12.4 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránO «CPI Arquitecto Palacios» entrega aos servizos sociais de Nigrán 1.330 euros...

    O «CPI Arquitecto Palacios» entrega aos servizos sociais de Nigrán 1.330 euros en vales de comida

    Os cartos foron recadados na 'X Carreira Solidaria' que organizan o día da Paz e na que tamén participaron alumnos do CEIP da Cruz, CEE Juan María, CEE Panxón e Dunas

    Unha representación de alumnos e docentes do CPI Arquitecto Palacios de Panxón entregou onte ao alcalde de Nigrán 1.330 € en vales canxeables por comida para que os Servizos Sociais do Concello os distribúan entre as familias en dificultade.

    Á entrega, que tivo lugar nas instalacións do centro educativo, acudíu tamén a concelleira de Educación, Marina Vidal, e a de Asuntos Sociais, Bibiana Peixoto. Os cartos foron recadados na ‘X Carreira Solidaria’ que organizan cada ano coincidindo co día da Paz e na que tamén participaron alumnos do CEIP da Cruz (Camos), CEE Juan María, CEE Panxón e Escola Infantil Dunas. Foron máis de 100 alumnos os que correron tras achegar os seus patrocinadores adultos unha axuda para a causa (cadansúa volta ao circuíto é premiada por un ‘padriño’).

    “Estamos moi orgullosos desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva, por iso damos especialmente as grazas ao docentes pola organización e aos nenos e aos seus ‘padriños’ pola súa participación imprescindible”, destaca o alcalde, Juan González.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS