Luns, 13 Xaneiro de 2025

Dezaseis mozos e mozas melloran a súa empregabilidade no obradoiro «Redondela Sostible»

Os alumnos e alumnas participantes recibirán ao remate do Obradoiro de Emprego os certificados profesionais correspondentes en Deseño gráfico e Carpintaría e Vernizado

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Emprego, María Castro, visitaron aos participantes no novo Obradoiro de emprego ‘Redondela Sostible’. En total participan nesta iniciativa, catro persoas do equipo técnico e docente e 16 alumnos/as traballadores/as.

O novo Obradoiro de Emprego, promovido polo  Concello de Redondela e subvencionado pola Consellería de Economía Emprego e Industria, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil, e pola propia administración municipal.

A iniciativa informativa impártese en dúas dúas especialidades: Deseño Gráfico e Carpintaria e vernizado, con oito alumnos/as traballadores/as en cada unha delas.

‘Redondela Sostible’ ten seis meses de duración, dende o 30 de setembro de 2019 ata o 29 de marzo de 2020. Os alumnos traballadores, con idades comprendidas enrtre 18 e 30 anos e inscritos no programa de Garantía xuvenil, son contratados con un contrato para a formación e o aprendizaxe e o finalizar o mesmo poden obtener os certificados profesionais correspondentes de Deseño gráfico e Carpintaría e vernizado.

Con estas iniciativas, sinalaba a alcaldesa Digna Rivas, “buscase mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas”, nesa liña a alcaldesa sinalou a intención do Goberno local de “proporcionarlles as ferramentas formativas necesarias para que poidan acceder a un mercado laboral cada día máis competitivo e máis cualificado”.