificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas; a formación para pais e nais ou mozos e mozas sobre o uso adecuado e crítico das novas tecnoloxías, sobre todo no que se refire á protección da privacidade e os ciberdelitos; accións de formación coas familias e o alumnado sobre novas masculinidades ou micromachismos; e outras accións que sensibilicen sobre os estereotipos e que dean a coñecer as pautas para previr a violencia de xénero o os protocolos existentes en casos de agresións.
A Xunta considera “fundamental” a implicación das Anpas galegas para poder chegar ás familias e ao alumnado galego e dotalos das ferramentas necesarias para promover unhas relacións respetuosas e en igualdade que preveñan e axuden a erradicar todas as formas de violencia de xénero.
“As parroquias de Redondela acollerán, cada quince días, unha serie actividades que contribúan activamente ao empoderamento da muller, a acadar unha igualdade real entre homes e mulleres e a erradicación das violencias machistas”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas trala celebración, na pasada semana, do primeiro Consello Municipal da Muller deste mandato.
Entre
outros puntos, este organismo municipal presidido pola concelleira de
Igualdade, neste caso a propia alcaldesa Digna Rivas, tratou das
actividades a desenvolver durante o vindeiro ano. Unha das propostas
que rexedora local presentou, para ser sometida a votación, era ou
ben continuar cos minutos de silencio tal e como se viñan facendo
ata o de agora, proposta que foi rexeitada por unha ampla maioría do
Consello, ou ben desenvolver nas parroquias dúas veces ao mes
programas dirixidas ao empoderamento feminino, opción esta última
que acadou o respaldo do Consello.
As
actividades a realizar nas parroquias desenvolveríanse en tres días
no que, un deles estaría destinado a unha Xornada de Convivencia, un
segundo día de charlas coloquio, con temas elixidos polo Consello
Municipal da Muller e, finalmente un terceiro día destinado a
talleres de igualdade que correrían a cargo de técnicas tituladas
en Igualdade.
“En
cada unha das xornadas de convivencia –aclara Digna Rivas–,
desenvolveríase o minuto de silencio co que conséguese, por unha
banda, que as veciñas e veciños das parroquias poidan participar
nestas mostras silenciosas de repulsa á violencia machista –ás
que tamén pode sumarse veciñanza doutras parroquias– e, por outra
banda, estariamos a facer dous minutos de silencio ao mes, co que se
lle daría maior visibilidade”.
Cómpre
salientar, sinala a concelleira de Igualdade e alcaldesa de
Redondela, Digna Rivas, que o Consello Municipal da Muller “é un
organismo no que están representados todos os colectivos de mulleres
de Redondela, sindicatos e representantes dos partidos políticos”
e que, polo tanto, “adopta as súas decisións libremente e de
xeito totalmente democrático e transparente”.
Asegurar
que “a alcaldesa elimina os minutos de silencio”, recalca Digna
Rivas, “non só é unha falsidade, senón unha terxiversación
interesada do acontecido no Consello Municipal da Muller, amais dunha
falta de respecto ás decisións adoptadas polo propio Consello”.
Digna
Rivas adiantou que o día 11 de novembro, haberá unha reunión
extraordinaria do Consello da Muller para concretar todas as
actividades que se van facer cara ao día 25 de novembro, Día
Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
PSOE e BNG subscribiron, na noite de onte, un pacto que permitirá a formación dun Goberno de coalición presidido pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e no que o voceiro nacionalista Pedro Pereira será o primero tenente alcalde e Lourdes Moure, voceira socialista, ocupará a segunda tenencia de alcaldía.
“O acordo que
temos firmado pon en común un proxecto compartido para desarrollar
políticas de urbanismo, infraestructuras, servizos sociais e noutros
eidos da xestión do Concello”, valorou Eva García que ponderou
“a transparencia que imos reforzar na acción municipal outorgando
máis delegacións e polo tanto maior importancia ós acordos que
adoptará a xunta de goberno local”.
O reparto de responsabilidades e delegacións no goberno municipal
coaligado así como as primeiras directrices da xestión serán
explicadas nunha comparecencia conxunta que Eva García e Pedro
Pereira protagonizarán nos vindeiros días.
O PSdeG-PSOE presentou hoxe, oficialmente, as candidaturas ao Congreso dos Deputados e ao Senado pola provincia de Pontevedra para as vindeiras Eleccións Xerais. Por segunda vez consecutiva, Redondela está presente nestas listas con Olga Rodríguez Puga que repite como candidata ao Congreso.
A agrupación socialista de Redondela amosaba a súa satisfacción polo feito de que Olga Rodríguez estea novamente incluída nas listas. “Olga –subliña o PSOE redondelán– sempre implicada no tecido asociativo da nosa Vila e con experiencia profesional e de emprendemento é unha muller de sobra preparada para defender os intereses da veciñanza de Redondela no Congreso dos Deputados”
Olga García Puga
Olga García considera que “repetir novamente na candidatura ao Congreso é un orgullo para min e sobre todo unha responsabilidade, temos que conseguir convencer a toda a veciñanza progresista que está desanimada que hai que ir votar o 10N.”
A candidata socialista afirma rotunda que “non podemos deixar que o PP abrazado a Vox recupere espazo, teño claro que un voto para o PP será un voto para poñer a Abascal de Vicepresidente e iso sería un retroceso enorme para todo o país”.
Os socialistas repiten as listas gañadoras do 28 de abril onde acadaron un resultado histórico quedando como primeira forza na provincia e en Galicia.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle mañá xoves, 17 de outubro, ás 18 h o contacontos musical ‘A música da auga’ a cargo do Bardo Abelardo. Esta proposta vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 11 anos. A entrada é de balde até completar a capacidade do local. Esta actividade forma parte do programa organizado para conmemorar o Día da Biblioteca.
‘A música da auga’ é un conto musical que pon en valor a parte feminina das nosas vidas: a auga, a terra, a tenrura, a paz e solidariedade e acabar así con todo tipo de violencias.
O programa de actividades do Mes da Biblioteca
organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui continuarán
coas seguintes propostas:
Do luns 21 ao domingo 27 de outubro, a Biblioteca Municipal tudense ofrecerá un agasallo de libros descatalogados ou procedentes de doazóns a todos os usuarios que se acheguen ata este centro bibliotecario.
Xoves, 24 de outubro, Día da Biblioteca, ás 18:00 h na Biblioteca Pública Municipal ‘A pirata escarlata’ con Marisa Irimia, ilustradora, contacontos e animadora da lectura. Esta actividade trata de rapazas que capitanean perigosos barcos piratas, rapaces que pilotan naves espaciais, nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas. Vai dirixida a nenas e nenos de 4 a 11 anos de idade.
Sábado, 26 de outubro, saída ás 17 h da Biblioteca Pública Municipal da Ruta Literaria guiada pola escritora Marga do Val e o historiador Rafael Sánchez Bargiela. Realizará un percorrido por diversos lugares ligados a escritores tudenses, lembrando a súa traxectoria e as súas obras.
Esta actividades forman parte do programa Ler conta moito en igualdade da Consellería de Cultura e Turismo dentro das actividades de dinamización da lectura que promovan a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia e que forma parte do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
O Plan de Mobilidade, cando menos no referente a un treito da rúa Concepción Arenal foi, polo que a primeira vista parece e sen tempo a entrar noutras fonduras, o motivo da ruptura do pacto de goberno da Guarda e da renuncia do BNG ás súas concellerías. O que prevíase como un Goberno sólido tralas eleccións e a sinatura do pacto de goberno tiña, polo visto, visto un ‘Talón de Aquiles’, un punto de confrontación con nome de muller ilustre: Concepción Arenal.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, acompañado polos concelleiros e concelleiras do grupo municipal socialista, mantiña na mañá de hoxe un encontro cos medios de comunicación, na Casa dos Alonsos, para dar a coñecer a súa versión dos feitos que levaron á ruptura do pacto de Goberno asinado tan só catro meses antes.
Lamentaba o rexedor guardés que se tivera chegado a este punto xa que, afirmou “as discrepancias dun Goberno deben resolverse coas cesións de ambas partes e sempre arredor dunha mesa e non nos medios de comunicación”. Nese sentido aseguraba Lomba que, neste tema, “se de algo pecamos, foi de mesura intentando, durante moito tempo, resolver o problema”.
No encontro coa prensa, Antonio Lomba facía unha exposición clara e detallada dos feitos que se remontan ao pacto de Goberno, un pacto que non tiña máis obxectivo, sinalaba o Alcalde da Guarda “que cumprir o mandado dos electores guardeses de acadar un goberno de progreso forte con dez concelleiros e concelleiras”.
“
“Só fixen uso das miñas atribucións como alcalde, cando o BNG incumpriu co acordado”
De feito, reflexionaba Lomba, “antes de asinar o acordo houbo que negociar bastante o Plan de Mobilidade da rúa Concepción Arenal”. Finalmente, no acordo de goberno sinalaba que dita rúa “tería o tráfico que indica o Plan de Mobilidade”.
A partir dese momento, en que parecía que as diferencias estaban salvadas é cando comezan as sorpresas ao instalar o BNG, que tiña as competencias en Tráfico e Mobilidade “unhas sinalizacións de tráfico que non se correspondían co que tíñamos pactado”. Unha sinalización, explicou Antonio Lomba, “que prohibía a circulación de vehículos convertindo un treito importante da rúa en peonil”.
Para non ocasionar “nin gastos innecesarios nin máis confusión sobre o tema”, explicaba o alcalde da Guarda, solicítase á Deputación a paralización da sinalización definitiva ata que non se aclarase a situación. Posteriormente, o 2 de setembro, celébrase unha reunión na Deputación coa presenza de representantes dos grupos municipais socialista e nacionalista da Guarda, o deputado de Mobilidade da deputación e o equipo técnico que fixo o seguimento da obra e redactou o proxecto modificado de Concepción Arenal.
Nesa xuntanza de traballo, pedíuselle ao BNG por parte do deputado de Mobilidade, que reconsiderara a súa postura “avalando a proposta recollida no pacto de Goberno que cumpría cos criterios do Plan de Mobilidade. Dixeron que o ían considerar pero nunca se recibiu unha resposta”, asegurou Lomba.
“
“Actuei sempre en defensa dos intereses dos veciños e dos compromisos que adquirin con eles ao asinar o acordo de goberno”
O alcalde guardés insistiu, como o fixo ao longo de todo o encontro coa prensa, na súa intención de reconducir a situación convencido, dixo, “que discrepancias as hai en todas as familias e por suposto nos gobernos de coalición” pero, esa intención trúncase ao facelas públicas o BNG antes dun Pleno no que, segundo a explicación do rexedor local da Guarda, “o BNG amais de reafirmarse na súa postura sobre Concepción Arenal tamén fixo referencia á peonalización de outras rúas que non estaban contempladas nin no Plan de Mobilidade nin nos acordos de Goberno”.
Antonio Lomba non dubidou ao afirmar que “non é de recibo a falta de lealdade do BNG con este alcalde e coa institución que represento” e expresaba o seu convencemento de ter actuado, “en todo momento coa máxima responsabilidade e mesura, sempre aberto ao diálogo e sempre informando aos nosos socios de goberno, con antelación, dos pasos que fun dando”.
Finalmente, Antonio Lomba aclaraba que a folla de ruta que tiñan marcada “non variaba moito” porque detrás, asegurou, “tíñamos moito traballo feito e non houbo tempo de combinar os nosos proxectos cos do BNG para facer unha ruta de Goberno conxunta para estes catro anos”.
Queda agora un goberno de cinco concelleiros e concelleiras que teñen, por unha banda ao seu favor, catro anos de goberno ás costas e un fondo coñecemento da política municipal. En contra, unha oposición de 12 concelleiros e concelleiras –5 do BNG e 7 do PP– cos que o Goberno estará obrigado a chegar a acordos para sacar adiante temas importantes como os Orzamentos Municipais.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu na mañá de onte á xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia, presidida por Patricia García, con motivo da reunión que, por vez primeira, se realizou na sede de Vigo da institución provincial.
No transcurso do encontro, no que ademais de Silva e García participaron a vicepresidenta e o vicepresidente da entidade, o secretario e as/os vogais, enxalzouse a necesidade de sumar sinerxías, apostar pola responsabilidade social corporativa e polo medio ambiente e visibilizar ás mulleres na empresa.
“Vivimos tempos complicados e todas e todos temos as mesmas preocupacións en canto á situación de estabilidade económica, sobre todo con respecto a algunhas decisións que se están a tomar en países como Reino Unido, Estados Unidos ou China. Hai moitos retos complexos, pero apaixonantes, e temos a obriga ética de aportar a este tempo de grandes transformacións, porque podemos ser protagonistas dese cambio”, asegurou Silva.
Ante esta situación, a presidenta referiuse á importancia de compartir, sumar sinerxías, relacionarse e interactuar e apostar por visibilizar ás mulleres na empresa. “Encántame que as mulleres ocupen a metade de todo e alégrame ver mulleres dirixindo xa moitas pequenas, medianas e grandes empresas”, destacou Carmela Silva.
Ao respecto a
presidenta do Círculo de Empresarios, Patricia García, desagregou
os aspectos comúns co goberno de Carmela Silva, detallando “a
responsabilidade social corporativa, a preocupación ambiental e
tamén a igualdade na xestión empresarial. Está demostrado o valor
que aportamos as mulleres ás empresas”. Ademais, García tamén
destacou a importancia de sumar sinerxías e cooperar e subliñou a
incidencia que ten a política local no empresariado. “Vivimos a
era da cooperación”, destacou, facéndose eco do concepto “que
tantas veces, cita Carmela Silva, a relevancia do traballo desde o
local para o global”.
A presidenta da
Deputación de Pontevedra tamén aproveitou a ocasión para facer
mención á nova sede que abrirá a institución provincial en Vigo.
“Buscamos un espazo aberto á sociedade, queríamos un edificio que
permitise ter máis contacto coa xente, onde programar actividades
ligadas á formación, á economía, o emprendemento ou á actividade
cultural”, asegurou Silva.
A pasada fin de semana, un grupo de persoas do Baixo Miño mantiveron a primeira reunión do recén creado ‘Grupo Antiherbicidas do Baixo Miño’, formado por máis dunha ducia de persoas que se unen para loitar contra o uso de herbicidas por parte da administración nos espazos públicos: estradas, camiños, etc.
Na xuntanza trataron e acordaron os pasos a seguir para que os concellos do Baixo Miño sexan libres de calquera uso de herbicidas por consideralos prexudiciais para a biodiversidade, para a saúde das persoas e para os animais domésticos.
Actualmente, os herbicidas son utilizados para a eliminación de vexetación polas institucións públicas, principalmente nas estradas. Ante este uso, este grupo amósase en contra da utilización con dito fin, propondo como un posible sustituto a esta técnica o uso de man de obra, fomentado así o emprego e respectando o entorno.
Precisamente nunha das últimas fumigacións con este sistema levada a cabo no pasado mes de setembro, resultou afectado un veciño da Guarda que foi trasladado en ambulancia dende o servizo de urxencias da Guarda ao Hospital Álvaro Cunqueiro (pode verse información do caso en www.anabam.org).
A
contaminación de acuíferos, a afectación da fauna e a destrución do
medio son outras consecuencias que se denuncian con esta práctica.
É
por iso, que este grupo oponse totalmente a estas tarefas, polo que,
entre outras accións que se desenvolverán, está a de solicitar unha
xuntanza con cada un dos alcaldes e alcaldesas de cada concello co fin
de expresar a nosa preocupación por estes feitos. As medidas que se
leven a cabo, xunto coa concienciación social, serán os primeiros pasos a
seguir polos integrantes.
O grupo continúa aberto a calquera persoa interesada en formar parte do mesmo, pois somos conscientes que soamente coa presión social seremos capaces de erradicar estas malas prácticas, para iso as persoas interesadas poden porse en contacto no enderezo [email protected] ou no teléfono 616 180 557.
O Grupo Municipal do BNG na Guarda fixo público un comunicado no que cualifican de “irresponsabilidade” a actitude do alcalde, o socialista Antonio Lomba, “tras seguir interferindo de forma clara nas áreas de competencia exclusiva dos nacionalistas”. Tras a reunión mantida coa Comisión de Seguimento do pacto de goberno convocada polo BNG, os concelleiros do grupo aseguran ter constatado “unha vez máis que o alcalde non vai cesar na súa actitude nin na súa intención de seguir interferindo nas nosas competencias”.
Nun comunicado enviado aos medios de comunicación, o BNG lembra que nas últimas eleccións municipais “a veciñanza da Guarda votou un cambio de rumbo que se traduciu na entrada do BNG no goberno municipal con cinco concelleiros” e aseguran os nacionalistas que asumiron ese reto “dende o primeiro día cunha actitude positiva e colaborativa”.
O portavoz nacionalista, Anxo Baz, asegurou que nese período de tempo os concelleiros e concelleiras nacionalistas “fixeron todo o posible por levar adiante o pacto de goberno, pacto que ante as inxerencias do alcalde non é viable”. O BNG asegura que “non chegou aquí para ser cómplice das políticas continuístas levadas a cabo, por iso solicitamos a baixa na Seguridade Social e renunciamos ao salario, así como ás funcións de Goberno”.
Para
o portavoz nacionalista, Anxo Baz, “as políticas que desenvolve o
PSOE prexudican gravemente á veciñanza da Guarda porque impiden
levar adiante o proxecto posto en marcha polo BNG, un proxecto que
busca investir en calidade de vida e en benestar social e que ten
como eixo central desenvolver espazos que contribúan a atoparse a un
mesmo e a relacionarse coa contorna natural e humana. En definitiva,
dar pasos cara adiante para situar A Guarda no modelo de concellos
que apostan sen titubeos polo futuro”.
Anxo
Baz quixo destacar que, pese a situación, “non renunciamos a
seguir traballando por un modelo de futuro para A Guarda que, antes
ou despois, estamos convencidos de que vai a chegar”.
O BNG de Salvaterra de Miño vén de elixir en asemblea a Lucas Suárez Piñeiro como novo responsábel local da formación nacionalista. Aos seus 27 anos, Suárez toma o relevo dun histórico do BNG na localidade como é J. Andrés Martínez Alonso, que continuará formando parte activamente do Bloque. Lucas Suárez sinalou que afronta esta nova responsabilidade “con ilusión e ganas de traballar no proxecto do BNG, pensando sempre no beneficio das veciñas e veciños de Salvaterra de Miño”.
Dende
o Bloque indican que “xunto con outros mozos e mozas da localidade,
Suárez sumouse o ano pasado ao proxecto do BNG”. Ao entender do
novo responsable nacionalista, “o BNG é a fronte política que
mellor representa e defende os intereses da sociedade galega, e onde
se pode atopar a diversidade e pluralidade de ideas que a conforma
como Bloque”.
Nestas
pasadas eleccións municipais, Suárez formou parte do primeiro tramo
da candidatura nacionalista, entrando de cheo na actividade política
municipal. Cun Grao en Xeografía e Historia, Lucas Suárez inicia
agora a coordinación e responsabilidade do grupo local, e por
extensión formará parte do Consello Comarcal do BNG representando a
localidade.
Segundo
sinalou a asemblea do Bloque, “a mocidade que representa Lucas pon
de manifesto que a xente nova sigue sumando no BNG e que son o futuro
para que o proxecto da fronte nacionalista siga a medrar cada día,
acadando as competencias e autodeterminación que nos falta para
medrar como país e de cara a unha República Galega”.
O club Andatui vén de organizar, para o vindeiro domingo 3 de novembro, unha saída ata a freguesía de Sistelo, en Arcos de Valdevez, para realizar un tramo da Ecovia do río Vez. A ruta, de 22 quilómetros, partirá dende a freguesía de Sistelo ata Arcos de Valdevez.
Sistelo foi elixida como unha das sete maravillas de Portugal na categoría de Aldeas Rurais, e clasificados os seus socalcos como Monumento Nacional en Paisaxe Cultural. A ruta, que discorre paralela o río Vez, levará ás persoas participantes polas pasarelas de madeira de Sistelo e poderán gozar dunhas paisaxes espectaculares.
Cómpre salientar que tan só se dispoñen de 40 prazas, con un prezo de 10 euros por participante. Toda a información sobre esta ruta e a inscrición, pode formalizarse na páxina www.andatui.es.
A Entidade Local Menor de Vilasobroso decidiu dar continuidade á demanda xudicial iniciada contra o Concello de Mondariz para reclamar como mínimo o 25 por cento da recadación fiscal municipal correspondente aos seus habitantes, un dereito recoñecido na Lei de Administración local de Galicia que nunca se fixo efectivo.
“Tras décadas de negacións e silencio administrativo por parte do Concello, será a xustiza a que dea solución a esta demanda histórica”, afirma Alexandre Estévez, presidente da Entidade Local Menor de Vilasobroso.
A Lei de Administración Local de Galicia (artigo 164 relativo á facenda das entidades locais menores) recoñece o dereito das entidades locais menores a percibir como mínimo o 25 por cento dos impostos municipais correspondentes aos seus veciños e veciñas, a cambio do coidado do patrimonio e da limpeza de camiños “A participación nos impostos do Concello a que se refire a lexislación sobre facendas locais na contía que se estableza no decreto de creación. Esta participación non será en ningún caso inferior ao vinte e cinco por cento dos que se devenguen no ámbito territorial da entidade”, di textualmente a Lei 5/1997 do 22 de xullo. Vilasobroso é entidade local menor desde 1924, pero nunca recibiu esa recadación fiscal.
Esta “demanda histórica” pasou pola man de todos os alcaldes de Mondariz desde a democracia. Tentouse negociar durante o goberno de Juan Reboreda, aínda que se formalizou cando Francisco Rico era presidente da xunta veciñal da E.L.M. de Vilasobroso e Julio Alén alcalde Mondariz (ambos do Partido Popular).
Durante o goberno de Xoan Carlos Montes Bugarín (Alternativa por Mondariz) fíxose outro requirimento e emprazouse ás dúas administracións locais a negociar as competencias que se deberían asumir a cambio dos impostos, pero non houbo ningún avance.
A principios do 2019, en contra da Lei de Administración Local, negáronse de novo ás transferencias, aludindo irregularidades formais nun informe de Secretaría do Concello. Ante esta situación, Vilasobroso deu inicio a un contencioso administrativo similar ao que gañou Morgadáns, tamén entidade local menor, contra Gondomar.
“Somos partidarios da vía negociada e sabemos que o novo alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, defendeu o dereito das entidades locais menores ao 25 por cento cando era concelleiro do BNG na oposición, pero o contencioso continuará porque as transferencias non poden depender do alcalde de turno”, explica Alexandre Estévez, compañeiro de partido.
“Estas transferencias non deben ser vistas como un privilexio, senón como unha responsabilidade: ninguén mellor que nós, desde Vilasobroso, saberá como investir eses cartos; hai que fortalecer o modelo local e parroquial, defendendo os dereitos adquiridos, sobre todo no rural”, continúa.
Se a xustiza lle dá a razón a Vilasobroso a principios do ano que vén, Mondariz terá que ingresar anualmente 15.000 euros a esta entidade local menor, ademais de pagar os 6 anos anteriores que aínda non prescribiron.
Cuando nuestro querido presidente en funciones subió al poder ya propuso como medida estrella de su andadura, sacar los restos del dictador del Valle de los Caídos. Hace algún tiempo ya hice algún comentario al respecto pero, ahora volvemos a las andadas con el mismo tema, y quiero volver a dedicar algunas palabras.
A mi, sinceramente, me da igual si su restos están en el Valle de los Caídos o si se esparcen sus cenizas a los cuatro vientos. Ya sé que representa una parte de la historia de este país, una parte bastante oscura por cierto, aunque los años de oscuridad surcaron nuestros cielos en muchas ocasiones y no sólo en la época de Franco, pero es nuestro pasado y es inamovible. Es cómo si los egipcios sacaran a sus faraones se sus tumbas. Bueno, bien pensado, sí los sacaron aunque no precisamente los egipcios sino los saqueadores occidentales para mostrarlos en sus museos, y los faraones egipcios no fueron precisamente unos santos.
Cada país, cada persona, tiene que ser consecuente con sus actos y los años de la represión, del totalitarismo, de la no democracia, fue algo que ocurrió y que estuvo ahí. Por sacar a Franco del valle de los Caídos no vamos a devolverle la vida a los miles de personas que fallecieron durante la guerra y la posguerra. Alemania tuvo un pasado en el que provocaron una primera guerra mundial, cómo no escarmentaron, llegaron a una segunda guerra mundial, volvieron a repetir sus errores por no aprender de ellos, ¿nosotros queremos hacer lo mismo?
En estos momentos, nuestro país afronta retos mucho más importantes, un futuro económico bastante incierto con unos indicadores que parecen apuntar hacía una nueva crisis cuando todavía no hemos terminado de salir de la anterior; unas pensiones que, año tras año, siguen perdiendo poder adquisitivo; una enseñanza cada vez más deficiente; una sanidad cuyo sendero es la privatización (recordemos, Povisa en manos de un grupo del país del dólar y cada vez más hospitales privados en nuestro país); unos salarios que en vez de crecer siguen decreciendo; una industria cada vez más ligada al exterior por su dependencia de las empresas extranjeras con miras puestas y amenazas de llevar lo poco que queda a otros países; un sólo un gran sector que es el turismo, pero que vive atemorizado por los peluquines rubios (entre la chinamanía de uno y el brexit del otro…).
Por si fuera poco está el tema catalán de por medio, que bien podía deshacerse de una vez cómo las burbujas del cava, pero en vez de eso, cada día se enquista más, con unas perspectivas políticas de arco iris que de belleza no aportan nada, solamente oscuridad (me falta por saber el color del niño de gafas madrileño). Tenemos encima la amenaza del cambio climático que si, se cumplen las perspectivas, nos va a convertir en un desierto (muchas zonas ya están con restricciones de agua, con los campos desérticos y con pocas esperanzas de mejora), ¿de verdad que lo único que importa en éste país son los restos de Franco? Pues si éso es lo único que nos importa, tenemos lo que nos merecemos y así nos va. Pero después, en un futuro no demasiado lejano, nos echaremos todos las manos a la cabeza y esperemos que al menos podamos decir, que siempre nos queda Portugal.
Nuestra esperanza, es que siempre podremos echar manos de un buen disco para endulzar un poco la vida y para ello esta semana os recomendamos a la fantástica creadora de paisajes sonoros Kerani por un lado y al gran música japonés Kitaro, todo un clásico que no puede faltar. Espero que los disfrutéis.
Kerani
es una pianista, compositora de bandas sonoras, productora y sobre todo, creadora de fantásticos paisajes sonoros.
‘Small Treasures’ es un perfecto argumento de lo indicado, un disco dividido en diez cortes en el cual la compositora se ha inspirado en las experiencias y viajes de su vida para así recrearlos en su música, una serie de composiciones independientes entre sí pero con una belleza profunda, desde el tema ‘Temple of Roses’ con el que comienza el disco, un tema simplemente, fantástico, hasta el ‘Reflections of the Heart’ con el que finaliza.
Música par la mente y música para el corazón en éste ‘Small Treasures’.
A
estas alturas, el música japonés Kitaro no necesita presentación, ya
que estamos antes uno de los grandes, de los más grandes compositores de
música.
Conocido por sus trabajos en solitario, por sus conciertos y por sus bandas sonoras, ‘The Kitaro Quintaessential’ es simplemente una pequeña obra maestra, un trabajo que desde su comienzo nos enseña la Quintaesencia musical, esa que éste compositor es capaz de extraer con cada una de sus notas, una verdadera maravilla. Sintetizadores, flautas, violines… y cómo no, los famosos taiku, las tambores gigantes japoneses que no podían faltar en éste trabajo.
La
edición además incluye un DVD de casi dos horas de duración que
incluyen algunos de sus temas más conocidos en directo y una entrevista
con el propio Kitaro de 18 minutos de duración, algo no muy habitual.
Estamos sin lugar a dudas, ante uno de los grandes discos del compositor japonés y con el añadido del DVD con sus temas en directo, un verdadero placer para el oído y para la vista que no debería de faltar en ninguna colección.
O pago do gasto eléctrico orixinado polas atraccións das pasadas Festa de Setembro, son orixe dun novo enfrontamento entre o Goberno local e os independentes de Alternativa Ciudadana de Ponteareas que achacan a situación “a falta de control á hora de aplicar as ordenanzas municipais”
Luis Rodríguez Cerdeira, concelleiro de ACiP, afirma que “a subministración eléctrica dos postos e atraccións das festas e chiringuitos foi pagada polos veciños cos seus impostos” e considera “cuiroso que a veciñanza amais de pagar o uso das atraccións” pague tamén o gasto de electricidade.
Acusa ACiP ao Goberno local de non ter adaptadas as ordenanzas ás normativas actuais. Asegura Rodríguez Cerdeira que no pasado 2018, a súa formación dirixiuse ao Concello dando conta da situación e, afirma, “a resposta foi que modificarían de xeito urxente a ordenanza reguladora para instalación deste tipo de atraccións” para que, como nos demáis concellos, os solicitantes corran cos gastos de enerxía eléctrica. “ACiP, como oposición municipal responsable, advertiu ao Goberno do que estaba a suceder”, recalca o concelleiro independente.
Modificación da Ordenanza, un proceso de meses
Pola súa banda, o Concello de Ponteareas, a través da concelleira de Alumeado, Chus Garrote, aclarou que ata o pasado mes de xuño, “as atraccións sempre se fixeron cargo do seu subministro eléctrico”. Nese mes, puntualiza Garrote, a empresa subministradora de electricidade comunicou ao Concello “que por cambios na normativa reguladora do sector, dito subministro para as atraccións só podería realizarse e facturarse ao Concello”.
Con ese cambio de normativa, engade o concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, orixinábase un problema xa que a Ordenanza Municipal Reguladora das atraccións “non contempla o cobro da subministración eléctrica senón que só cobra a ocupación de uso público”. E dicir, a Ordenanza impiede que o concello poida cobrar ese subministro ás atraccións “mentres non se revise e modifique a Ordenanza, unha tramitación que leva meses”
En consecuencia, sinala o Concello de Ponteareas, “o acontecido débese a unha decisión da compañía subministradora derivada dun cambio de normas da Dirección Xeral de Enerxía e Minas sobre instalacións eléctricas temporais de baixa tensión”.
Pola súa banda, o Concello xa puxo en marcha o proceso de revisión da ordenanza reguladora das atraccións, “non só para poder cargar aos titulares das atraccións o custo do consumo eléctrico senón tamén os gastos de supervisión técnica de todas as atraccións que realiza o Concello para velar pola seguridade desas atraccións”, explica o Goberno ponteareán, ao que engade que “a ordenanza estará en vigor para as seguintes festas nas que se instalen atraccións”.
“Nestes meses –adianta a concelleira socialista Chus Garrote– o Concello está a analizar tanto o consumo medio coma a parte porcentual do custe dos servizos de inspección e revisión para completar a nova ordenanza”.
El Diccionario de la RAE define como hamburguesa una “tortita de carne picada, con diversos ingredientes, frita o asada”. Así que, si la tortita es vegetal, no es hamburguesa, y parece que este debate ha llegado hasta el Parlamento Europeo, que tendrá que regular la denominación de productos como las hamburguesas, las salchichas o los chorizos cuando estos no lleven carne entre sus ingredientes.
Para que nadie tenga que llamarnos la atención, vamos a llamar a nuestras tortitas de vegetales: ‘hortalesas’ o ‘verdulesas’… o mejor ‘verduliñas’, así, más nuestras.
Lo
importante es que son muy fáciles de hacer, que son muy nutritivas y
que están buenísimas, hechas con más o menos vegetales y con la
aportación de legumbres que les darán consistencia, sabor ¡y
proteínas!
¡Vamos
allá!
Ingredientes
Los
ingredientes son un poco orientativos; podéis variarlos y adaptarlos
a vuestro gusto utilizando más cantidad o más variedad. Si el pan y
el pan rallado son sin gluten, es apta para celíacos.
Cantidades aproximadas:
300 g calabacín
200 g garbanzos cocidos
1 zanahoria grande
Unas ramas de brécol (aprox. 100 g)
½ cebolla
1 diente de ajo
2 cucharadas de maicena
Sal
Pimentón, tomillo, orégano, pimienta
Pan rallado para rebozar
Elaboración
Empezamos
lavando y rallando el calabacín. Los ponemos a escurrir con un poco
de sal para que suelte el agua; cuanto más tiempo mejor, pero con
una media hora ya habrá soltado bastante. Lo apretamos bien para
acabar de escurrir todo el líquido.
Rallamos
también la zanahoria, la cebolla, el diente de ajo y el brécol.
Lavamos
y escurrimos bien los garbanzos y los trituramos dejando que queden
trocitos, que no lleguen a hacerse puré.
Mezclamos
todos los ingredientes y les añadimos un huevo batido y la maizena.
Si veis que la consistencia no es lo suficientemente espesa como para
formar las tortitas, podéis añadir más garbanzos o, como hice yo
unas cucharadas de arroz cocido.
Añadimos
una cucharadita de pimentón, tomillo, orégano, pimienta y sal al
gusto.
Formamos
las tortitas y, si podemos, las dejamos reposar una media hora en la
nevera para que cojan un poco más de consistencia.
Las
rebozamos en pan rallado y las ponemos en la sartén o plancha con un
poco de aceite de oliva. Dejamos que se doren unos minutos por cada
lado.
Podemos tomarlas así, acompañadas por unos boniatos fritos y unas ‘chips’ de zanahoria (todo muy naranja, todo con mucha vitamina A), o podemos montarlas en bollitos con el acompañamiento que más nos guste. La de la foto tiene rúcula y canónigos, tomate, cebolla roja y queso de tetilla. Que lleve salsa o no, lo dejo a vuestra elección, porque con lo sabrosas que están, a mí me encantan solas; pero con una salsa de yogur, mostaza con miel, mayonesa… o el clásico kétchup, también estarán estupendas estas ‘Verduliñas’.
Segunda novela de María Alonso logo do seu paso pola ciencia ficción distópica a través de ‘Despois do cataclismo’, que nesta ocasión se mergulla nun ambiente máis realista pero absolutamente marxinal, para narrarnos unha historia de vinganza que, ao meu entender, débelle moito ao cine de acción, sobre todo na parte final.
A historia comeza cando un dos acólitos de CaraDeTolo, cabeza visible dunha banda e rexente do burdel que lle presta título á novela, se introduce en territorio de Lolita Dinamita para as súas argalladas e trapicheos. Ese é o detonante da vinganza que a muller levaba anos esperando. A partir de aí, iníciase a contra atrás para o enfrontamento final entre varios clans que habitan tamén na marxinalidade. A novela está dividida en dúas partes: a primeira ponnos en situación co relato dos feitos que desencadean a acción e con varios flashbacks que nos axudan a comprender un pouco mellor as razóns que moven a Lolita Dinamita a iniciar unha guerra entre bandas. A segunda describe con minuciosidade o minuto a minuto da lea.
Falamos, xa que logo, de personaxes marxinais que habitan no gume da vida, carentes de esperanza e de ambicións a longo prazo, entre os que sobresae a protagonista, sen dúbida o mellor trazado de todos os que integran o relato. Recia e contraditoria, Lolita tivo que aprender a moverse no ambiente que lle tocou vivir e fíxoo asimilando todos os recursos necesarios para garantir a súa supervivencia. CaraDeTolo, pola contra, é un personaxe máis estereotipado, que responde sen fisuras ao ‘malo’ de manual. Ao seu carón, unha boa grea de delincuentes que actúan como secundarios dun enfrontamento que, en realidade, apenas lles compete, malia que dun xeito ou doutro se vexan afectados pola súa resolución.
O escenario do relato é un barrio esquecido que, en verdade, resulta ser un gueto no que é doado entrar pero do que resulta imposible escapar. Sorprende a contextualización deste espazo, concibido como un territorio á marxe do resto do mundo, coma se fose unha especie de dimensión paralela que apenas ten contacto coa nosa realidade. Esta idea axuda a contextualizar a historia, que se desenvolve na súa práctica totalidade dentro dese espazo, así como a mantela fóra dos usos e costumes do resto da sociedade. Alí, as leis impóñenas as bandas que marcan o seu territorio en función dos seus propios intereses comerciais porque, como di o CaraDeTolo, “o bisnes é o bisnes”.
Malia intuír esa lea final dende o principio da narración, María Alonso consegue que a historia vaia crecendo en tensión segundo avanzamos nas súas páxinas ata chegar a un desenlace do que só nos queda por coñecer a resolución, e para o que a autora garda algún as na manga co que dar a sorpresa. A linguaxe e directa e contundente, sen apenas adobíos, e o único que se bota en falta é unha corrección de estilo algo máis concienzuda pois, ao meu entender, a historia ben a merece pola súa intensidade, pola tensión e axilidade acadadas e por amosarnos sen adobíos esa marxinalidade en toda a súa crueza.
Nun encontro mantido na mañá do venres, 11 de outubro, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca, David Regades, analizáron as posibles vías de colaboración para poñer en marcha accións que favorezan o desenvolvemento económico da comarca.
A Alcaldesa quixo agradecer ao Delegado de Zona Franca a súa visita ao Concello, primeira oficial desde que esta tomou posesión do seu cargo. “A Zona Franca é unha ferramenta para o desenvolvemento económico de Vigo e a súa área de influencia, por iso, grazas ao compromiso que hoxe nos manifestou David Regades, tamén poñerá os seus recursos e coñecementos ao servizo de Redondela” manifestou Rivas.
Concretamente, os
dous responsables aproveitaron este encontro para tratar temas de
desenvolvemento económico e a favor do emprendemento. Neste sentido,
Rivas e Regades estudaron diferentes localizacións onde poder abrir
un Centro de Emprendemento e Innnovación Social. Un espazo para o
intercambio de ideas, onde as emprendedoras e emprendedores atopen
apoio administrativo e de xestión e onde poidan resolver as dúbidas
iniciais cando un embárcase na posta en marcha dun negocio.
Regades, pola súa
banda, afirmou que “a Zona Franca non pode estar de costas a
Redondela xa que este Concello forma parte do Gran Vigo polo que
debemos de poñer todos os recursos que podamos para que a economía
deste Concello siga crecendo”.
Na reunión ambos dirixentes tamén aproveitaron para analizar as diferentes ferramentas das que dispón a Zona Franca, como poden ser as aceleradoras de empresas ViaGalicia e VíaExterior, a sociedade de capital-risco Vigo Activo ou o servizo de información económica ARDÁN.
O pasado mes de setembro concluían dous proxectos do IES A Sangriña, da Guarda –os denominados KA102 (Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP) e KA103 (Mobilidade de Educación Superior)– que permitiron no primeiro dos casos, realizar prácticas formativs aos estudantes a períodos de observación aos docentes mentres que, no segundo caso, a alumna Daisy Fernández Busto realizaba a FCT de no días dos seus estudos do Ciclo Superior de Admnistración e Finanzas nunha multinacional con sé en Lisboa.
Neste curso 2018/19 o IES A Sangriña modificou a súa oferta educativa, por unha banda substituír o ciclo Medio de Carrocería ordinario por outro de adultos na modalidade de FP Dual e impartiuse un curso de Capacitación Profesional de Nivel 2 de ‘Embelecemento e Decoración de Superficies de Vehículos’.
O programa desenvolveuse en Portugal, concretamente en Lisboa e Porto. Dada a situación fronteiriza da Guarda, estes programas de mobilidade propician a posibilidade de abrir un novo e amplo mercado laboral, ademais de reforzar os vínculos entre Galicia e Portugal promovendo a circulación e o intercambio de traballadores entre ámbalas dúas comunidades.
Os alumnos seleccionados recibiron previamente formación cultural e lingüística cunha profesora nativa.
Realizáronse 6 Mobilidades de alumnos de ciclos medios, 2 Mobilidades de alumnos de FP básica, 4 de estudantes titulados do curso de Capacitación Profesional. Tamén 4 docentes realizaron un Job shadowing en centros de FP da zona de Lisboa.
Con estas Mobilidades afianzáronse as habilidades intelectuais, sociais, profesionais e interpersoais do profesorado e alumnado de formación profesional do IES A Sangriña da Garda complementando a súa formación e proporcionando ferramentas para, como explica o propio IES A Sangriña, a consecución dos seguintes obxectivos:
Creación dun novo vínculo cun centro de FP de Lisboa. Intercambiando experiencias, coñecementos e propiciando posibles acordos de colaboración futuros.
Potenciar do efecto multiplicador que exerce a experiencia internacional dos profesores.
Ofrecer aos estudantes de ciclos formativos que non participan nos programas de Mobilidade o beneficio do coñecemento e a experiencia dos seus docentes.
Desenvolver habilidades interpersonais, sociais, pragmáticas e comunicativas de todos os participantes.
Aproximación a realidades empresariais, culturais e conceptuais diferentes á contorna local.
A
formación para os alumnos de Ciclos Medios desenvolveuse do 3 de
abril ao 21 de xuño (80 días) coa realización de Formación en
centros de traballo (FCT) relacionados cos seus respectivos ciclos.
Os alumnos que realizaron as Mobilidades foron:
Ciclo Medio de Ectromecánica de Vehículos: José Carlos Baz González, Raúl Castro Airas, Rubén Cortiñas Areas e Alfredo Fontiñas González.
Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes: Diego González Cerqueira e Adrián Núñez Martínez.
A formación para alumnos de FP Básica de Mantemento de Vehículos iniciouse o 23 de abril estendeu ata o 21 de xuño (60 días) para cursar a FCT. Os alumnos que realizaron as Mobilidades foron Miguel Eduardo Cardoso González e Jesús Durán Conde.
Os alumnos de Curso de Capacitación Profesional de Nivel 2 de Embellecemento e Decoración de Superficies de Vehículos realizaron prácticas en Oporto do 15 de xullo ao 30 de agosto (47 días) complementando a súa formación unha vez titulados. Os estudantes titulados que realizaron as Mobilidades foron Francisco Carreira Carreira, Fátima Cividanes Rodríguez, Brais Ribeiro Martínez e Mario Rodríguez Álvarez.
O Job shadowing dos docentes (5 días) cursouse en tres centros formativos de FP da rexión de Lisboa, participando Beatriz Couce Rodríguez, María Teresa Álvarez Rodríguez Domingo Caldevilla Lago e Juan Carlos López Pazos.
Mobilidade de Educación Superior
Con Data 30 de setembro concluía o proxecto KA103-Mobilidade de Educación Superior que permitiu á alumna Daisy Fernández Busto realizar a FCT (90 días) dos seus estudos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas nunha multinacional con sé en Lisboa.
Foi
María Teresa Álvarez Rodríguez, profesora do Ciclo Superior de
Administración e Finanzas quen que puxo en marcha os protocolos de
execución de ambos proxectos coordinado á Comisión de Mobilidade
integrada os titores dos estudantes participantes.
Neste novo curso 2019/20 o IES A Sangriña xestionará un proxecto KA116 – Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP con Carta de Mobilidade de FP. Está prevista a participación de 10 estudantes e 4 docentes.
Como menciona o lema do proxecto ERASMUS+, sinala o IES A Sangriña, “seguimos Enriquecendo vidas, abrindo mentes“.
Os arredores do mosteiro de Santa María de Oia ofrecen o marco idóneo para que hoxe venres, 11 de outubro ás 18 horas, María Meijide amose o seu proxecto ‘Oia usté!’, un auténtico diario gráfico de narrativa cromática e texto.
Meijide ofrecerá unha peza que dá conta dalgúns aspectos da vida no concello de Oia: a paisaxe cara ao mar, as e os peregrinos que camiñan, os burros Cuca e Carolo, as memorias das pedras do mosteiro (o cárcere, segundo a xente da localidade) e moito máis.
A autora
María Meijide (Santiago de Compostela, 1978) é licenciada en Belas Artes, especialidade de Pintura, pola Universidade de Sevilla en 2003. Ten un máster en Pintura pola Universidade de Lisboa (2009-2011). Exposicións varias en Arlés, Lalín, Milán, Monforte de Lemos, Zacatecas (México), Sevilla, Lisboa, Compostela, Ponferrada, Marsella, Bruxelas etc.
A produción de María poderíase agrupar baixo a etiqueta de “figuración realista de rastro autobiográfico”. Trátase fundamentalmente de pintura (aínda que tamén hai algo de fotografía, ilustración e texto) e organízase en dous momentos: produción de temática viaxeira, de factura rápida e itinerante, e produción de temática doméstica, de obradoiro. No primeiro bloque atópanse un amplo grupo de proxectos ao redor da idea de viaxe (Rumbo Zacatecas, Cacheiras-Dakar, diarios gráficos etc.). No segundo atópanse producións vinculadas á idea de casa e ao mundo do cotián (bodegóns, interiores, retratos de familia e amizades, escenas íntimas etc.).
O proxecto ‘Camiño a dentro’, promovido pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia a través do programa ‘O teu Xacobeo’, fixo escala onte na praza Arquitecto Antonio Palacios de O Porriño, onde o grupo ‘Dúas’, formado por Sabela Caridad e Marta Figueiredo, ofreceu un recital de percusión en directo ante autoridades, veciñanza, peregrinas e peregrinos.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, resaltou antes da actuación os valores deste innovador proxecto cultural, que ten por obxecto pór en valor o Camiño Portugués a través de dez accións artísticas protagonizadas por mulleres. “O grupo ‘Dúas’ representa hoxe aquí ás mulleres do O Porriño, da provincia e de Galicia que están a levar a cabo un gran rexurdimento cultural”, explicou, tras dar un aplauso de benvida ás peregrinas e peregrinos presentes no acto e agradecer ao director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, a colaboración no proxecto. “É a demostración de que podemos facer grandes cousas para difundir un patrimonio tan fundamental como o Camiño Portugués”, indicou ao respecto.
Carmela Silva lembrou que esta ruta é a segunda máis transitada de cantas conducen ás e ós peregrinos a Santiago, e definiu ‘Camiño A Dentro’ como “unha mostra de que o Camiño é relación humana, espiritualidade, sentimentos, patrimonio, e cultura”. Ademais felicitou a Paula Cabaleiro, comisaria do proxecto, e remarcou que o programa está integramente liderado por mulleres. “Representa unha aposta pola igualdade, polo Camiño e a cultura”, sintetizou.
O director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, amosouse pola súa parte encantado de participar no evento e mostrou a súa satisfacción pola colaboración institucional para levalo adiante. Ademais, resaltou a calidade de ‘Camiño A Dentro’, que constitúe unha proba máis de que “Galicia é unha gran terra”.
A alcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre, destacou na súa intervención que “O Camiño é unha oportunidade para atraer viaxeiros e viaxeiras e facer que coñezan esta vila, a súa cultura, o seu patrimonio e a súa gastronomía”.
Os eventos de ‘Camiño A Dentro’ inclúen desde poesía, música e teatro, ata fotografía, videocreación, ilustración e instalación. A través destas obras búscase afondar na relación entre Camiño e territorio, así como propiciar a interacción entre a veciñanza e as persoas peregrinas e recoñecer o traballo das mulleres no mundo da arte.
O programa seguirá a súa andaina pola provincia de Pontevedra mañá mesmo cunha acción nas inmediacións do mosteiro de Oia protagonizada pola ilustradora e pintora María Meijide baixo o título “Oia Usté!. A Guarda, Pontevedra, Nigrán, Tui e Soutomaior completarán as paradas deste proxecto que conta coa participación das artistas Dores Tembrás, Carmen Quinteiro, Ruth Montiel, o grupo Dúas (formado por Sabela Caridad e Marta Figueiredo), María Meijide, Inherente Teatro (integrado por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pía Nicoletti), Lucía Loren, Carla Andrade, Nastasia Zürcher e Helen Bertels.
Hoxe, venres 11 de outubro, María Meijide, cunha mostra de pintura e ilustración, estará nas imediacións do mosteiro de Oia, na praza Centinela, ás 18 horas.
Xa o vindeiro mércores, 16 de outubro, será a quenda do teato na Guarda, coa actuación da compañía Inherente Teatro na Praza do Reló ás 18:30 horas.
Nesa mesma semana, o venres 18 de outubro, ás 19:30 horas, a praza do Concello de Nigrán acollerá unha charla de Carla Andrade sobre fotografía e videocreación.
Ao día seguinte, sábado 19 de outubro, a Praza de San Fernando de Tui, fronte a Catedral, será o escenario idóneo para o concerto que ás 18:30 horas, ofreza Natasia Zürcher.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Emprego, María Castro, visitaron aos participantes no novo Obradoiro de emprego ‘Redondela Sostible’. En total participan nesta iniciativa, catro persoas do equipo técnico e docente e 16 alumnos/as traballadores/as.
O novo Obradoiro de Emprego, promovido polo Concello de Redondela e subvencionado pola Consellería de Economía Emprego e Industria, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil, e pola propia administración municipal.
A iniciativa informativa impártese en dúas dúas especialidades: Deseño Gráfico e Carpintaria e vernizado, con oito alumnos/as traballadores/as en cada unha delas.
‘Redondela Sostible’ ten seis meses de duración, dende o 30 de setembro de 2019 ata o 29 de marzo de 2020. Os alumnos traballadores, con idades comprendidas enrtre 18 e 30 anos e inscritos no programa de Garantía xuvenil, son contratados con un contrato para a formación e o aprendizaxe e o finalizar o mesmo poden obtener os certificados profesionais correspondentes de Deseño gráfico e Carpintaría e vernizado.
Con estas iniciativas, sinalaba a alcaldesa Digna Rivas, “buscase mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas”, nesa liña a alcaldesa sinalou a intención do Goberno local de “proporcionarlles as ferramentas formativas necesarias para que poidan acceder a un mercado laboral cada día máis competitivo e máis cualificado”.
A
Consellería de Facenda da Xunta de Galicia notificou ao Concello de
Mondariz que o Plan Económico Financieiro aprobado o pasado 27 de
setembro, no último Pleno da Corporación Municipal, “non inclúe as
tendencias cuantificadas de ingresos e gastos dos exercicios 2019 e
2020, o cálculo de estabilidade orzamentaria e do gasto computable de
ambos exercicios”, e instoulle a aprobar un novo documento que conteña
“unha cuantificación económica das previsións para os exercicios 2019 e
2020”.
O Concello de Mondariz tivo que elaborar nos últimos meses un Plan Económico Financieiro para corrixir un desaxuste de 56.876,90 euros correspondente ao exercicio 2018 na denominada regra de gasto, pois así o obriga a Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financieira en caso de incumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, do obxectivo de débeda pública ou da regra de gasto.
Neste documento, que o goberno municipal presentou no Pleno sin mudar a proposta técnica do servizo de intervención do Concello, determínanse as causas do desaxuste e propóñense una serie de medidas referidas aos ingresos e gastos para os anos 2019 e 2020. “Por criterio técnico, o Plan Económico Financieiro que se aprobou en Pleno non concretaba as cantidades estimadas de ingresos por cada medida; iso é o que reclama a Xunta agora”, explica o alcalde, Xosé Emilio Barros.
“O equipo de goberno apuntou que existía este risco durante o proceso de elaboración do plan, pero técnicamente non foi considerada esta opinión. A única cantidade que se concretou no documento, por proposta expresa do equipo de goberno, foi a referida ao salario correspondente á segunda dedicación exclusiva: os 16.425,24 euros que deixou de percibir un membro do goberno desde xuño e xa foron dirixidos a corrixir ese desaxuste nas contas”.
O servizo de intervención do Concello de Mondariz, responsable da elaboración do Plan Económico Financieiro, deberá incluír agora unha estimación de ingresos para as medidas propostas no documento, entre as que figura a aprobación dunha ordenanza fiscal sobre unha taxa referida ás licencias urbanísticas municipais ou a contención de gastos en áreas como a conservación de inmobles. “Moito nos tememos que, ao incluír prognósticos sobre 2019 e 2020, as medidas poden ser máis duras, e a necesidade dun novo orzamento municipal, ineludible”, advirte Barros.
O documento será sometido novamente a votación na próxima sesión do Pleno da Corporación Municipal. Na primeira votación, o pasado 27 de setembro, foi aprobado con sete votos a favor (3 de BNG, 1 de PSOE, 2 de PP e 1 de Ciudadanos) e catro abstencións (Alternativa por Mondariz).
Para o equipo de goberno, “esta resposta da Xunta de Galicia era esperable”, tendo en conta a situación económica do Concello de Mondariz, derivada, en parte, da prorrogación duns orzamentos pensados para o exercicio 2017.
Ademais da obriga legal de corrixir este desaxuste na regra de gasto a través dun Plan Económico Financieiro, o Concello de Mondariz ten que afrontar unha importante débeda co Consorcio Galego de Benestar e Igualdade polo centro de día e unha reclamación económica da Entidade Local Menor de Vilasobroso tramitada por vía xurídica.
Directores e representantes dos centros educativos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira explicaron hoxe, durante a segunda xuntanza organizada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (no marco do programa europeo “B-Solutions), do que tamén á promotora a Eurocidade Cerveira-Tomiño), cada un dos numerosos obstáculos e trámites burocráticos que deben sortear para poder organizar actividades conxuntas.
O
experto designado pola Comisión Europea e a Asociación de Rexións
Fronteirizas de Europa (ARFE), José Manuel Sobrino (Catedrático de
Dereito Internacional Público na Universidade da Coruña,
especializado en Dereito Comunitario e en Organizacións
Internacionais), puido deste xeito, tomar nota de boca dos afectados
dos problemas aos que estes se enfrontan cada día para levar a cabo
actividades escolares transfronteirizas. Fíxoo acompañado polo
director da AECT Galicia-Norte de Portugal, Xosé Lago e técnicos.
Simplificar
os trámites para a mobilidade dos menores participantes en
intercambios culturais, deportivos e educativos, utilizando o sentido
común e todos os recursos legais existentes, foi a petición xeral
dos docentes e directores dos centros educativos, quen explicaron en
detalle diferentes casos cos que se atopan, lembrando que a maioría
das actividades conxuntas ou intercambios entre o alumnado, terminan
por non celebrarse, debido aos impedimentos existentes na
actualidade.
O
obxectivo é atopar vías para simplificar a mobilidade dos menores
que, no ámbito de actividades escolares (excursións, visitas, etc.)
ou extraescolares (música, deporte, idiomas, etc.), precisan cruzar
a fronteira unhas horas sen a presenza dos seus pais ou titores
legais. Na actualidade, este trámite necesario para, por exemplo,
asistir á piscina municipal de Cerveira ou á escola de música de
Goián (Tomiño), separadas por distancias cortas, é o mesmo que
para pasar un mes en Alemaña ou calquera outro país europeo do
Espazo Schengen.
O
experto xurídico José Manuel Sobrino, salientou a participación de
todas as entidades e axentes involucrados na problemática, desde os
colexios e asociacións de pais e nais, considerando moi interesante
a comunicación mantida durante esta segunda xuntanza e avanzando
que no prazo dun mes, aproximadamente, o informe con posibles
solucións estará preparado.
Pola
tarde a reunión continuou coas forzas de seguridade (Garda Civil,
Garda Nacional Republicana e Centro de Cooperación Policial e
Aduaneira de Tui-Valença do Minho) coma interlocutores, xunto a
notarios e solicitadores. Mañá xoves terá lugara deradeira
xuntanza, que será unha reunión de colaboración institucional, na
que participarán a Xunta de Galicia, a CCDR-N, a Subdelegación do
Goberno en Pontevedra, a Direção Rexional de Educação do Norte de
Portugal e a Direção Rexional do Norte de Portugal – Serviço de
Estrangeiros e Fronteiras.
O venres 11 de outubro a parroquia de Sela, no municipio de Arbo, dará comezo aos actos da súa tradicional «Festa da Colleita» que, ano tras ano medra en número de participantes e consolídase como un referente na comarca. A festa dará comezo ás 20 horas na Praza da Feira onde se poderán degustar chourizos asados e viño novo a prezos populares. Para que nada falte, a música correrá a cargo de DJ EVE e haberá karaoke para todo o público.
Sábado
A xornada do sábado, comeza coa misa solemne na honra de Santa Isabel e San Martiño, e continuará ás 12:00 cunha sesión vermú cos gaiteiros Leña Verda, onde se ofrecerá tamén Polbo do Baranda.
Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, dará comezo o clásico Desfile de Tractores, adobiados con motivos de colleita. Sobre as 18:00 horas celebrarase o VII Concurso de Sobremesas Caseiras. Pola noite gran verbena amenizada por Trio Fusión e Los Camachuelos. A xornada rematará cunha gran queimada e chocolatada gratuíta.
A Festa da Colleita de Sela, que comenzou nos anos 70 para “honrar e dar grazas” a Santa Isabel e San Martiño polos froitos da colleita, serve para que a veciñanza de Sela celebrase, por todo o alto, o enorme traballo desenvolvido nos meses de setembro e outubro colleitando os produtos da terra.
Se queredes coñecer un pouco máis desta festa, aquí vos deixamos este vídeo.
Cun cheo absoluto, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, abriu no castelo de Soutomaior a xornada ‘Mercantilización do corpo das mulleres’ da Escola de Igualdade María Vinyals cun recordo ás ‘Trece Rosas’, unha lembranza de xustiza e desagravio tal e como deixou claro a presidenta provincial.
“Quero dicirlles aos que pretenden dinamitar un sistema de igualdade que non van pasar, que non lles imos deixar pasar”, reivindicou Silva, que tamén destacou que “estamos a vivir unha situación na que se estenden os discursos ultra conservadores do neoliberalismo capitalista, proteccionista, atacando ás mulleres e é preciso que teñamos a fortaleza suficiente para poder defender outro mundo que é o que queremos dende o feminismo. Estamos aquí para quedarnos e non imos dar ningún paso atrás”.
Na apertura da xornada, na que se está a falar de prostitución, trata de persoas, pornografía o ventres de alugueiro, Carmela Silva destacou que “na Deputación de Pontevedra temos moi claro que a única posición ética, decente e humanamente aceptable fronte á prostitución é o abolicionismo e dicímolo con orgullo”. Por estes motivos destacou a presidenta a importancia da xornada “Mercantilización do corpo das mulleres”, na que se vai afondar no centro dende o que nace “esta violencia suprema contra as mulleres, particularmente contra as más vulnerables, as que non teñen capacidade para decidir”.
Neste eido, a presidenta da Deputación apelou á necesidade de “cambiar o sistema patriarcal e propoñer outras relacións humanas baseadas nos dereitos humanas. Non podemos esquecer que ás mulleres que viven as situacións nas que os seus corpos son mercantilizados néganselles os máis básicos dereitos humanos”. Tamén amosou Silva o seu desexo de que da xornada “saian propostas que poidamos elevar a diferentes administracións e espazos para ser capaces de ir camiñando cara a erradicación da prostitución”.
A xornada “Mercantilización do corpo das mulleres” está a afondar no Castelo de Soutomaior sobre o que significa a prostitución, os ventres de alugueiro, a trata ou a pornografía. “Imos falar da explotación do corpo das mulleres porque non podemos quedarnos de brazos cruzados ou seguir no tempo de silencio, queremos unha proposta diferente de sistema onde a igualdade sexa o centro de todas as cousas”, asegurou a presidenta da Deputación. “Falamos da sangue que alimenta o patriarcado, do neoliberalismo capitalista –como di Rosa Cobo– que pretende que todo sexa unha mercancía”, destacou Silva, e por iso ao longo da xornada falarase de “situacións terribles de discriminación que padecemos todas as mulleres dende o noso nacemento, chegando, as máis vulnerables, ata á escravitude”, afirmou a presidenta.
Deste
xeito, durante a xornada están a participar mulleres “que teñen
feito unha análise moi profunda de onde parte esta desigualdade e
violencia extrema contra as mulleres como Rosa Cobo, Ángeles
Álvarez, Silvia Pérez, Towanda Rebels (Teresa Lozano e Zúa
Méndez)”. A todas elas a presidenta lles agradeceu a súa
participación, dedicando unha especial atención a Rosa Cobo, “que
nos últimos tempos nos ten volto a amosar a súa valentía”, e á
deputada de Igualdade Isaura Abelairas, “unha muller comprometida
que estruturou na Deputación un departamento de Igualdade que é xa
un referente do feminismo”.
A xornada ‘Mercantilización do corpo das mulleres’, cun “cheo absoluto que significa que hai preocupación e ocupación na sociedade”, estase a retransmitir por streaming a través da páxina web da Deputación de Pontevedra e das redes sociais da institución provincial.
Ante un auditorio de máis de 200 persoas no Castelo de Soutomaior, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou esta tarde na clausura da Xornada sobre Mercantilización do corpo das mulleres da Escola de Igualdade María Vinyals, que as feministas “imos cambiar o mundo, cada día sumamos a máis persoas, así que o camiño se fai camiñando e co orgullo de que ese é o camiño que hai que facer”, e convidou a todas as mulleres a sentirse “orgullosas da nosa aposta por ser libres, iguais e xustas”.
“As mulleres libres, iguais e xustas son é somos perigosas –manifestou Silva–. Ás nenas dende ben pequenas nos ensinan a poñernos nas esquinas e atrás, por iso nós nos imos poñer aquí de pé e no centro, sabendo que imos ser moi criticadas de querer ocupar os espazos. Pois que saiban que claro que queremos ocupar espazos, queremos ocupar todo, a metade de todo”.
Tras
a lectura das conclusións da xornada pola xornalista de La Voz de
Galicia Maruxa Alfonso, a presidenta provincial asegurou que “se
todo es importante á hora de defender o 52% da poboación, os temas
que hoxe ocuparon as reflexións da xornada son o centro da
dominación e por iso deben estar no centro do debate político”.
Silva rematou “un día de felicidade porque de aquí saímos
reforzadas e reforzados en coñecemento, argumentos, conviccións e
conceptos de igualdade. Desde o feminismo queremos cambiar o mundo e
tardaremos o que faga falta”.
A
xornada pechouse coa conferencia de Teresa Lozano e Zua Méndez,
Towanda Rebels, que falaron sen prexuízos acerca do “Porno e
violencia sexual”, tras ser presentadas pola xornalista do Diario
de Pontevedra Sara Vila. As dúas integrantes da plataforma de
comunicación e expresión feminista centraron a súa intervención
na normalización da cultura da violación, da man da industria
pornográfica que diariamente atrae a milleiros de nenas e nenos e de
adolescentes en todo o mundo, un dos grandes paradigmas do
patriarcado. “Para falar de pornografía hai que falar de
prostitución e para falar de prostitución desde hai uns anos hai
que falar de pornografía”, sinalaron, para logo definir a
pornografía como “a escola de puteiros”. “As feministas somos
as máis optimistas do mundo, porque pensamos que este modelo de
masculinidade hexemónica é tóxico se pode cambiar, podemos
deconstruílo e cambialo. E a súa propaganda máis importante é
agora a pornografía”. Para as Towanda Rebels, a pornografía, na
actualidade xa normalizada, “crea adictos, crea yonquis do porno,
creou xeracións enteiras de mozos que son yonquis do porno. E o
espazo onde poden exercer esta masculinidade tóxica é o espazo da
sexualidade, do sexo”.
Teresa
Lozano e Zua Méndez repasaron con exemplos gráficos e audiovisuais
a forma en que a industria pornográfica amosa unha “cultura da
violación” a través dos comportamentos masculinos e femininos que
promove. “Eles o ven para masturbarse e elas para aprender a ser
dominadas”, indicaron. “O home é o suxeito e a muller a sumisa
(…) Hai uns roles moi marcados: elas como obxectos compracentes e
eles como suxeitos desexantes –apuntaron-. E todas as películas
acaban cun plano dela sorrindo, coa cara chea de seme, o que nos
quere amosar que todo é consentido e a ela lle gusta. Que ás
mulleres lles gusta ser maltratadas, vexadas e humilladas. Isto é o
que ensina a pornografía”. E, neste senso, fixeron fincapé en que
xa se percibe unha representación cultural da muller impregnada de
violencia “onde temos un valor en función de ser desexables, non
desexar”.
“Na axenda do feminismo –subliñaron– unha das cousas máis importantes é loitar contra a pornografía e prostitución”. E, neste senso, rexeitan a regulación da prostitución “porque o puteiro prostituidor pasaría a ser un cliente con queixas sobre o produto, que é a muller”. Amosaron esperanzas porque as mozas comezan a ser conscientes e empoderarse ante esta situación, aínda que entre os homes vai ser moito máis difícil eliminar a pornografía, “aínda que se desaparecera, nada malo vai pasar”. Amais, consideran superado xa o concepto de “consentimento” nas relacións sexuais, para dar paso ao desexo. E descartan a posibilidade dun porno feminista, “porque é un oxímoron falar diso, xa que as mulleres nunca imos cosificar a outras mulleres”. “Non imos comprar a existencia dun porno feminista, porque non queremos facerlle o mesmo aos homes”, subliñaron.
A
xornada matinal “Mercantilización do corpo das mulleres”, no
marco da Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de
Pontevedra, rematou coa conferencia de Silvia Pérez Freire
“Desvelando a realidade da acción contra a trata”. Na súa
intervención, a relatora fixo fincapé en que “a trata sexual se
está a configurar como chivo expiatorio da nosa sociedade para
seguir sen afrontar o tema da prostitución” e tamén abordou a
resposta institucional dende a diversidade dos axentes implicados na
súa persecución, atención e sensibilización.
“A prostitución é unha violencia e o feito de que non se estea abordando como tal xa é de por si unha perversión”, destacou Pérez Freire. A continuación, a relatora explicou o “continuum trata-explotación sexual-prostitución” no que amosou que a trata forma parte do “ciclo de violencia prostitucional que se está retroalimentando constantemente”, e incidiu en que a cuestión de fondo deste ciclo é “a prostitución”.
Silvia Pérez abordou a problemática de que, no tema da trata sexual, “hai forzas e corpos de seguridade do estado que din que as mulleres declaran que estaban alí porque elas querían, pero iso non é o que importa, o importante e que se están a vulnerar os dereitos humanos”. Neste eido, Pérez insistiu en que noutros temas a vontade da vítima é irrelevante, pero no caso da trata sexual non. “O que temos que facer é actuar á marxe da testemuña da vítima, porque se trata dunha vulneración dos dereitos humanos”.
Pérez continuo analizando os distintos elementos e actuacións no ciclo da trata, segundo as súas propias investigacións. Deste xeito, comezou explicando que nas institucións públicas “se produce un corte sincrónico da realidade, descontextualízase o concepto da prostitución, non teñen clara a súa intervención integral, xerando descoordinación entre os distintos departamentos”. No caso das forzas e corpos de seguridade do Estado e ONGs o que ocorre é “unha fragmentación da realidade”, neste eido explicou que este é un “fenómeno inconmensurable, entón segrégase e actúase na parte que pode ser asumible para os organismos”.
Pola súa banda, en canto a prostituidores e vítimas, Pérez Freire chegou a conclusión de que aí se produce “unha disociación da realidade. No caso da vítima, “incluso chegan á despersonalización do seu propio corpo, xerando mecanismos para afrontar esa situación” e no que respecta aos prostituidores, “disocian da realidade, deste ciclo de violencia”.
No
seu relatorio, a experta fixo referencia ao seu director de tese,
Juan Luis Pintos, que fixo a reflexión de que “se alguén define
unha situación como real será real nas súas consecuencias”.
Respecto a isto, Pérez Freire fixo fincapé en que “o que fai que
unha muller vítima de trata permaneza nunha situación de
explotación e despois mesmo de prostitución, é porque non se sente
suxeito de dereitos. Senten que a explotación sexual é para o que
están destinadas porque lles din que é para o único que serven”.
A relatora expuxo os datos do estudo exploratorio de trata de persoas
en Galicia, nos que se amosa que “houbo 1.500 vítimas de trata
sexual en 2 anos, sen embargo só 5 pasaron a procedemento xudicial”.
Para
rematar, a experta fixo fincapé en que “se reproducen os mesmos
patróns que na violencia de xénero, onde tamén se produce a
disociación da realidade”. Así, Pérez resaltou que as
dificultades que atopan as forzas e corpos de seguridade á hora de
chegar a esas persoas son moi similares as das vítimas de violencia
de xénero, “falta de autoconciencia da vítima, medo e
inseguridade das e dos tratantes, dificultade de acceso á vítima e
existencia de barreiras idiomáticas”. A relatora tamén quixo
deixar claro a definición de trata, “a captación, o transporte, o
traslado, a acollida, ou a recepción de persoas, recorrendo á
ameaza ou o uso da forza ou outras formas de coacción; ou abuso de
poder ou dunha situación de vulnerabilidade ou á concesión ou
recepción de pago de beneficios para obter o consentimento dunha
persoa que teña autoridade sobre outra, con fins de explotación,
neste caso sexual”.
Pérez
Freire é doutora en Socioloxía, profesora asociada a Universidade
de Vigo e investigadora social especializada en Violencia de Xénero
dende hai máis de 15 anos. De feito, a súa tese de doutoramento
versou sobre como a trata sexual se está configurando como un
mecanismo social de ocultación da prostitución como manifestación
da violencia de xénero. Actualmente, Silvia Pérez é cofundadora da
RED galega contra a trata sexual.
Ángeles Álvarez,
activista feminista, experta en violencia de xénero e portavoz da
RECAV (Red Estatal Contra el Alquiler de Vientres) centrou a súa
conferencia na “Mercantilización reprodutiva do corpo das
mulleres”, no marco da xornada da Deputación de Pontevedra na
Escola de Igualdade “María Vinyals” no Castelo de Soutomaior. A
feminista, presentada pola xornalista Salomé Soutelo, destacou na
súa intervención que este feito trátase dun novo fronte na axenda
feminista e instou ao Estado a poñer límites e prohibir de forma
taxante o alugueiro de mulleres con fins reprodutivos.
Máis polo miúdo,
Álvarez fixo fincapé na necesidade de anular a instrución do 5 de
outubro de 2010 da Dirección Xeral de Rexistros e do Notariado,
sobre réxime rexistral da filiación das/dos nacidas/nacidos
mediante xestación por substitución. Así, a feminista reivindicou
que “unha instrución do rexistro non pode contradicir a
lexislación e temos moitos fiscales que están a poñer en cuestión
este feito”. Ao respecto, Álvarez anima a seguir “o modelo
alemán, que debe ser a aposta en canto ao alugueiro de mulleres con
fins reprodutivos”
Xunto a esta cuestión,
Ángeles Álvarez tamén instou a considerar explicitamente na Lei de
reprodución humana asistida (na que se recoñece que os contratos
para o alugueiro de mulleres con fins reprodutivos son nulos de pleno
dereito) a ilicitude do aluguer de mulleres e tipificalo como delito.
Amais, tamén cómpre, segundo a feminista, incluír como
atentatorio da igualdade a publicidade relacionada co alugueiro de
mulleres con fins reprodutivos e prohibir que se realice no
territorio español calquera actividade de intermediación de
servizos relacionados co aluguer de mulleres para a reprodución de
seres humanos.
Tamén incidiu Ángeles
Álvarez na importancia da linguaxe, “elemento clave da industria
reprodutiva, que describe o aluguer de mulleres con fins reprodutivos
como unha mera transacción na que o concepto de maternidade se
disocia da xestación e do parto”. Neste eido, a conferenciante
insistiu en que “ao igual que a industrialización da prostitución
aspira a convencernos de que poñer a mulleres a disposición non é
outra cousa que unha operación mercantil inocua, a industria
reprodutiva describe o aluguer de mulleres como unha mera
transacción. A través da linguaxe, os explotadores reprodutivos
crean novos conceptos e terminoloxías para construír un escenario
que borra todo rastro das mulleres que participan no proceso. Crean,
deste xeito, unha nova realidade e unha confusión conceptual ilegal
que busca romper todo vínculo con quen xesta e pare”.
Fronte a esta “creación
de novos conceptos” que impón a industria reprodutiva, Ángeles
Álvarez reivindicou a necesidade de “chamar ás cousas polo seu
nome: a capacidade de xestar e levar un embarazo a término das
mulleres non é unha técnica reprodutiva, estase a falar da lei do
capitalismo abrazada firmemente co patriarcado, de que a maternidade
debe entrar no comercio neoliberal”. Neste eido a feminista
insistiu en que o embarazo e o parto “é un feito real e biolóxico,
non unha técnica, e supoñer que o útero dunha muller, o embarazo,
e o parto son técnicas reprodutivas está a deshumanizar as
capacidades reprodutivas das mulleres asimilándoas a vexetais”.
Ademais, e tamén relacionado co anterior, Álvarez apelou á
epixenética, a investigacións que “poñen de manifesto que a
futura nai, a muller embarazada, é capaz de modificar a xenética do
seu fillo aínda que o material xenético non sexa seu. Ademais as
células fetais tamén se transmiten á nai e perviven para sempre na
muller e a cambian”.
A
doutora en Ciencias Políticas e profesora da Universidade da Coruña
Rosa Cobo subliñou hoxe na Escola de Igualdade María Vinyals da
Deputación de Pontevedra que a prostitución “foi crecendo nos
últimos anos ata converterse no corazón dun sector económico que
eu denomino explotación sexual”, unha industria que, segundo esta
experta, “funciona cuns niveis de racionalidade e dunha forma
parecida ao que é unha multinacional”. “En realidade, é unha
multinacional, pero iso si, do crime”, afirmou.
No marco do Castelo de Soutomaior, Rosa Cobo protagonizou a primeira das conferencias da Xornada sobre Mercantilización do Corpo das Mulleres ‘Pornografía, prostitución: violencia contra as mulleres’, trala presentación da periodista Natalia Puga. A profesora analizou na súa charla como se relacionan entre si o modelo de sexualidade imposto ás mulleres, o capitalismo global, a pornografía, a prostitución, e a alianza entre capitalismo global e prostitución, indicando como as políticas neoliberais produciron un incremento da industria da explotación sexual nas últimas décadas ata acadar os primeiros postos entre as chamadas “economías ilícitas”.
A
experta indicou que esta industria da explotación sexual “na que
está implicada a pornografía e outros tantos negocios, é unha
industria funcional para dous proxectos políticos, o capitalismo
neoliberal e o proxecto do sistema patriarcal contemporáneo, que fan
unha alianza para que esta industria non se desactive e siga
crecendo”. Máis polo miúdo, Cobo sinalou que, neste último caso,
“a prostitución proporciona un balón de osíxeno ao que o
feminismo chama masculinidade hexemónica; o que as mulleres
conseguimos no ámbito da familia e a parella a algúns varóns
parécelles inaceptable, e tratan de compensar esta perda indo a
prostíbulos, onde estes bárbaros do patriarcado encontran o seu
hábitat natural”. E, no que se refire ao capitalismo neoliberal,
en palabras da profesora, “necesita para a súa globalización
crear unha cultura da mercantilización; e dentro deste proxecto é
fundamental mercantilizar o corpo da muller. Dicir non á
prostitución é dicir non ao capitalismo neoliberal. É poñerlle
unha fronteira. Hai cousas que non poden entrar no mercado e a
sexualidade é a última fronteira da autonomía que temos as
mulleres para definirnos como seres humanos”.
Engadiu
neste senso que “dicir que non a este sistema de poder patriarcal é
enviar aos varóns, aos puteiros, a mensaxe de que non imos estar
dispoñibles; van ter que negociar as relacións dunha maneira
distinta, porque a prostitución, como se pode ver na pornografía, é
unha negación radical de calquera tipo de compromiso emocional, é
un acto de poder no que o puteiro, na súa subxectividade, ve o seu
acto de poder e de violencia como un acto de complacencia da muller
que está prostituída”.
Abolicionismo
Para Rosa Cobo, as políticas abolicionistas da prostitución daranse nun prazo de vinte anos na grande maioría dos países de Europa, “e cando botemos a vista atrás e contemplemos a prostitución desde unha posición de que debe ser abolida, comprenderemos que a foi unha das barbaries que caracterizou ao século XXI”.
A directora da revista ‘Atlánticas’ referiuse tamén ás xornadas sobre Traballo Sexual que tivo que retirar a Universidade da Coruña ante a presión feminista, especialmente nas redes sociais, para afirmar que “fixemos o que había que facer e o procedemento da universidade ao retiralas foi o correcto”. “Unha universidade non pode poñer a súa plataforma ao servizo de que se faga apoloxía da vulneración dun dereito humano –afirmou–. E enviamos unha mensaxe política moi importante ao lobby proxeneta”.
No que atinxe a esta industria global da explotación sexual, a doutora subliñou na súa conferencia que nestes momentos, “é un circuíto semiinstitucionalizado”, partindo do concepto de Saskia Sassen. “Porque un circuíto mafioso que move tantos millóns de euros e dólares non pode crearse sen a complicidade do Estado, sen a complicidade de quen forma parte do Estado, do Exército, da Policía, do aparato xudicial, e por suposto das elites económicas e as elites políticas que están no corazón deste proxecto”, indicou, tras apuntar que, despois do mercado ilegal de armas, a industria da explotación sexual comparte co narcotráfico o ránking das economías ilícitas que obteñen máis beneficios.
Pero Cobo fixo fincapé en que non só hai que definir a prostitución como “o corazón da industria criminal”, ou localizala nos “campos de concentración” cos que a activista Amelia Tiganus define os prostíbulos, senón que hai que saber “en que consiste este tipo de negocios”. “A industria é moi complexa, ten uns niveis altísimos de racionalidade, porque temos que saber quen se beneficia desta industria, porque se se quixeran facer políticas abolicionistas, que se teñen que facer porque non hai outra alternativa á prostitución, necesitamos saber onde temos que mirar, quen se beneficia e de que lugares saen as complicidades para que esta economía siga crecendo”. E, neste eido, citou hoteis; pensións; a industria inmobiliaria, tanto en termos de aluguer ou de venda de vivendas e beneficios, “xa que atrévome a dicir que a industria da explotación sexual significou unha reactivación do mercado inmobiliario”; actores económicos como os taxistas como actores económicos; as farmacias situadas xunto aos burdeis que ven incrementados os seus beneficios; os medios de comunicación que seguen a publicar anuncios de prostitución ou as empresas que distribúen bebidas alcohólicas. “De xeito que os intereses que forman parte deste lobby proxeneta son moitos e algúns xamais se definirían a si mesmos como si tivesen algún tipo de complicidade coa prostitución, e sen embargo, o teñen”.
“¿A
prostitución está vinculada coa pobreza? Por suposto. Cando un país
sube as súas taxas de benestar a prostitución autóctona se reduce
e nalgúns casos, practicamente desaparece. De modo que a relación
entre pobreza e prostitución é de causalidade, pero non todos os
países elaborado un proxecto económico que consista en exportar a
mulleres para a explotación sexual; é unha elección económica,
unha elección de país“, apuntou.
Volvendo
a citar a Sassen, para Cobo o concepto que mellor define ás mulleres
que teñen que exercer a prostitución “é o de expulsión”: “Se
hai unha expulsión paradigmática do capitalismo neoliberal, global,
é a prostitución. As mulleres da prostitución son expulsadas das
súas sociedades, das súas contornas, das súas familias, das súas
comunidades. Por seren expulsadas, son expulsadas das súas propias
expectativas de vida. Por iso é unha expulsión distinta, é unha
expulsión para un destino, e ese destino está ao lado de onde
vivimos. Nun piso no noso edificio ou nun burdel a dous quilómetros”.
Os concelleiros do equipo de goberno, Sergio Casal e David Alonso supervisaron hoxe a tala de dúas árbores do Parque do Cristo que presentaban un risco moi importante.
Unha deles estaba a piques de precipitarse contra unha das atraccións que se instalaron coas Festas.
A outra árbore está preto da capela. Ambas as dúas teñen uns fungos que produciron a podremia das raíces, feito fixo precisa a súa tala por seguridade.
A cantante Uxía súmase á celebración da ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’, nas Neves, que empezou o pasado xoves, día 3 de outubro, e segue, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro sábado, día 12 de outubro.
Precisamente ese día, o sábado 12 de outubro, ‘Uxía e Banda’ ofrecerán un concerto na Praza Maior nevense, ás 20 horas, logo de actuar en Zaragoza, dentro das Festas do Pilar, e antes de desprazarse a Alemaña, para actuar no Folkherbst de Plauen e de tocar no ‘Tributo a Narf’, en Maputo, a capital de Mozambique.
Ese mesmo sábado, ‘día grande’ da festa do tinto deste ano, ás 13 h a actriz e presentadora Neves Rodríguez será a encargada de dar o pregón nunha xornada na que o viño e a gastronomía serán os protagonistas, sen esquecer música e actividades pensadas para os máis pequenos, coma o espectáculo de clown infantil ‘MERE-cidamente’, ás 5 da tarde.
V Ruta dos pinchos
O programa da Festa do Tinto segue adiante todas esta semana ‘V Ruta dos pinchos do Tinto Rías Baixas’, no que participan os principais locais de restauración de As Neves, ofrecendo pincho e viño a un prezo de 2,5 €.
O goberno local celebrará mañá xoves, ás 19:30 horas, na sala multiúsos do auditorio municipal Reveriano Soutullo, un encontro co tecido deportivo da localidade. O obxecto do encontro, no que estarán presentes o alcalde, Xosé Represas; a concelleira de deportes, Nahir Covelo e o concelleiro de Participación Cidadá, Roberto Mera, é expoñer as liñas de traballo e os obxectivos da área que dirixe a nacionalista Nahir Covelo.
Á reunión están convocados todos os clubs deportivos da localidade así como os deportistas a título individual. Nahir Covelo adiantou que neste mandato “introduciránse importantes cambios no funcionamento da área de deportes para dar resposta eficaz ás aspiracións do enorme tecido deportivo co que contamos en Ponteareas”.
Ademais, tamén se informará aos clubs
sobre as bases que rexerán a nova convocatoria de subvencións que
se porá en marcha de inmediato.
Concello de Nigrán e a Fundación Menela celebran este venres 11 de outubro a derradeira etapa do proxecto ‘Xacobeo Autismo. Un Camiño para todos’ no que usuarios da Fundación Menela concluirán a ruta xacobea pola costa cun acto no Auditorio Municipal. O Concello fai un chamamento á participación dos centros educativos e de toda a veciñanza en xeral para que se una a esta xornada que arranca ás 10:40 h dende a Alameda da Ramallosa para chegar sobre as 12:00 h ao Auditorio Municipal, onde terá lugar un acto no que resumirán as conclusión extraídas deste ‘Camiño da inclusión’ que arrancou o 17 de setembro na Guarda e no que tocará a orquestra Castro Navás. Nesta etapa realizarase a variante polo litoral ao ser menos dura físicamente e máis accesible.
“Queremos
que participe o maior número de xente posible e de entidades para
amosar que Nigrán é un municipio comprometido coa plena inclusión,
queremos camiñar todos xuntos”, indica o alcalde, Juan
González.
Esta iniciativa na que participa o Concello de Nigrán permite que 20 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada do Centro Castro Navás (en Priegue) percorran a ruta oficial pola costa xunto ao seu persoal especializado e diferentes entidades locais en cada etapa co obxectivo de facer o camiño accesible grazas a súa propia experiencia. O proxecto conta tamén coa axuda do programa ‘O teu Xacobeo’ impulsado pola Xunta de Galicia.
Os participantes fan noite en albergues o día anterior a cada etapa. Na primeira xornada o 17 de setembro percorreron os 10,3 km que separan A Guarda de Portocelo, ao día seguinte camiñaron ata Oia e o resto de tramos dividiuse entre os días 24 e 25 de setembro (Santa María de Oia-Mougás), 1 e 2 de outubro (Baiona-A Ramallosa); e finalmente, o venres chegarán á Casa do Concello de Nigrán dende A Ramallosa.
O obxectivo é que, grazas a esta experiencia, usuarios e técnicos da Fundación Menela propoñan unha sinaléctica con pictogramas e información que faga todo o Camiño pola Costa accesible dende o punto de vista cognitivo. Paralelamente, estas sete etapas son unha oportunidade para visibilizar a realidade deste colectivo e informar á sociedade sobre os recursos e servizos dos que dispón a Fundación Menela para a atención as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas familias, desde os primeiros anos de vida ata a idade adulta.
“Dende
o Concello de Nigrán quixemos participar no programa ‘O Teu
Xacobeo’ con unha iniciativa de carácter social acorde ao noso
programa municipal ‘Un Nigrán para todos’, por iso acollemos con
entusiasmo o proxecto da Fundación Menela e nos sumamos a el
inmediatamente, nada mellor que unir a posibilidade de que estas
persoas poidan gozar do Camiño con que, ao mesmo tempo, nos indiquen
como facelo realmente accesible dende o punto de vista cognitivo.
Queremos que o camiño pola costa sexa, de verdade, un camiño para
todos”, destaca Juan González, alcalde de Nigrán.
Baixo
estas premisas, en cada etapa do percorrido fóronse sumando
diferentes entidades ou centros educativos, para que funcionase tamén
como unha xornada de convivencia e, ao fin de cada unha, instalouse
un punto de información sobre o Autismo e a Accesibilidade. O grupo
realizou tamén visitas de interese histórico e cultural en cada
núcleo do Camiño, e rematou sempre o día sempre cunha reflexión
grupal no que xunto aos monitores comentaron como se sentiron ao
longo da marcha, que foi o que mais lles gustou, que lles dirían os
demais en relación o que viron, que cousas non lles pareceron ben,
etc. etc.
‘Xacobeo Autismo. Un camiño de todos’ conta cun orzamento de 20.413 € dos que o Concello de Nigrán aporta o 20 %.
Este mediodía, e coa presenza da concelleira de Seguridade e Facenda, Lourdes Moure e o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal, realizouse o acto formal de entrega dos novos vehículos do Parque Móbil Municipal aos diferentes servizos do Concello do Porriño, dentro da operación de renovación que acometeu o goberno local.
No acto, ó que asistiron a concelleira de Seguridade e Fazenda, Lourdes Moure e o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal, entregaronse nove vehículos para os servizos de Vías e Obras, Parques e Xardíns, Deportes, Servizos Sociais e Urbanismo.
Entregaronse nove furgonetas Peugeot modelo ‘Rifter’, rotuladas e co escudo do Concello do Porriño que irán destinadas aos servizos de Vías e Obras, Parques e Xardíns, Deportes, Servizos Sociais e Urbanismo. Quedan aínda por entregar tres furgons marca Renault que serán adxudicadas ós servizos de Vías e Obras e Parques e Xardíns.
Con anterioridade entregaronse os catro vehículos para desplazamentos do goberno municipal (tres Seat ‘Ateca’ e un Mini) e outros vehículos Peugeot 308 para diferentes departamentos do Concello ata totalizar os 25 que forman parte desta operación de renovación do parque móvil municipal mediante renting por 4 anos.
O parque móbil do Concello tiña unha media de 15 anos, pero hai vehículos que superan as dúas décadas de antigüidade. Especialmente o que atinxe os vehículos adscritos ó departamento de Vías e Obras que “teñen unha idade media de 25 anos cun evidente mal estado”, segundo un dos informes técnicos recabados polo goberno municipal.
A meirande parte dos vehículos antigos serán subastados e os que non saian por ese procedemento, irán destinados a despezamento.
A comezos de xullo os alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño mantiveron unha reunión para falar da situación da sanidade pública na comarca e, daquela acordaban solicitar unha reunión co Conselleiro de Sanidade. Desde entón, explican “seguimos á espera dunha resposta”.
O asunto que protagonizou hoxe a reunión da Mancomunidade –a que pertencen os concellos de Tui, Tomiño, A Guarda e O Rosal– foi a situación de precarización da sanidade pública, e a preocupación existente pola falta de medios materiais e persoais. Os alcaldes e alcaldesas non entenden “como a Consellería pode seguir sen responder á solicitude de reunión co conselleiro de Sanidade”.
A Mancomunidade do Baixo Miño “reclama publicamente unha resposta inmediata á solicitude de cita co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña”. A sanidade pública, afirman as alcaldesas e alcaldes da Mancomunidade “é un dereito e debera ser unha prioridade por parte da Xunta de Galicia. Trátase da saúde e en definitiva da vida das persoas”.
Desde a Mancomunidade consideran que “é inconcibible” que o conselleiro non responda á solicitude de reunión dos representantes públicos da veciñanza do Baixo Miño.
Dende este ano a Oficina de Turismo Municipal da Guarda forma parte da Rede de Oficinas Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra e unha das melloras foi a ampliación do horario de atención. Durante os meses de verán a oficina ampliou o seu horario e datas coa apertura de luns a domingo.
Nestes meses atendéronse a máis de 3.000 visitantes e turistas sendo a consulta máis habitual o qué visitar na vila e nos arredores.
Dende
hai uns anos xa é habitual que os peregrinos percorran as nosas
rúas. A Oficina de Turismo na Praza do Reló atopase no recorrido do
Camiño Portugués da Costa polo que tamén son numerosas as
consultas atendidas dos peregrinos, ademais de selar a credencial.
Este verán detectouse un incremento de peregrinos que comezan na
nosa vila a súa peregrinación a Santiago polo Camiño Portugués da
Costa.
Este horario ampliado de verán continuará no mes de outubro. Polo que a Oficina de Turismo no antigo Concello estará aberta de luns a domingo de 10 h a 14 h e de 16.30 h a 19.30 h.
O
Goberno local de As Neves vén de iniciar o proceso de cambio do
céspede do Campo Municipal de Fútbol ‘Pepe Capón’ que, logo do
uso continuado durante 12 anos e os danos causados polo brutal
incendio, presenta importantes deficiencias.
A declaración de Zona catastrófica por parte do Goberno Central, logo dos lumes de 2017 abriu a posibilidade de financiamento para esta obra de reposición e o Concello de As Neves acudiu á convocatoria de subvencións, conseguindo do Estado preto de 85.000 € de investimento para repoñer o céspede artificial.
Ao tempo, o Goberno Municipal contactou coa Federación Galega de Fútbol que se ocupou de elaborar o proxecto definitivo que ten un custo de case 170.000 €, do que o Concello aportará o resto do orzamento –outros 85.000 €– para realizar este traballo que se agarda que sexa unha realidade a finais deste ano ou a comezos de 2020.
O Concello de Nigrán ven de desbrozar de maleza e de xeito subsidiario unha finca privada con dono desconocido situada ao carón da rúa José María Pérez Alonso (núcleo de Nigrán), a maior ata a data ao contar con 8.000 metros cadrados de superficie.
A mesma presentaba gran cantidade de especies invasoras (fundamentalmente herba da pampa) e contaba con numerosas denuncias de veciños próximos a ela e preocupados por se chegaba a arder.
A acción forma parte da campaña do Concello de Nigrán para previr os incendios forestais e supuso xa a intervención municipal en 27 parcelas de tódalas parroquias con propietarios descoñecidos ou que non asumiron a obriga legal de manter a finca limpa pese a terlle sido requirido. En tódolos casos o Concello manterá os expedientes abertos para repercutirlles as custas a cada lexítimo dono.
A
realización desta campaña supuxo a contratación por vía urxente
dunha empresa de xestión da Biomasa, Arbogal, para que levase a cabo
os traballos trala inacción da Xunta, coa que o Concello mantén un
convenio a través de SEAGA que obriga a este organismo autonómico a
asumir este tipo de acción. “Por responsabilidade decidimos
intervir nos mesmos e non agardar máis”, indica o rexedor, Juan
González.
A oficina municipal de Medio Ambiente traballa cun total de 168 expedientes abertos por mor de denuncias veciñais sobre parcelas sen limpar, a maior parte destes procedementos rematan ao acceder os propios titulares a limpar.
O Concello da Guarda vén de informar a interesados e interesadas que este sábado, día 12 de outubro, non se realizará o mercadillo semanal dos sábados no entorno da Alameda da Guarda, debido á festividade da Virxe do Pilar.
Do mesmo xeito o Concello lembra á veciñanza e visitantes que o Mercado da Praza de Abastos da localidade estará aberto ofertando produtos cárnicos, peixes, froitas e hortalizas en horario de 8:00 h a 14:00 h.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.