12.8 C
Pontevedra
Domingo, 26 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO local Amazonas de Tui acolle, o sábado, a Festa do Orgullo

    O local Amazonas de Tui acolle, o sábado, a Festa do Orgullo

    Este sabado 19, o local Amazonas de Tui, celebra a Festa do Orgullo, cunha serie de actividades durante toda a fin de semana. As actividades comezarán xa ás 20:00 horas do sábado coa charla coloquio sobre Identidade Sexual que correrá a cargo de «Pvlse Vigo» moderada por Daniel Pregal e Daniela Ledo. Nesta conversa aberta, as e os asistentes poderán preguntar aos relatores todas aquelas dúbidas ou cuesións de interese sobre identidade sexual.

    A partir das 21 horas, Pvlse Vigo instalará unha mesa no local cunha campaña de prevención de ETS, co reparto gratuíto de profilacticos, folletos e información.

    Xa a partir das 23 horas, haberá actuación de Drags, cócteis, Dj Chiruka no mesmo local, nunha actividade coordinada por Elektra e o propio local Amazonas.

    O domingo durante a session vermut, EUFORIA FTA (Familias Trans Aliadas) organizan un contacontos para os máis novos. Dende Pvlse Vigo faise un chamamento á toda a cidadanía a participar “nesta festa e xornada de visibilización”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS