13 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaDúas Anpas de Tomiño e unha de Ponteareas contarán con axudas da...

    Dúas Anpas de Tomiño e unha de Ponteareas contarán con axudas da Xunta para actividades de igualdade

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que en total, beneficiaranse destas axudas un total de 35 anpas con case 105.000 euros

    As ‘Anpa Solleiro’ do IES Tomiño; a ‘Anpa do CEIP Pintor Antonio Fernández’ de Goián e a ‘Anpa Pena do Equilibrio’ do CEIP Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas recibirán, en total, 9.000 euros da Xunta de Galicia para desenvolver actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia machista.

    Un total de 35 anpas de toda a provincia beneficiaránse destas axudas que acadan case que os 105.000 euros. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Secretaría Xeral de Igualdade que dá conta da ampliación do orzamento da orde destas subvencións destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero postas en marcha polas Asociacións de Nais e Pais galegas (Anpas).

    José Manuel Cores Tourís destaca que desta forma búscase “amparar ao maior número posible de solicitudes”, tendo en conta que é a primeira vez que se publica unha convocatoria destinada a estas entidades e debido á elevada demanda.

    Estas axudas, financiadas no desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, estaban dotadas nun principio cun total de 300.000 euros. Agora, tras incrementar o crédito, a contía elevase en 80.000 euros ata os 380.000. Cada solicitude poderá recibir un máximo de 4.000 euros se é de carácter individual; ou de 7.000 euros, no caso das peticións conxuntas presentadas por dúas ou máis Anpas dun mesmo concello ou por unha federación ou confederación de Anpas.

    Ao abeiro desta orde de axudas, poderán financiarse programas e actividades de difusión dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarias, ás familias, ás Anpas e á comunidade educativa.

    Entre as actuacións subvencionables inclúense escolas de pais e nais que aborden temas de igualdade, de educación afectivo-sexual e sobre violencia de xénero; a elaboración de materiais informativos para nais e pais que lles axuden a detectar estes casos; a realización de accións de formación, sensibilización e difusión contra a cosificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas; a formación para pais e nais ou mozos e mozas sobre o uso adecuado e crítico das novas tecnoloxías, sobre todo no que se refire á protección da privacidade e os ciberdelitos; accións de formación coas familias e o alumnado sobre novas masculinidades ou micromachismos; e outras accións que sensibilicen sobre os estereotipos e que dean a coñecer as pautas para previr a violencia de xénero o os protocolos existentes en casos de agresións.

    A Xunta considera “fundamental” a implicación das Anpas galegas para poder chegar ás familias e ao alumnado galego e dotalos das ferramentas necesarias para promover unhas relacións respetuosas e en igualdade que preveñan e axuden a erradicar todas as formas de violencia de xénero.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.