21.2 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaÁngeles Álvarez insta ao Estado "prohibir de forma taxante o aluguer de...

    Ángeles Álvarez insta ao Estado “prohibir de forma taxante o aluguer de mulleres con fins reprodutivos”

    “A primeira batalla que se libra ten que ver co borrado da terminoloxía, a segunda con ter claro que non falamos dunha técnica de reprodución asistida e que as mulleres non somos un tanque”

    Ángeles Álvarez, activista feminista, experta en violencia de xénero e portavoz da RECAV (Red Estatal Contra el Alquiler de Vientres) centrou a súa conferencia na “Mercantilización reprodutiva do corpo das mulleres”, no marco da xornada da Deputación de Pontevedra na Escola de Igualdade “María Vinyals” no Castelo de Soutomaior. A feminista, presentada pola xornalista Salomé Soutelo, destacou na súa intervención que este feito trátase dun novo fronte na axenda feminista e instou ao Estado a poñer límites e prohibir de forma taxante o alugueiro de mulleres con fins reprodutivos.

    Máis polo miúdo, Álvarez fixo fincapé na necesidade de anular a instrución do 5 de outubro de 2010 da Dirección Xeral de Rexistros e do Notariado, sobre réxime rexistral da filiación das/dos nacidas/nacidos mediante xestación por substitución. Así, a feminista reivindicou que “unha instrución do rexistro non pode contradicir a lexislación e temos moitos fiscales que están a poñer en cuestión este feito”. Ao respecto, Álvarez anima a seguir “o modelo alemán, que debe ser a aposta en canto ao alugueiro de mulleres con fins reprodutivos”

    Xunto a esta cuestión, Ángeles Álvarez tamén instou a considerar explicitamente na Lei de reprodución humana asistida (na que se recoñece que os contratos para o alugueiro de mulleres con fins reprodutivos son nulos de pleno dereito) a ilicitude do aluguer de mulleres e tipificalo como delito. Amais, tamén cómpre, segundo a feminista, incluír como atentatorio da igualdade a publicidade relacionada co alugueiro de mulleres con fins reprodutivos e prohibir que se realice no territorio español calquera actividade de intermediación de servizos relacionados co aluguer de mulleres para a reprodución de seres humanos.

    Tamén incidiu Ángeles Álvarez na importancia da linguaxe, “elemento clave da industria reprodutiva, que describe o aluguer de mulleres con fins reprodutivos como unha mera transacción na que o concepto de maternidade se disocia da xestación e do parto”. Neste eido, a conferenciante insistiu en que “ao igual que a industrialización da prostitución aspira a convencernos de que poñer a mulleres a disposición non é outra cousa que unha operación mercantil inocua, a industria reprodutiva describe o aluguer de mulleres como unha mera transacción. A través da linguaxe, os explotadores reprodutivos crean novos conceptos e terminoloxías para construír un escenario que borra todo rastro das mulleres que participan no proceso. Crean, deste xeito, unha nova realidade e unha confusión conceptual ilegal que busca romper todo vínculo con quen xesta e pare”.

    Fronte a esta “creación de novos conceptos” que impón a industria reprodutiva, Ángeles Álvarez reivindicou a necesidade de “chamar ás cousas polo seu nome: a capacidade de xestar e levar un embarazo a término das mulleres non é unha técnica reprodutiva, estase a falar da lei do capitalismo abrazada firmemente co patriarcado, de que a maternidade debe entrar no comercio neoliberal”. Neste eido a feminista insistiu en que o embarazo e o parto “é un feito real e biolóxico, non unha técnica, e supoñer que o útero dunha muller, o embarazo, e o parto son técnicas reprodutivas está a deshumanizar as capacidades reprodutivas das mulleres asimilándoas a vexetais”. Ademais, e tamén relacionado co anterior, Álvarez apelou á epixenética, a investigacións que “poñen de manifesto que a futura nai, a muller embarazada, é capaz de modificar a xenética do seu fillo aínda que o material xenético non sexa seu. Ademais as células fetais tamén se transmiten á nai e perviven para sempre na muller e a cambian”.

    Conferencia de Rosa Cobo

    Conferencia de Silvia Pérez

    Clausura

    Acto de apertura

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS