13.9 C
Pontevedra
Domingo, 28 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaCarmela Silva: "Fronte a prostitución a única posición ética, decente e humanamente...

    Carmela Silva: “Fronte a prostitución a única posición ética, decente e humanamente aceptable é o abolicionismo”

    O Castelo de Soutomaior acolleu a xornada “Mercantilización do corpo das mulleres” na que participaron destacadas feministas como Rosa Cobo, Ángeles Álvarez, Sivia Pérez o Towanda Rebels

    Cun cheo absoluto, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, abriu no castelo de Soutomaior a xornada ‘Mercantilización do corpo das mulleres’ da Escola de Igualdade María Vinyals cun recordo ás ‘Trece Rosas’, unha lembranza de xustiza e desagravio tal e como deixou claro a presidenta provincial.

    “Quero dicirlles aos que pretenden dinamitar un sistema de igualdade que non van pasar, que non lles imos deixar pasar”, reivindicou Silva, que tamén destacou que “estamos a vivir unha situación na que se estenden os discursos ultra conservadores do neoliberalismo capitalista, proteccionista, atacando ás mulleres e é preciso que teñamos a fortaleza suficiente para poder defender outro mundo que é o que queremos dende o feminismo. Estamos aquí para quedarnos e non imos dar ningún paso atrás”.

    Na apertura da xornada, na que se está a falar de prostitución, trata de persoas, pornografía o ventres de alugueiro, Carmela Silva destacou que “na Deputación de Pontevedra temos moi claro que a única posición ética, decente e humanamente aceptable fronte á prostitución é o abolicionismo e dicímolo con orgullo”. Por estes motivos destacou a presidenta a importancia da xornada “Mercantilización do corpo das mulleres”, na que se vai afondar no centro dende o que nace “esta violencia suprema contra as mulleres, particularmente contra as más vulnerables, as que non teñen capacidade para decidir”.

    Neste eido, a presidenta da Deputación apelou á necesidade de “cambiar o sistema patriarcal e propoñer outras relacións humanas baseadas nos dereitos humanas. Non podemos esquecer que ás mulleres que viven as situacións nas que os seus corpos son mercantilizados néganselles os máis básicos dereitos humanos”. Tamén amosou Silva o seu desexo de que da xornada “saian propostas que poidamos elevar a diferentes administracións e espazos para ser capaces de ir camiñando cara a erradicación da prostitución”.

    A xornada “Mercantilización do corpo das mulleres” está a afondar no Castelo de Soutomaior sobre o que significa a prostitución, os ventres de alugueiro, a trata ou a pornografía. “Imos falar da explotación do corpo das mulleres porque non podemos quedarnos de brazos cruzados ou seguir no tempo de silencio, queremos unha proposta diferente de sistema onde a igualdade sexa o centro de todas as cousas”, asegurou a presidenta da Deputación. “Falamos da sangue que alimenta o patriarcado, do neoliberalismo capitalista –como di Rosa Cobo– que pretende que todo sexa unha mercancía”, destacou Silva, e por iso ao longo da xornada falarase de “situacións terribles de discriminación que padecemos todas as mulleres dende o noso nacemento, chegando, as máis vulnerables, ata á escravitude”, afirmou a presidenta.

    Deste xeito, durante a xornada están a participar mulleres “que teñen feito unha análise moi profunda de onde parte esta desigualdade e violencia extrema contra as mulleres como Rosa Cobo, Ángeles Álvarez, Silvia Pérez, Towanda Rebels (Teresa Lozano e Zúa Méndez)”. A todas elas a presidenta lles agradeceu a súa participación, dedicando unha especial atención a Rosa Cobo, “que nos últimos tempos nos ten volto a amosar a súa valentía”, e á deputada de Igualdade Isaura Abelairas, “unha muller comprometida que estruturou na Deputación un departamento de Igualdade que é xa un referente do feminismo”.

    A xornada ‘Mercantilización do corpo das mulleres’, cun “cheo absoluto que significa que hai preocupación e ocupación na sociedade”, estase a retransmitir por streaming a través da páxina web da Deputación de Pontevedra e das redes sociais da institución provincial.

    Conferencia de Rosa Cobo

    Conferencia de Ángeles Álvarez

    Conferencia de Silvia Pérez

    Clausura

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.