Xoves, 5 Xuño de 2025

As Neves abre a inscrición para as probas do posto de auxiliar da Biblioteca Municipal

0

O Concello de As Neves ven de sacar a concurso a praza de Auxiliar da Biblioteca municipal aberta a aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos nas bases da mesma, entre eles estar en posesión do título de Bacharelato, técnico de Formación Profesional, ou calquera outro equivalente, ou ter o título acreditativo de nivel de coñecemento da lingua galega, CELGA IV, ou equivalente.

As persoas que desexen participar neste proceso selectivo deberán presentar unha instancia cuxo modelo se facilitará no rexistro xeral do concello, na sede electrónica ou na páxina web do concello no prazo de 5 días naturais dende a publicación da convocatoria.

Gonzalo Caballero pon como exemplo de “estabilidade e progreso” ás deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, criticou que Feijóo “se poña medallas falando de estabilidade cando é a estabilidade dos cemiterios, a dun proxecto esgotado no que nada se move e non hai avance para a cidadanía galega”. Fronte a isto, puxo como exemplo aos gobernos das deputacións socialistas que “suplen as deficiencias dunha Xunta que non chega ao territorio”.

Gonzalo Caballero rematou hoxe a súa rolda de visitas aos gobernos das grandes cidades e ao presidente da Fegamp cun encontro cos presidentes das tres deputacións gobernadas polo PSdeG, no que participaron Valentín González Formoso –A Coruña–, José Tomé –Lugo– e Pontevedra –Carmela Silva–. A continuación desprazarase a Arxentina, onde manterá un encontro co presidente do país o próximo xoves, ademais de verse coa colectividade galega no exterior.

O líder do PSdeG puxo en valor a xestión dos socialistas nas deputacións provinciais fronte a un goberno galego “esgotado, no que nada se move e que non deixa avances para a cidadanía galega”. “Cando os galegos queiran pensar no futuro, que miren para as deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo, e non á de Ourense”, recalcou, consciente de que alí se amosa o que pode ocorrer en Galicia tralo 5A.

Ademais, Gonzalo Caballero destacou a xestión “con criterios obxectivos e unha xestión eficiente e limpa dos fondos públicos” nas institucións provinciais. Constrasta, dixo, co “reparto clientelar e a xeneralización do amiguismo” dende a Xunta ou co que ocorre en Ourense, onde “se mestura o caciquismo dos Baltar coa ineficiencia e o esperpento que conxuga o alcalde de Ourense” que puxo Feijóo.

“Galicia quere cambio”

Así as cousas, presentou as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra como “exemplos claros de como os socialistas somos capaces de conxugar a estabilidade, o progreso e o avance social, mentres Feijóo ten a estabilidade da agonía, da inacción e do fin de ciclo na Xunta de Galicia”. Fronte a esta Xunta ausente, dixo o candidato do PSdeG, son as deputacións provinciais as que “fan a política social e dan o respaldo á política educativa, de igualdade ou cultural coas que a Xunta non cumpre”.

Neste contexto, censurou “o relato falaz de que o PP é o único que pode dar boa xestión”, que se “vén abaixo” co exemplo do trato aos concellos e ás deputacións, e destacou que “Galicia quere cambio”.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero anunciou unha “axenda de traballo dende a proximidade” para presentar “as diferenzas claras na forma de facer política” dun PSdeG que encabeza unha maioría progresista para “encauzar as desfeitas que deixa Feijóo logo de 11 anos de goberno”.

“Desastre en materia de emprego”

Así pois, presentou un “proxecto de país cun compoñente galego e galeguista ao servizo do país, coa prioridade nas persoas, nas políticas sociais, na sanidade, nunha verdadeira vertebración territorial e unha nova política económica que permita corrixir o desastre de Feijóo en materia de emprego”.

Advertiu que “Feijóo non quere falar da súa desfeita en materia laboral e de por que en Galicia hai 70.000 traballadores ocupados menos que hai 11 anos mentres en España hai 680.000 máis”. A ese respecto, advertiu de que “cando un país perde poboación, tamén ten que ver coa perda de emprego e cun emprego de peor calidade”.

A Deputación abre o prazo de inscrición para ‘DepoAventura A Lanzada 2020’

A Deputación de Pontevedra abre este mércores 4 de marzo o prazo de inscrición para participar nos exitosos campamentos “DepoAventura A Lanzada”. As persoas interesadas poderán presentar a solicitude a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra. O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir deste mércores.

O programa da institución provincial trátase dun programa que consiste no desenvolvemento de campamentos de verán no Centro de Vacacións A Lanzada, nos que a rapazada de entre 8 e 13 anos participa en actividades lúdicas, culturais, deportivas e formativas, co obxecto de contribuír ao seu enriquecemento persoal e de facilitarlles coñecer outros lugares e accións fóra da súa contorna habitual.

Durante unha semana as crianzas teñen á súa disposición actividades de convivencia, náuticas, medioambientais e ata algunhas de lingua inglesa. Amais, a institución provincial vai espallar os principios de igualdade, dándolle visibilidade ás mulleres dos ámbitos profesionais máis asociados aos homes, co obxectivo de poñer en valor o papel daquelas que lograron fitos importantes nestes campos, e tamén se porá especial atención no uso da linguaxe, actitudes ou musicas non sexistas nin discriminatorias.

‘Depo Aventura A Lanzada 2020’ ofertará un total de 2.200 prazas: 1.900 para o procedemento xeral e 300 para menores en situación ou risco de exclusión social. A Deputación asume o 50 % do custo total no caso das prazas de procedemento xeral, quedando un importe de 100 euros por persoa, e o 100 % nas prazas destinadas para menores en situación de risco ou exclusión social, sendo totalmente gratuítas.

Amais, como novidade de cara a este ano incorpórase a posibilidade de que as e os menores de familias monoparentais se beneficien, do mesmo xeito que as familias numerosas, dun desconto do 20 % sobre o prezo da praza.

Concretamente, nesta nova edición, os campamentos vanse desenvolver, entre o 21 de xuño e o 5 de setembro, en 11 quendas de 7 días de duración cada unha e cun máximo de 200 participantes.

O Goberno ponteareán licita a humanización da contorna do pavillón de deportes e centro de saúde

O goberno do BNG-PSOE do Concello de Ponteareas deu conta hoxe da apertura do prazo de licitación das obras de humanización e mellora da accesibilidade na contorma do complexo deportivo ‘Álvaro Pino’ e do Centro de Saúde. Ata o 12 de marzo, ás 14 horas, terán de prazo as empresas para presentar as súas propostas a través “dun concurso público aberto que garante a transparencia e igualdade de oportunidades para a execución deste proxecto”, sinala o Goberno local.

As obras estarán financiadas polo Concello de Ponteareas e da Deputación de Pontevedra a través do Plan de Remodelación e Mellora de Seguridade dos Viarios Municipais (Deporemse) cun orzamento de licitación de 526.614,11 € (IVE incluído) dos que o organismo provincial aportará 421.291,29€ e o Concello 105.322,82 €.

As obras suporán a transformación completa de todos os espazos públicos situados entre o complexo deportivo e as estradas que o rodean: N-120, estrada Ponteareas-Mondariz e acceso ao Centro de Saúde. Combinaranse amplos espazos verdes e arborados con zonas de estacionamento e executaranse novas beirarrúas e melloras da seguridade viaria renovándose os accesos ao centro de saúde e á zona deportiva da piscina e pavillóns.

O alcalde, Xosé Represas, e a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, destacaron a importancia dunha actuación “que constitúe un exemplo máis do cumprimento de compromisos adquiridos coa cidadanía mellorando o entorno para ser desfrutado polas persoas, e ofrecendo así unha cidade na que cada día se mellora a calidade de vida convertendo Ponteareas nun concello no que vivir”.

Os traballos perseguen tamén “facilitar a mobilidade desde o regato da Venda cara o río Tea e a súa senda e mellorar o aspecto e a estética urbana dunha das principais entradas á vila de Ponteareas”. Con ese obxectivo tamén se eliminará a construción adicada antigamente a posto da Cruz Vermella e despois a oficina de turismo, edificación que se atopa en estado ruinoso afeando a zona.

Éxito de público na primeira cita coas Xornadas sobre o Patrimonio do Condado de Ponteareas

As I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado, que organiza o Concello de Ponteareas a través da Concellería de Cultura que xestiona Fernando Groba, pecharon a súa primeira xornada cunha notable asistencia de público que amosou o seu interese por participar nunha iniciativa que busca poñer en valor a historia e o patrimonio da comarca.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, foi o encargado de abrir estas primeiras Xornadas acompañado de Fermín Pérez Losada, do departamento de Prehistoria da Facultade de Historia do campus de Ourense, e do responsable do Museo Municipal de Ponteareas, Gonzalo Fernández. Represas destacou “o apoio da Universidade de Vigo e o traballo realizado pola Concellería de Cultura que ofrece totalmente de balde estas novidosas xornadas que afondan nas nosas raíces”.

Expertos, alumnado da facultade de Historia, afeccionados e cidadanía en xeral quixeron gozar hoxe da oportunidade única que brindan as primeiras Xornadas sobre o Patrimonio do Condado de coñecer da man dos e das estudosas máis relevantes a historia do castro de Troña e da influencia da catedral de Tui no patrimonio medieval do Condado.

José Manuel Hidalgo Cuñarro compartìu coas e cos asistentes os seus amplos coñecementos sobre o Castro de Troña aportando tamén a importancia de dar un paso máis na posta en valor do noso castro, “é un orgullo estar hoxe en Ponteareas e ver o éxito de convocatoria destas xornadas. Agora toca dar un paso máis e desenvolver aquel plan director que no ano 95 quedou paralizado. Vintecinco anos despois segue a ser imprescindible continuar coas excavacións, consolidar as zonas que están sen consolidar e deseñar percorridos para facilitar a visita e completar así os esforzos que fai o Concello que colocou unha acertada nova sinalética”.

Hidalgo Cuñarro tamén realizou unha visita guiada ao castro de Troña que contou cunha numerosa participación de público.

Ao longo desta primeira mañá tamén intervíu a profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Cendón Fernández, para abordar a influencia da catedral de Tui no Patrimonio Medieval do Condado.

Mañá as xornadas comezan ás 10 horas co historiador Xosé Lois Vilar Pedreira do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) que falará dos petróglifos do Condado para dar paso ao arqueólogo Alberte Reboreda Carreira que nos achegará “unha ollada á toponimia e patrimonio cultural, o exemplo de Pesqueiras”.

Pola tarde terá lugar a visita guiada aos petróglifos de Gargamala (Mondariz) xunto a Xosé Lois Vilar Pedreira.

Cinco galardóns para integrantes da A.D. Avanza do Porriño na Gala do Ciclismo Galego

A Gala do Ciclismo Galego, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e celebrada o pasado 29 de febreiro no Teatro Principal de Pontevedra, foi unha xornada moi especial para a Asociación Deportiva Avanza do Porriño que miraba como cinco dos seus deportistas, eran galardoados pola súa traxectoria e o seu traballo. Xoel Montes, Senén Bastos, Uxía Soto, André Martínez e Borja Fernández, recollían os seus máis que merecidos trofeos pola súa participación e logros tanto nos eventos autonómicos coma nacionais.

Xoel Montes galardoado como líder Junior do Ranking FCG 2019 na modalidade de BTT-XCO; Senén Bastos galardoado como líder Junior do Ranking FCG 2019 na modalidade de BTT-DHI; Borja Fernández –corredor de recente incorporación as filas da A.D. Avanza– recibía o correspondente galardón como líder Cadete do Ranking FCG 2019 na modalidade de BTT-DHI; André Martínez facía o propio como líder cadete do Ranking FCG 2019 na modalidade de Ciclocrós e Uxía Soto era galardoada por ser subcampioa de España Cadete no Campionato de España Ciclocrós, Campioa Galega  2019 de Ciclocrós categoría cadete e segunda no Ranking FCG 2019 ciclocrós.

Cómpre salientar que o tudense David Fernández era galardoado na Gala do Deporte Tudense, celebrada o pasado día 28 de febreiro, once o Concell de Tui fíxolle entrega o PREMIO DEPORTISTA PROMESA MASCULINO.

A recentemente elixida Xunta Directiva da A.D. Avanza, amosou a súa “ledicia polos seus alumnos que recollen os froitos da súa constancia, respecto e amor por este fermoso e duro deporte”. 

Marzo, mes da muller no Rosal

0

O Concello do Rosal dedicará o mes de marzo ás mulleres e o decide facelo a través dunha ampla programación con actividades culturais, deportivas e artísticas que contarán cunha clara clave feminina. O obxectivo é “visibilizar o labor da muller na sociedade, reivindicando a igualdade de oportunidades nos distintos ámbitos da vida e o dereito a vivir sen violencias”. O Concello do Rosal quere ademais, nesta ocasión, “prestar especial atención ao papel da muller no mundo do deporte, un ámbito no que teñen unha presenza cada vez máis evidente e importante pero no que aínda queda moito camiño por percorrer para conseguir a igualdade”.

[su_slider source=”media: 12530,12529″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″ speed=”800″]

Seguindo este fío condutor, durante todo o mes de marzo a Casa do Concello acollerá a exposición ‘Muller no Deporte’, unha mostra con 13 fotografías de deportistas rosaleiras de diferentes disciplinas retratadas facendo o que máis lles gusta. Así, o público poderá ver fotografías das xogadoras de balonmán Alba e Andrea Dapena, Ana Belén Díaz e Elena Estévez; da judoka Verónica Pérez; da ciclista e triatleta Montse Martínez; das futbolistas Cecilia Fernández e Sara Álvarez; das atletas Ariana González e Vanesa Martínez; da piragüista Andrea González; da nadadora Fanny Pose ou da ciclista e xogadora de balonmán Arantxa Gómez.

O deporte será tamén o escenario escollido para a lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Muller. Será o vindeiro 7 de marzo, no descanso do partido entre o Acanor Atlético Novás e o Club Handbol Bordils (19 h), que arrancará coa actuación do grupo de percusión Trebón dos Xidos para logo dar paso á lectura dun dobre manifesto: Joaquina Cardoso, unha muller de 70 anos que tivo que pasar moitas vicisitudes na súa vida, e Sabela, unha estudante de 18 anos, muller nova e activa feminista ofrecerán “sen dúbida dúas visións moi diferentes sobre o pasado, o presente e o futuro se non se loita por esa igualdade tan necesaria”.

O 8 de marzo, no que se conmemora o Día Internacional da Muller, aproveitando a saída do Trail Muíños do Folón as deportistas participantes na carreira concentraranse detrás dunha lona alusiva ao 8M nun acto que terminará cunhas palabras da alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

Concienciando aos rosaleiros e rosaleiras

As actividades programadas para conmemorar o 8M completaranse con diferentes accións para concienciar aos rosaleiros e rosaleiras de todas as idades. Así, este xoves 27 celebrarase ‘Igual a nós’, unha actividade de dinamización en igualdade organizada e financiada pola Xunta de Galicia na que participarán todas as persoas asistentes ao obradoiro de memoria do Rosal.

Teatro, charla, debate e novas tecnoloxías funcionarán como eixo vertebrador dunha actividade innovadora a través da que se abordarán conceptos básicos sobre a igualdade.

Durante os meses de marzo e abril tamén se celebrará o ciclo de charlas ‘Ponte na súa pel’, cinco conferencias sobre igualdade e prevención da violencia de xénero dirixidas a comerciantes, clubs deportivos, profesorado, alumnado, asociacións de nais e pais, familias ou asociacións culturais, así como ao público xeral. Trátase dunha actividade con datas aínda por determinar que conta co financiamento do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade a través da Secretaría de Estado de Igualdade.

Como complemento a todas estas actividades o Concello do Rosal repartirá 100 camisetas e 500 chapas co lema ‘R-evolucionando mentes. O Rosal en feminino’ entre as persoas asistentes ao partido de balonmán do Novás, as persoas gañadoras do Trail ou aquelas persoas que compartan algunhas publicacións sinaladas no perfil de Facebook do concello.

Ponteareas e O Porriño acollerán novas accións formativas do programa ‘SmartPeme’

As oficinas do programa ‘SmartPeme’ da Deputación de Pontevedra en Ponteareas e O Porriño desenvolverán durante este mes de marzo novas accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade.

Deste xeito, ‘SmartPeme’ oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

En Ponteareas, as catro accións levaranse a cabo no Centro de Desenvolvemento Local, en Lomba do Cruceiro 5, Ribadetea. Estas comezarán o martes 3, de 19:00 a 21:00 horas, cun obradoiro de Como utilizar Instagram para promover a túa empresa. O martes 10 de 18:00 a 20:00 horas continuarán con Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais. O seguinte martes 17 de marzo de 18:00 a 21:00 horas será a quenda de O teu plan de marketing dixital paso a paso. E, por último, o martes 24 de marzo realizarase un taller titulado Como introducirse no mundo comercial, de 18:00 a 21:00 horas.

Por outra banda, no Porriño as catro accións formativas serán: Motores de reservas para empresas turísticas, o xoves 5 de marzo de 17:00 a 19:00 horas; Aprende a usar correctamente Facebook para empresas, o martes día 10 de 19:00 a 21:00 horas; Vídeo co teu smartphone: Crea, grava e edita como un profesional, o martes 17 de 18:00 a 20:00 horas; e, por último, o xoves 26 de 19:00 a 21:00 horas será a quenda de Aprende a elixir as palabras clave para a túa estratexia SEO e SEM. Estes obradoiros desenvolveranse no Multicentro do Concello de Porriño (Ribeira s/n, Torneiros).

Cómpre lembrar tamén que a nova sede da Deputación en Vigo, na rúa Chao, 17, acollerá cinco obradoiros. Fotografía de produto: todo o que debes saber terá lugar o martes 3 de marzo de 18:00 a 20:00 horas; Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest, o martes día 10 de 19:00 a 21:00 horas; Aspectos legais que toda páxina web debe ter, xoves 12 de marzo de 19:00 a 21:00 horas; Como ser eficiente na organización do teu tempo: Trello e TOGGL o luns día 16 dende as 16:00 ata as 18:00 horas e, por último, Aprende a usar correctamente Facebook para empresas, o martes 24 de marzo tamén de 19:00 a 21:00 horas.

As inscricións para tomar parte nestas accións formativas pódense facer a través da app, no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico [email protected] ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.

Os nenos e nenas de Nigrán realizarán o cartel oficial da ‘X Travesía a Nado Costa Serena’

0

O Concello de Nigrán e o Club deportivo Tumetapesonal, en colaboración coa firma deportiva Area, organizan un concurso de debuxo infantil para escoller o cartel anunciador da ‘X edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán’, que se celebrará o 5 de xullo en Praia América.

Na mañá de hoxe o alcalde de Nigrán, Juan González, acompañado pola concelleira de Educación, Marina Vidal; o concelleiro de Deportes, José Luis Sanromán, e membros da organización da travesía visitaron o colexio CEIP Carlos Casares de Nigrán para presentar o concurso, que está dirixido a nenos de entre 9 e 13 anos dos centros escolares de Nigrán.

O cartel deberá estar relacionado coa travesía a nado Costa Serena e nas obras deberán aparecer obrigatoriamente o areal de Praia América e un nadador/a. Os debuxos presentaranse en cartolina, tamaño DIN A4 e a cor. A técnica será libre.

A organización do concurso entregará premios aos tres primeiros clasificados. O gañador recibirá un diploma, unha mochila, unha toalla e un gorro da firma deportiva Area e unha cámara de vídeo e fotos sumergible. Ademais, o debuxo gañador, será o cartel oficial da X edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán.

O segundo clasificado ou clasificada obterá un diploma, unha bolsa deportiva, unha toalla e un gorro de Area e un smartwatch. O neno ou nena que quede en terceiro lugar clasificado recibirá un diploma, unha bolsa, unhas zapatillas deportivas e un gorro de Area. Os premios entregaranse no mes de maio aos gañadores.

O prazo para presentar os carteis nos colexios finalizará o día 15 de abril. A organización contactará cos gañadores o día 21 de abril para anunciar os resultados, que serán publicados na páxina web travesiaanadocostaserena.es. Todas as obras presentadas expoñeranse o día da travesía a nado en Praia América o 5 de xullo.

O concurso infantil é unha das distintas actividades previstas para conmemorar a ‘X Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán’, que se celebrará o 5 de xullo en Praia América. Durante o ano organizaranse distintos actos para festexar os dez anos da proba, que é a travesía popular con maior participación de toda Galicia con preto de 500 participantes, entre nenos e adultos.

O Goberno da Guarda acusa ao BNG de “desinformar á cidadanía” para “descalifiar ao alcalde e ao equipo de Goberno”

0

O Goberno da Guarda vén de amosar públicamente o seu malestar pola difusión, por parte do BNG, de noticias que “dado que non se pode demostrar a súa veracidade, máis parecen orientadas a descalificar ao goberno municipal que a informar aos cidadáns”, asegura o Executivo que preside Antonio Lomba. 

Hai uns días o BNG guardés difundía unha noticia sobre o suposto peche das oficinas do ISM e a Capitanía Marítima, informacións que posteriormente serían desmentidas polos propios representantes de ámbalas dúas institucións. “Resulta chamativo –di o Goberno local– que nos seus comunicados, os nacionalistas, non facían referencia as súas fontes de información”.

Ao mesmo tempo que se falaba deste suposto peche, engade o Concello da Guarda, “o BNG tamén remitía informacións sobre a urbanización da rúa San Queitano que nada teñen que ver coa realidade”. Nese sentido, explica o Goberno que a demanda do BNG respecto a esta rúa, no seu momento foi, literalmente: “inclusión do arranxo da Rúa San Caetano na partida correspondente do Plan Concellos da Deputación”. O equipo de goberno municipal, “consciente das necesidades da rúa, encargou un proxecto de urbanización por fases entre os números 2 ao 42”, proxecto polo que o voceiro do BNG “non se preocupou cando tivo responsabilidades de Goberno como concelleiro de Mobilidade” polo que, ao entender do executivo guardés “parece claro que lle resulta máis facil desacreditar o traballo do goberno municipal falseando informacións”.

No que atinxe ao antedito proxecto da rúa San Queitano, “este atópase no concello a disposición de calquera persoa que queira consultalo, por suposto tamén a disposición dos grupos políticos que o soliciten”. Ademais, explica o Concello da Guarda, este proxecto “tamén se pode consultar no portal de transparencia da sede electrónica do concello”.

En concreto, o documento contempla a urbanización da rúa coa reposición dos servizos de auga e saneamento, preinstalación da rede de abastecemento eléctrico e de telecomunicacións, a pavimentación en formigón cunha rígola central en pedra e a recollida e canalización das augas pluviais.  “Iso si, –aclara o Goberno– respectando sempre o Plan Xeral”.

O Equipo de Goberno informou no pleno a toda a Corporación, incluído o portavoz do BNG, “do retranqueo e arranxo de dous muros. O concello negociou estas cesións cos veciños, aos que hai que agradecer a súa colaboración desinteresada. Desta maneira podense cumplir as alineacións marcadas no Plan Xeral sin custo adicional para o pobo da Guarda”.

“Non é de recibo –conclúe o Executivo local– que unha formación política utilice a mentira e a desinformación e incluso a invención, para descalificar ao goberno municipal e alporizar aos veciños”. Pero, “por se acaso foi ignorancia”, os responsables municipais instan ao portavoz do BNG “a que cando non sabe algo, o pregunte”. 

Máis de 800 participantes tomarán a saída este domingo no «Trail Adventure Muíños de Folón» no Rosal

0

O Trail Adventure Muiños do Folón, que se disputará este domingo no Rosal, será a primeira proba da I Pontevedra Trail League, unha competición na que tamén figuran o Trail do Románico e o Trail do Tegra. A próxima fin de semana reuniranse máis de 800 persoas na terceira edición dunha proba espectacular e que creceu co paso do tempo. Os organizadores tiveron que ampliar o número de prazas e pechar as inscricións ante o elevado número de peticións.

No acto de presentación do Trail Muiños do Folón, que tivo lugar no restaurante Casa da Pintora, reiterouse ao importancia desta modalidade deportiva, cun gran crecemento nos últimos anos e que combina o esforzo físico co contacto coa natureza, a gastronomía e a historia. Foron elementos aos que se referiu Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal, canso dinalaba que “é un orgullo formar parte deste proxecto nun lugar tan emblemático e cheo de lendas como os muiños do Folón. Ademais coincide co día da muller, polo que entre todas e todos imos darlle maior realce posible”.

A rexedora municipal tamén se referiu ao impacto económico que deixarán as máis de 1.500 persoas, entre deportistas, acompañantes e organizadores, que rodean a proba. Ánxela Fernández agradeceu a achega das institucións privadas e públicas.

Pola súa banda, o deputado de Deportes, Gorka Gómez, subliñaba que “fomentar, apoiar, divulgar, favorecer e dinamizar este tipo de actividades é ao que damos preferencia desde a Deputación de Pontevedra. O lugar é máxico”. O deputado referiuse tamén á creación por primeira vez da Pontevedra Trail League, que aglutinará tres competicións de trail: “O proxecto é moi interesante. Desde a Deputación de Pontevedra non tivemos dúbidas en apoialo. Para todos é algo apaixonante”. Engadiu que “o deporte é un investimento para o futuro e tamén en saúde”

O Trail Adventure Muiños do Folón reunirá a máis de 800 participantes o vindeiro domingo desde as dez da mañá. Na modalidade de advance, os participantes afrontarán 21 quilómetros. Os de adventure serán de 12 quilómetros. No programa tamén se incluíu a tradicional andaina de 10 quilómetros. No perfil de inscricións figuran unha gran porcentaxe de persoas procedentes de Portugal, ademais das catro provincias galegas.

Serafín Martínez, director técnico da proba, indicou que “sempre é complexa unha organización con tantas persoas. Pero xa temos experiencia. Un dos principais obxectivos é que todos sentan cómodos”. Reiterou que “entre todos demos un paso máis. A achega do Concello do Rosal e o apoio da Deputación de Pontevedra son claves nestes proxectos”.

Ademais da competición, que se desenvolverá nun espazo emblemático, a organización ten previsto unha serie de alicientes especiais. Poderase visitar unha adega da zona, previa inscrición; as e os deportistas recibirán unha camiseta conmemorativa e todos e todas terán unha medalla amais de trofeos aos e ás mellores, trofeos deseñados por José Luis Rodríguez, recoñecido escultor.

Carmela Silva rexeita participar na apertura de curso 2020 da Academia Xacobea “inaceptable por machista e electoralista”

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva amosou o rexeitamento a participar mañá, 3 de marzo, ás 18.00 horas, na sesión solemne de apertura de curso 2020 da Academia Xacobea. “Trátase dun acto inaceptable polo seu sesgo machista e electoralista”, indicou Silva, quen tamén amosou a súa indignación tras coñecer que a organización non contemplase que a única muller da mesa presidencial tivera voz.

“Non vou a ir a un acto a sentarme nunha mesa presidencial rodeada de homes que participan activamente mentres eu permanezo calada”, asegurou a presidenta da Deputación. Ademais, para Carmela Silva esta sesión solemne de apertura do curso da Academia Xacobea trátase dun acto electoralista. “A defensa e a promoción do Camiño non entende de cores políticas, nin moito menos de actos electorais” destacou a presidenta quen tamén criticou que se poñan en marcha “eventos para enxalzar a un determinado partido político”.

Por estes motivos, esta mesma mañá Silva remitiu un escrito (que se pode consultar nesta ligazón) dirixido a Jesús Palmou, presidente da Academia Xacobea, para amosar a súa indignación e repulsa. “É unha vergonza que en pleno século XXI sigan a acontecer estes feitos, sigan a organizarse actos misóxinos e absolutamente partidistas e, aínda por riba, impulsados por unha institución como é a Academia Xacobea”.

Arte e debate polo Día Internacional da Muller en Vila Nova de Cerveira

Vila Nova de Cerveira celebra o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, cun proxecto artístico interactivo e a reflexión crítica para lembrar “a loita das mulleres por sobrevivir impunes na posmodernidade”. ‘DE PROFUNDIS: As (as súas) cidades en suspensión’ é un proxecto dinámico baseado nunha das obras do famoso autor Óscar Wilde “pola actualidade repugnante”, que agrega unha exposición individual de Luís Canário Rocha e unha actuación concibida polo artista e por Helena Mendes Pereira. A celebración termina coa organización dunha mesa redonda dedicada ao tema ‘Cal é o verdadeiro papel da muller na vida cotiá e o traballo doméstico’.

Co obxectivo de valorar os logros sociais, políticos e económicos das mulleres ao longo dos anos e discutir o papel das mulleres na sociedade actual, a autoridade local está asociada con este evento a través da promoción de tres actividades con forte interacción co público en xeral e de natureza provocativa.

Óscar Wilde (1854-1900) escribiu De profundis en Reading, unha prisión onde cumpriu condena por conduta indecente e sodomía en 1897. É unha longa e emotiva carta dirixida ao seu amante, Alfred Douglas, na que realiza unha reflexión crítica estendida ao modus vivendi dominante, rexido pola hipocrisía de saber ser social.

De profundis crea un enfoque simbólico á proposta de Luís Canário Rocha, iso “combina a exhibición da súa produción máis recente ao redor da poética das cidades e os seus lugares comúns e invisibles, coa presentación dunha actuación centrada nas mulleres e as capas que está tentada a poñer para sobrevivir impunemente na postmodernidade, tercamente conservadora nos seus valores e vectores”.

A actuación fai un silogismo categórico ás vidas suspendidas debido á obrigación de ser ama de casa, esposa e nai.

Para concluír esta celebración do Día Internacional da Muller, o programa tamén inclúe unha mesa redonda sobre o tema “Cal é o papel real das mulleres na vida cotiá e doméstica”, que se transmitirá en vivo, gravado e logo transcrito, dando lugar a un folleto de síntese do evento, con deseño e ilustración de Luís Canário Rocha.
O Programa iniciarase ás 16 horas (hora portuguesa) coa inauguración da exposición con presentación do artista Luís Canário Rocha e a curadora, Helena Mendes Pereira. Ás 17 h, realización da performance no Largo do Terreiro (tendo como lugar alternativo de celebración, en caso de choiva, a Fábrica). Finalmente, ás 18 h Mesa redonda “Cal é o papel real das mulleres na vida diaria e doméstica?”

As obras da Escola Infantil de Taboexa, As Neves, estarán rematadas este mesmo mes

0

A Concellería de Educación de As Neves agarda rematar este mes as obras de Escola de Educación Infantil de Taboexa,  no que aumentou o número de alumnas e alumnos, na que xa fora instalada a nova calefacción –que leva semanas en funcionamento– e se habilitase a segunda aula, logo de realizar un investimento de 1.500 €.

Coma sinala a concelleira de Educación, Pilar González Casas, xa se retiraron as reixas que ‘afeaban’ o edificio, a reforma do patio está acabada e recuperouse o soportal e nuns días tamén estará rematado o ‘areeiro’, no que as nenas e nenos poden xogar, especialmente os días nos que a choiva impide que o usen o patio.

Estes traballos súmanse aos de rehabilitación, aviado e instalación do parque da Escola de Educación Infantil de Rubiós, que abrangueron a reposición, reparación e revisión de pezas, pintado de estruturas, recuperación da varanda e substitución de táboas rotas, ademais de aviar os soportais exteriores e substituír as pezas dos baños, por un importe total de 4.186,60€.

O parque, situado a carón da nova Casa da Música, ademais está aberto para uso de todas as veciñas e veciños da parroquia e o Concello xa ten orzamento para a habilitación dun novo ‘patio interior’ na propia escola.

Galiña Azul

Os traballos para situar o novo centro na antiga casa do conserxe do Colexio Marquesa do Pazo da Merced están moi adiantados e se agarda que estean rematados en poucas semanas de xeito que as rapazas e rapaces poidan trasladarse axiña.

Esta nova escola, prevista para acoller, en principio a 20 nenas en nenos, terá unha superficie de máis de 160 metros cadrados, disporá dunha parcela de máis de 400 e estará cofinanciada pola Xunta de Galicia. O custo total da mesma será duns 300.000€ dos que a administración galega aportará 225.000, o 75 %, e o Concello de As Neves o restante 25 % (75.000 euros). 

Parabéns a ADENCO, parabéns a Ponteareas

Ponteareas 1989. Un busto de Francisco Franco preside a Praza Maior e un alcalde con firmes raices no rexime ditatorial e recoñecidas conviccións franquistas detenta un poder omnímodo na localidade á que chama Puenteareas. Hai só catorce anos que morreu o ditador e apenas oito dunha tentativa de golpe de estado. Ponteareas é un pobo en branco e negro ancorado no nacionalcatolicismo e no que semella que o reloxo do tempo se parou. Nada indica que vaia arrincar.

Santiago de Compostela 1989. A capital galega e universitaria ferve. Acabo de chegar e o movemento ecoloxista, antimilitarista, estudantil nacionalista ou de defensa da lingua cautívame e ilusióname. Todo é descubrimento: conceptos como ecoloxismo ou insubmisión, movementos sociais cheos de persoas comprometidas, actos, concentracións e manifestacións,… Domingo de mañá. En Compostela, baleira de estudantes e funcionarios, respírase a vila: a xente pasea polo Vilar e a Rúa Nova, a banda de música actúa en Platerías, a xente sae de misa… Na Praza do Toural, coma todos os domingos, hai un posto informativo de ADEGA, o referente do ecoloxismo galego. Paro, vexo, falo, entusiásmome e penso: hai tanto por facer, tamén en Ponteareas. Fronte ao ofrecemento de implantar ADEGA no meu pobo decántome pola nosa tradición minifundista e así, igual que en Guimaraes “nasceu Portugal”, na praza do Toural concibíuse ADENCO, a Asociación para a Defensa da Natureza do Condado quen, tras unha breve xestación de varias semanas, naceu o 24 de febreiro de 1990, hai agora trinta anos.

Ese nacemento era simplemente unha manifestación, un síntoma, e non sería o único, dun mar de fondo que se viña xestando naquela Ponteareas resignada e deprimida. Unha nova xeración ponteareán con ansias de cambiar o mundo dende a utopía comezaba a agomar e organizarse, axudados de maneira incondicional polos que, como Guillermo Rodríguez e a súa Peneira, nos precederan no compromiso cun mundo mellor: Xurxo López, Kiko Neves, Marcos López, Xosé Barcia, Fran Eiró, Delio García, Luciano Fernández, Helena Gil, Kiko Gil, Fani Covas, Xosé Manuel David, Guillerme Sendín, Jose Rodríguez, Óscar Pérez, Eva Carpente, Xosé Ramón Rodríguez, Daniel Costal e moitos e moitas máis, converterán a súa enerxía en movementos sociais que farán tremer as anquilosadas estruturas do poder local, intocabeis até entón.

O que emerxera en 1990 coma un grupo movido pola preocupación ambiental axiña verase acompañado coa aparición da expresión cultural desa xeración que funda Irmanciños da Fala, coa súa contestataria, irreverente e culturalmente inigualábel Faladeira. Non pasará un ano para que, coincidindo coas eleccións municipais de 1991, esa xeración atope a súa expresión política no nacionalismo e a súa formulación orgánica no BNG, até entón forza residual e marxinal e hoxe forza maioritaria e goberno en Ponteareas.

O documental “ADENCO 1990-1995: cinco anos de ecoloxismo no Condado”, realizado en 1995 e dispoñíbel desde esta mesma semana na rede, é un documento audiovisual histórico imprescindíbel para lembrar o que era a Ponteareas do postfranquismo e entender, coa perspectiva que nos dan tres décadas transcorridas, o que supuxo para a recente historia de Ponteareas a eclosión desa xeración que, configurándose como vangarda do seu tempo, foi quen de poñer pobo, moito pobo, detrás.

Máis alá do traballo de educación medioambiental que marcou a toda unha xeración de nenos e nenas ponteareáns que, da man de ADENCO, aprenderon nas escolas e fóra delas o respecto e o cariño polo noso entorno natural, a nosa loita en causas como A Picaraña ou o río Tea conquistou a boa parte da sociedade ponteareán e converteu ao grupo ecoloxista nunha potente organización con perto de medio milleiro de persoas asociadas.

A ollada atrás a través do documental pode sorprender a calquera, especialmente aos máis novos que daquela aínda non naceran. Hoxe, un lume nun vertedoiro en Euskadi é noticia polo grave risco para a saúde que supón; en 1990 ADENCO pelexaba contra un goberno que queimaba e queimou o lixo durante anos no vertedoiro da Picaraña asulagando de fume tóxico as parroquias próximas e a vila, provocando lumes forestais na contorna e contaminando auga para consumo humano captada nas súas proximidades. Hoxe, reciclar vidro ou papel é algo natural; en 1990 ADENCO, sen apenas medios e baixo ameazas do alcalde, implantou un sistema rudimentario pero eficaz de reciclaxe de vidro e papel porque o goberno se negaba a facelo.

Se a realidade medioambiental ponteareán e a resposta política en 1990 resultaría hoxe inconcebíbel, a vulneración de dereitos fundamentais que sofremos por parte do goberno local é a mellor proba de que a Ponteareas daquel tempo vivía aínda baixo a sombra do monumento que presidía a súa Praza Maior: ameazados de morte por colocar bidóns para a a recollida de vidro diante da negativa daquel goberno a instalar colectores de reciclaxe; xulgados e absoltos por colocar carteis e informar con megafonía sobre a contaminación dunha praia fluvial non apta para o baño que era ocultada conscentemente polo goberno local; unha policía que recibía ordes directas do alcalde para retirar pancartas, despegar carteis das paredes que reclamaban liberdade de expresión ou para averiguar a identidade de mozos e mozas que colocaban carteis críticos coa súa xestión ambiental; un alcalde que xustificaba a censura na televisión municipal das protestas e manifestacións de ADENCO dicindo que “no voy a invitarlos a comer en mi mesa” e un presentador dese medio que explicaba esa ocultación lembrando que a súa función era “darle a ustedes información que les haga agradable el vivir, no complicarnos la vida, está montado este servicio así para dar noticias, pero noticias constructivas”. Así era Ponteareas.

Tres décadas despois, calquera persoa que por idade poida ter perspectiva histórica, sabe que non é un exercicio de soberbia nin presuntuosidade afirmar que a fundación de ADENCO o 24 de febreiro de 1990 marcou un punto de inflexión, un antes e un despois, na realidade social e política de Ponteareas. O postfanquismo ponteareán do atado e ben atado, que arrincara en 1975, entrará en crise e tambalearase a partires da creación do grupo ecoloxista, dando así paso a un proceso, non de transición, afortunadamente, senón de ruptura conflitiva, virulenta e longa de máis (1990-2015) e, finalmente, á normalización democrática plasmada, por vez primeira en oitenta anos, na alternancia política que cristaliza en 2015.

O mellor reflexo dese cambio, impensábel en 1990, que supuxo a creación de ADENCO e o seu labor, é que quen estaban á fronte daquel grupo ecoloxista perseguido por unha policía local política, hoxe son responsabeis de dirixir ese corpo; quen loitaban por unha Picaraña libre de vertidos de residuos hoxe están transformando ese monte nun parque forestal; quen denunciaban os vertidos ao Tea e lograran mobilizar a un milleiro de persoas en 1994 en defensa do río nunha histórica manifestación, hoxe teñen encarreirada a ampliación da depuradora e a solución a un grave problema arrastrado desde hai tres décadas; quen colocaban bidóns para recoller vidro nas rúas hoxe implantan a compostaxe no rural; e o que é mellor, trinta anos despois do seu nacemento ADENCO continua vivo e mantendo incólume o seu espíritu reivindicativo da man dos que, como Anxo Fernández Saborido, colleron o testemuño e foron quen de traelo até 2020.

Parabéns a ADENCO, parabéns a Ponteareas.

Xosé Emilio Barros, “Mondariz tivo, durante moito tempo, Gobernos cun pensamento que non ía máis aló da seguinte cita electoral”

0

Por primeira vez na historia de Mondariz, o concello ten ao seu fronte a un alcalde nacionalista. Xosé Emilio Barros chega á alcaldía co apoio, non pactado dito sexa de paso, dun PP quen –máis por enfrontamento persoal co cabeza de lista de AporM que por táctica política– optaba por apoiar ao BNG. Logo, o pacto co PSdeG-PSOE, contribuía a darlle algo máis de estabilidade a un Goberno que, en minoría, terá que recorrer ao consenso e diálogo para sacar os temas importantes para Mondariz e a súa veciñanza.

Un mandato cun principio un tanto convulso.
Eu entendo que non tanto como parece e, en todo caso, dentro da lóxica normalidade dunha corporación municipal moi fraccionada, moi repartida e que obriga un pouco a chegar a acordos, a xestionar as cousas dende unha perspectiva de realidade. Non podemos esquecer que, na Corporación hai once concelleiros e concelleiras repartidos en cinco forzas políticas. Isto é unha realidade obxectiva e, polo tanto, isto necesita acordos, pactos e participación de todos.

O apoio do PP para que vostede acadase a alcaldía deu moito que falar…
Si. Falouse de pactos ocultos e de manobras estrañas…

Inexistentes?
Totalmente. Todo aquel que me coñeza sabe de sobra que, por convicción e pola miña forma de ser, para min é impensable un pacto co Partido Popular. Para min en política non todo vale

Considerase vostede un home de consenso?
Si, sen lugar a dúbidas. Unha proba diso é a participación e traslado de información en todo o que atinxe á vida municipal. Pero esa transparencia á hora de traballar non queda só en palabras, senón que se traslada a feitos. Así, por exemplo e a proposta desta Alcaldía, as obras de asfaltados serán tratadas nunha comisión de Urbanismo onde todas as forzas políticas participarán e na que se establecerán unha orde de prioridades e necesidades desas obras. Outro exemplo de participación e que Mondariz, por primeira vez, contará cun Plan de Acceso a Vivendas no que imos participar todas as forzas políticas. Esa é a dirección. Ese é o camiño que temos que seguir para que esa diversidade política da que falabamos antes, sexa algo enriquecedor e positivo. Temos que a capacidade de transformar esa circunstancia en algo que beneficie ao municipio e a súa veciñanza.

En que situación estaba o Concello a súa chegada? 
O anterior mandato caracterizouse polo feito de que o anterior Goberno tratou de facer visibilizar unha gran xestión económica que non era tal. De feito, tan pronto chegamos ao Goberno descubrimos que había algunha cuestión, como as débedas pendentes de pago do Centro de Día, que xa estaban a través do fondo de Cooperación na vía de detraemento, de ‘embargo’ que se diría coloquialmente. Chegaramos ao punto en que ían a comezar a retraerlle recursos e fondos a este Concello por esa débeda. Ademais diso, atopámonos co que se podería cualificar de ‘falta de rigor’ no fondo das cuestións.

En que sentido?
Pois no sentido que neste Concello, durante moitísimo tempo, non se afrontaron en serio as problemáticas en servizos básicos. Cuestións como a auga potable, saneamento, alumeado público incluso en temas como a estrutura de traballo dos propios operarios e funcionariado municipal… todo ese tipo de cuestións non foron nunca afrontados en serio neste concello e este é o traballo que estamos intentando facer nós, sendo conscientes que ese é un traballo moito menos visible, electoralmente pouco agradecido poderíamos dicir, pero que estamos convencidos que, por responsabilidade, este Concello necesita un cambio dende dentro, dende abaixo. Non necesitamos facer moitas obras nin moi rápido, é cuestión de crear e asentar as bases da estrutura deste concello cando menos para os próximos vinte ou vinte e cinco anos.

Con visión de futuro…
Evidentemente. Creo que non hai outra forma de facelo e, curiosamente, é o que nunca se plantexou neste concello.

Queixábase a oposición de falta de transparencia, problemas á hora de acceder á documentación municipal, falta de acceso aos pactos de Goberno.
Non hai moito que dicir. Os feitos están aí. No que ao pacto de Goberno fai referencia, o conxunto do Goberno fomos parroquia por parroquia explicando aos veciños e veciñas en que consistía o novo Goberno, como tiñamos pactado e que habíamos pactado, etc. Maior transparencia dubido que exista. Esta era a primeira vez que un Goberno presentábase cada venres nunha parroquia, poderíase dicir que a cara descuberta, diante da veciñanza para que puidesen dicirnos todo que consideraban que tiñan que dicir, o bo e o non tan bo.

Xosé Emilio Barros e concelleiros do Goberno municipal de Mondariz, nunha das charlas desenvolvidas nas parroquias en 2019

Maior transparencia dubido que exista. Esta era a primeira vez que un Goberno presentábase cada venres nunha parroquia, poderíase dicir que a cara descuberta, diante da veciñanza para que puidesen dicirnos todo que consideraban que tiñan que dicir, o bo e o non tan bo

O certo é que tivemos unha magnífica acollida e a iniciativa foi moi valorada porque podían falar libremente, presentar as súas demandas e as veces darnos un ‘pouquiño de caña’, como é lóxico. Pero, dese xeito, nós tíñamos tamén a oportunidade de explicarlles a situación do Concello, o pacto de Goberno, o reparto de áreas, que funcións levaba cada un… Iso é un exercicio de transparencia que, neste Concello nunca se tiña feito e dubido que haxa moitos concellos que o teñan realizado.

E o acceso á documentación?
Iso xa non hai nin que comentalo porque todo concelleiro e concelleira ten acceso á documentación non só porque sexa unha obriga legal, senón por propio convencemento de que é o camiño a seguir.

Seis meses despois… as cousas tranquilízanse?
Eu creo que sempre estiveron tranquilas. Tampouco debemos esaxerar as cuestións. As cousas nunca pasaron do que se podería chamar coloquialmente un rifirafe político, pero nada máis. Non percibo nin intranquilidade nin crispación; é máis, a nivel social percibimos comprensión e tranquilidade e débese fundamentalmente a que cando as cousas explícanse con claridade, a veciñanza entende perfectamente. Ao mellor hai que aguantar un ‘chaparrón’, unha crítica, pero cando lles explicas as razóns dunha actuación, tes argumentos e lle expós aos veciños e veciñas eses argumentos é moi difícil que a cidadanía non o entenda.

Se o explicas…
Claro, porque non se pode fuxir dos temas en lugar de afrontalos. Se lle fas fronte ao problema e o explicas todo é máis doado. A cidadanía é intelixente e o comprende perfectamente.

Todo o que se fixo foi sempre con vistas a cando toca a seguinte cita electoral das municipais e ese e o principal problema de Mondariz. Isto explica que, por exemplo, que non haxa unha pequena área industrial ou empresarial, que no ámbito turístico –que temos un potencial espectacular– non teñamos un contido estruturado que ofrecer como tal. Vivimos do nome, pero o nome ten que ir acompañado dunha estrutura turística ao redor porque senón iso esgótase…

Podería aproveitarse o tirón que, nese sentido, ten Mondariz Balneario?
Creo que si porque somos complementarios. Mondariz e Mondariz Balneario ou Mondariz Balneario e Mondariz, que tanto ten, temos que complementarnos non só nestes temas senón tamén en servizos. Hai que ampliar esa colaboración porque, curiosamente, vivimos moi de costas un de outro a pesar de que somos ‘irmáns’ e polo tanto, nós temos clarísimo que esa colaboración ten que multiplicarse.

Cales serían, para vostede, os grandes retos de Mondariz nestes momentos?
Sentar as bases do futuro. Ese é o gran reto. Mondariz durante moitísimo tempo viviu gobernos cun pensamento que non ía máis aló da seguinte cita electoral e esa situación, acumulada no tempo, arrastrounos a un concello decaído, onde faltou a capacidade de crear accións e estruturas con vistas ao futuro.

Xosé Emilio Barros, quen tamén é concelleiro de Desenvolvemento Económico e Turismo e concelleiro de Participación Veciñal, nas primeiras Xornadas de Oportunidades de Desenvolvemento Rural en Mondariz, celebradas en outubro de 2019

Sentar as bases do futuro. Ese é o gran reto. Mondariz durante moitísimo tempo viviu gobernos cun pensamento que non ía máis aló da seguinte cita electoral e esa situación, acumulada no tempo, arrastrounos a un concello decaído

E posible frear o despoboamento rural?
É difícil. Duro, complexo e difícil pero posible. No caso de Mondariz eu creo que si é posible. Por que? pois porque Mondariz está situado nunha faixa entre a zona costeira e a zona interior. Esa é unha vantaxe que temos que aproveitar porque estás á beira de núcleos de poboación moi potentes, como son os costeiros e iso permitiríanos, cunhas estruturas axeitadas, poder ser un referente en calidade de vida, dun pobo de semiinterior e recursos naturais para reter poboación. Esa falta de estruturas das que falabamos antes, fixeron que se multiplicase a caída demográfica…

Pero para iso precísanse servizos que non dependen do Concello como transporte, sanidade, ensino…
Por suposto, porque as cousas nunca acontecen por unha soa razón senón que suceden por un cúmulo de circunstancia que, sumadas, dan pe a que suceda algo. Mondariz ten un nome, un don, un ‘algo’ que as veces é difícil de explicar e que, ata o de agora, non fomos quen de poñer en valor.

Se lle preguntaran, a un ano vista cales son os obxectivos máis inmediatos do Goberno?
Pois eu lle contestaría que dar os primeiros pasos en todas esas estruturas das que falabamos antes e, eses primeiros pasos, comezan polo compromiso expresado na Comisión Municipal de Urbanismo de desbloquear un PXOM que leva bloqueado dende o 2006. Expresámoslle aos demais grupos esa necesidade e a intención do Goberno de avanzar neste tema.

Estamos plenamente decididos a dar os primeiros pasos nese camiño pero tampouco queremos poñer listóns moi altos. Trátase de que os pasos que deamos o fagamos con seguridade, con firmeza. Nós non tomamos decisións por un criterio electoral, tomamos decisións dende un criterio de responsabilidade.

O equipo cadete do C.B. Nigrán, subcampión de Liga

0

O equipo cadete do C.B. Nigrán proclamouse esta mañá subcampión da liga desta tempada 2019-2020. Foi un camiño longo e cheo de dificultades no que, en máis dunha ocasión, houbo que sacar forzas de flaqueza para remontar resultados adversos.

Son 11 xogadores que proveñen das escolas que o Club ten nos colexios de Nigrán e outros concellos limítrofes, xogadores dos que a súa adestradora, Nuria Gómez síntese “fondamente orgullosa” polo seu “tesón, constancia, ambición e pola marxe de mellora co que aínda contan”.

Foi, como sinalabamos, unha liga longa que arrincaba no mes de outubro e nunha categoría, a cadete, na que os rivais teñen un alto nivel de competición que fixo que os de nigrán enfrontaran cada partido como unha final. Esa mentalidade perfectamente inculcada pola súa adestradora, fixo que o equipo fora quen de poer chegar ao que, en principio, era un obxectivo case que utópico: disputar a final de liga.

Meterse entre catro primeiros foi complicado e, unha vez feito, tiñan que salvar o escollo, sempre complicado, de gañar ao Seis do Nadal a dobre partido. En Nigrán, como todos coñecen, empezouse a acariñar o soño cando o C.B. Nigrán superou este primeiro partido de ida gañando por case vinte puntos ao seu rival arroupados por unha bancada na que familias dos xogadores e demais familias do CB Nigrán foron un factor crave na devandita vitoria.

O equipo sabía o que se xogaba no partido de volta, nunha cancha sempre difícil e onde o rival desde un primeiro momento non puxo as cousas fáciles ao club nigraniense que tivo que mostar a súa mellor versión na cancha. Pero como sempre, pelexaron duro e conseguiron así meterse na final da liga.

Soño alcanzado

O soño estaba logrado. A base de tesón, bo xogo, moito esforzo e saber superar as dificultades, os de Nigrán recibían na casa ao PBB do Porriño onde disputaron un partido deses que espertan afición a este deporte. Logo do partido de volta, na vila da Louriña, o C.B. Nigrán remataba como subcapión de liga, poñendo un magnífico broche a unha excepcional tempada ante un PBB que demostrou que os resultados obtidos ao longo de toda a liga regular, semifinal e final, non foi froito da casualidade.

En todo caso, este grupo de xogadores do Nigrán escribiron unha páxina moi importante na historia do Club, un club que segue conseguindo éxitos deportivos que atesouran o bo traballo que se realiza día a día.

Nigrán convoca un curso oficial de socorrismo para persoas empadroadas

0

O Concello de Nigrán ofrece gratuítamente, e por vez primeira, un curso de socorrismo para empadroados que outorga o certificado de profesionalidade requirido para traballar nas praias. O compromiso do goberno de Nigrán coa seguridade e calidade asistencial nos areais e máximo, e ante o insuficiente número de socorristas que se precisan en toda Galicia na tempada estival o Concello desexa atallar este problema na súa comarca.

O elevado custe da formación e a temporalidade do emprego disuade a moitos particulares de obter o certificado, motivo polo que o Concello ofrece esta acción de xeito público e gratuíto investindo 15.000 € en doce prazas. O periodo de inscrición arranca o luns 2 de marzo e finaliza o domingo 8 de marzo a través do Rexistro ou Sede Electrónica, desenvolvéndose a formación do 16 de abril ao 30 de xuño e empregándose a Piscina Mancomunada da Ramallosa como lugar das prácticas.

“O noso compromiso coa seguridade nas praias é máximo, por iso queremos solventar o problema que anualmente se repite de falta de socorristas coa titulación requirida. Trátase dun certificado de profesionalidade moi demandado e cun custe económico alto tendo en conta que o traballo é moi estacional, motivo polo que hai escasos socorristas coa titulación válida para exercer o seu traballo nas praias, unha circunstancia que desde o Concello queremos solventar”, explica o alcalde, Juan González

Así, o Concello de Nigrán pretende atallar en boa medida o problema do reducido número de candidatos para traballar nos areais do Val Miñor nos meses de verán. O curso, de 420 horas, desenvolverase do 16 de abril ao 30 de xuño de xoves a venres de 14:30 a 22:30 e sábados e domingos de 9:00 a 19:00 (con descanso para o almorzo).

Os candidatos deberán cumplir cuns requerimentos obrigatorios como estar empadroados en Nigrán antes do 1/11/19 ou ter como mínimo a ESO e, ademáis, afrontarán un proceso de selección que inclúe unha proba específica na piscina, unha baremación de méritos que puntúa aspectos como experiencia profesional previa ou formativa ou ter sido voluntario de Protección Civil; e, finalmente, se someterán a unha entrevista persoal.

Neste curso, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para velar pola seguridade dos usuarios de zonas de baño público en espazos acuáticos naturais, de forma autónoma ou integrado nun equipo de rescate e socorrismo, velando pola seguridade, previndo que se produzan situacións potencialmente perigosas realizando unha vixilancia permanente e eficiente e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia.

As persoas interesadas en participar, deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal do 02/03/2020 ao 08/03/2020, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no Servizo de Información, no Centro Antena Municipal, no Departamento de Emprego de Nigrán e no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello, achegando a totalidade da documentación que se indica en dita solicitude. Aquelas persoas que posúan a acreditación dixital correspondente, tamén poderán inscribirse mediante a propia plataforma da Sede Electrónica municipal.

Para ampliar esta información, pódese contactar co Departamento de Emprego, no 986-365000 (extensión 7) ou formular consultas a través dos correos electrónicos [email protected] facendo constar sempre un teléfono de contacto para facilitar a comunicación.

Escolares de Ponteareas plantarán máis de 500 árbores autóctonas en distintos puntos do concello

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, e a concellería de Educación, que dirixe Cristina Fernández, implican aos centros educativos de primaria na plantación de árbores autóctonas co obxectivo de “concienciar sobre a importancia do medio natural para o benestar das persoas e achegar aos máis pequenos e pequenas coñecementos sobre as nosas especies arbóreas”.

A concelleira Rosa Covelo explica que se trata “dunha plantación planificada” atendendo ás necesidades, características e hábitat propio de cada espazo, “nestes días plantaremos especies autóctonas axeitadas a cada zona –apunta Covelo– en Guláns e en Santiago de Oliveira carballos e nogueiras e no Regato da Venda recuperarase a vexetación propia da beira do regato con freixos e ameneiros e na zona da explanada, máis preto do complexo deportivo, pradairos e bidueiros que aportarán unha ampla sombra na que descansar”.

Este pasado xoves, o alumnado do CEIP de Santiago de Oliveira plantou na contorna do seu centro un total de 50 árbores, e o vernes era a quenda do CEIP Feliciano Barrera que plantaba outras 50 máis no monte de San Cibrán, en estreita colaboración coa comunidade de montes en man común e coa empresa Laureano Covelo que doou estas cen árbores.

O este vindeiro luns será o quenda do CEIP Mestre Ramiro Sabell que comezará a plantar na zona do Regato da Venda, onde tamén o farán o martes, o alumando do colexio Fermín Bouza Brey nun segundo treito.

Os CPRs Santiago Apóstol e La Inmaculada completarán o traballo de plantación no Regato de Venda acadando todos xuntos a cifra de 359 árbores plantadas nesta zona doadas polas empresas ponteareás Aluarmo e Darlim.

En total e coa árbores aportadas polo Concello, esta iniciativa fai posible a plantación de 500 árbores autóctonas que farán máis grandes os pulmóns da nosa vila para que todos e todas poidamos gozar dunha vida máis saudable e agradable. Unha iniciativa na que participaron máis de 500 alumnos e alumnas.

Rosa Covelo e Cristina Fernández salientan “a colaboración das comunidades de montes en man común e da comunidade educativa” amais de agradecer “o apoio e colaboración das empresas locais Aluarmo, Darlim e Laureano Covelo que, xunto á Comunidade de Montes de San Cibrán, doaron as árbores plantadas pechando este amplo círculo participativo que implica diferentes idades e sectores da poboación e contribúe na amplificación do respecto e posta en valor do patrimonio natural”.

Redondela continúa co proceso para regular a participación cidadá na vida municipal

0

A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Redondela que xestiona Susana Couñago, vén de anunciar a apertura do prazo de exposición pública do Regulamento dos Consellos Municipais Parroquiais. A veciñanza e colectivos terán ata o 18 de marzo para achegar as súas propostas e alegacións a dito Regulamento.

Para a realización de alegacións pode utilizarse o modelo de instancia xeral dispoñible na sede electrónica do Concello. As entidades e colectivos deben presentar as alegacións a través da Sede Electrónica, mentres que a veciñanza poden realizar dito trámite a través da sede electrónica ou presentando o escrito no rexistro xeral do Concello.

A Concellería de Participación Cidadá anima a toda á veciñanza e entidades das parroquias “a que realicen as alegacións que teñan por convinte, modo de dar efectividade ao principio de participación nas cuestións ou materias que afectan a toda a cidadanía”.

O regulamento xa comezara a elaborarse durante o anterior mandato no que gobernaba Partido Popular quen optou por non seguir coa súa tramitación para que fose aprobado.

Na páxina web do Concello (http://redondela.gal/gl/regulamento) está a disposición da cidadanía, para a súa consulta, a nova proposta de regulamento e as emendas presentadas ata agora polos BNG e PSOE.

Por outra banda, a Concellería sinala que se están levando a cabo reunións informativas “con todas as asociacións das distintas parroquias nas que se procede a explicar da composición do Consello Parroquial e o de do pasos a seguir e documentación a presentar para formar parte formar parte dos mesmos”.

Inma López Silva, «O libro da filla»

Inma López Silva regresa ao primeiro plano literario cunha nova proposta narrativa que ten un certo punto inquietante. Inma acostuma a ser unha autora incómoda por provocadora, no sentido de ser capaz de situarnos fronte a un espello como sociedade ou como individuos, para que vexamos a nosa propia imaxe e tomemos consciencia dunha realidade que, na vertixe actual, pode ser que nos pase desapercibida. É coma se nos arrastrase fronte ao noso reflexo para dicirnos: “Mira, isto é o que hai. Decide que vas facer”. E iso, a miúdo, resulta desacougante.

A historia nace dun encontro entre Helena, xornalista de éxito que enfía a madurez, e Fernando, un preso acusado de abusar da súa filla que defende a súa inocencia. A partir de aí, a novela contrapón o mundo destes dous personaxes que resulta non ser tan diferente como en principio podería parecer. E neste percorrido, asistimos ao esnaquizamento de ambas as dúas familias e tamén a unha análise das relacións materno-filiais que, en realidade, é o que soporta o peso principal do relato. A revisión de tal concepto dende unha óptica contemporánea resulta ser o tronco ao que se aferran unha serie de pólas que integran o entramado da novela.

Entre esas pólas, un dos elementos que considero máis interesantes é a reflexión á que nos induce respecto do concepto de ‘verdade’, fronte á manipulación dos datos para contar outras realidades que non sempre se corresponden co acontecido, mesmo para manter agochados certos secretos persoais ou familiares. A autora sementa dúbidas no lector respecto dos casos de abusos a menores, que non sempre resolve dunha maneira contundente, deixando no aire a reflexión sobre a credibilidade das acusacións e a súa intencionalidade. Velaí conceptos tan vixentes como as ‘fake news’ ou a ‘posverdade’ campando pola novela.

Non é o único elemento que a vincula coa actualidade, pois outra desas pólas destacadas ten que ver coa auxe de Ágora, un grupo de extrema dereita que resulta doado vincular coa actualidade política e co que, como sociedade, nos coloca fronte ao espello do que falamos ao principio desta recensión. O noso comportamento pasivo e a falla de reacción fronte a determinados abusos, pétannos na cara mentras lemos e lévannos a reflexionar sobre a nosa actitude fronte aos abusos daqueles que ansían o poder a toda costa.

Xa dixemos que Inma é unha autora incómoda e que achegarnos aos seus traballos significa participar da súa provocación. A dosificación da información tamén redunda nesta idea, pois hai cuestións relevantes na trama que aparecen de súpeto, sen avisar, collendo ao lector por sorpresa e provocando certa incomodidade. Rachar de tal xeito coa empatía xerada cara a certos personaxes vainos predispoñer de maneira inevitable e condicionará o resto da lectura, creando entre o relato e nós un vínculo moi especial. Coido que manexar esa situación coa habilidade da que fai gala Inma López Silva, colocando ao lector xusto onde ela quere e reconducindo o seu camiño polas páxinas da novela, é algo que está ao alcance de moi poucos narradores.

Inma López Silva

O libro da filla

Galaxia

Bendito y maldito mar

El mar. Esa inmensidad que nos rodea, esa fuente de vida que tanto nos da; ese que los que somos de tierra adentro soñamos de pequeños con ver y tocar y que, cuando miramos al horizonte, parece unirse con el cielo… nos da su confianza, nos invita a zambullirnos en él, deja que nuestros barcos naveguen sobre sus olas, que echemos las redes para aprovecharnos de sus peces y que nos confiemos. Sin embargo llega un día en que Poseidón se enfurece y nos demuestra quién es el Rey. Quién manda sobre esos dominios y se vuelve en nuestra contra, nos engulle y se lleva la vida de aquellos que lo aprecian.

LLegado ese momento no hace distinción. No diferencia entre buenos y malos. No mira que aquellos que ha llevado a sus entrañas eran hombres que lo respetaban, que hacían su trabajo con cariño y aprecio hacía el medio que los rodea; que simplemente realizaban un cometido con sus redes… Pero no. Ese día el Dios no tuvo piedad y levantó su furia hacía dos pobres marineros segando la vida de ambos, acabando con sus esperanzas de futuro, dejando a sus hijos huérfanos, a sus mujeres viudas, a sus madres sin sus hijos y a sus amigos sin sus palabras, sus abrazos, sus choques de manos, su aliento de fuerza y esperanza, siempre con una sonrisa, con una buena palabra para ayudar a llevar los momentos más difíciles.

El mar. Maldito mar que te has llevado por delante la vida de dos hombres, truncando su vida para siempre, sin compasión, sin remordimientos. A uno lo has devuelto sobre las olas, falto de vida; al otro, lo has llevado a tus entrañas. Has sumergido a una buena persona, compañero de sus compañeros, amigo de sus amigos, y te lo has quedado o llevado quién sabe a donde porque tú fuerza e inmensidad te permite hacer tales cosas.

Pero aunque si vida era el mar, sus raíces eran la tierra y la gente que lo quería espera que tengas compasión y lo devuelvas para que pueda volver a sus orígenes. ¿Tendremos que esperar a esa borrasca que para más inri lleva el nombre de ese gran hombre? Resulta irónico que justo en estas fechas se aproxime a nuestras costas una nueva borrasca con el nombre de ese que te has llevado. ¿No podría haber llegado antes para evitar que saliera a pescar? No, tuvo que esperar a que desapareciera en el mar para llegar y quién sabe para hacer que surja a la superficie. El destino en demasiadas ocasiones, juega con nosotros, quién sabrá si a lo mejor es porque así está ya escrito en algún lugar.

Este texto quiere ser un especial recuerdo para esos dos marineros que esta semana han naufragado en nuestras costas, cerca de las Islas Cíes, en especial para Jorge, un buen amigo. Desde aquí, nuestras condolencias para sus familias y para todas aquellas personas que los apreciaban y querían.


La verdad, que ha sido una semana larga y triste, pero no pueden faltar los buenos deseos para todos nuestros lectores y un par de buenas recomendaciones musicales, así que en primer lugar, un húngaro muy especial cómo es László Hortobágyi y su trabajo Transociety Tulpa y en segundo lugar John Gregorious con su trabajo Still Voice, un disco para soñar y dejarse llevar.

László Hortobágyi – Gáyan Uttejak Orchestra

Transociety Tulpa

2009

László Hortobágyi es un músico húngaro del que en alguna otra ocasión hemos hablado, un hombre que ha sabido unir a la perfección la tecnología moderna con los instrumentos tradicionales, no en vano, es uno de los mayores coleccionista de instrumentos tradicionales de la India y el Centro Europa del mundo.

“Transcoiety Tulpa” es un claro exponente de las palabras que hemos puesto anteriormente, su portada, de una catedral gótica nos hace intuir que nos introducimos en un mundo de misterio, el cual alcanzamos al escuchar su música, ya que desde el comienzo, nos va mostrando con los sonidos electrónicos lo que el compositor nos quiere enseñar, un mundo que a medida que van avanzando los temas nos van introduciendo con másssonidos, tanto electrónicos cómo de instrumentos tradicionales e incluso con algunas sútiles voces.

Estamos un trabajo para los amantes de lo diferente, los que gustan de escuchar combinaciones de estilos. Recuerdo que hace tiempo, alguien definió ésta música como cross culture, nunca mejor dicho, y no nos va a defraudar.


John Gregorious

Still Voice

2016

El guitarrista y compositor John Gregorious presenta a través del sello Spotted Peccary Music su trabajo Still Voice.

El hecho de estar publicado en dicho sello ya nos dice que estamos ante un buen trabajo, la calidad, es la referencia de esta discográfica desde sus comienzos y sigue muy presente en cada una de sus publicaciones.

John Gregorious es un excelente guitarrista que se mueve a la perfección en la música ambient y electrónica y este trabajo es un magnífico ejemplo de dicha afirmación.

Dividido en diez cortes, estamos ante un disco dónde las cuerdas de la guitarra del compositor, los acompañamientos ambientales y las voces angelicales nos sumergen en un mundo por ocasiones oscuro y abstracto, pero por momentos plenamente luminoso, un disco de esos que nos gusta escuchar detenidamente en nuestro salón, sentados cómodamente para poder sentir todos los sonidos y sensaciones que el compositor nos transmite.

Música para soñar y dejarse llevar.

O PSOE de Ponteareas “tranquiliza” ao alcalde sobre o proxecto da N-120

Ante as manifestacións realizadas polo alcalde de Ponteareas, Xosé Represas sobre a Nacional 120 e a circunvalación pendentes en Ponteareas, Alfonso Porto, presidente da Xestora do PSOE de Ponteareas lémbralle ao socio de Goberno de Ponteareas, que “o Partido Socialista non fai brindis ao sol e ahí están os feitos que o demostran”. Porto lembra que “hai unha licitación e un encargo xa concreto por parte do Ministerio” e que se trata do primeiro encargo que se fai para Galicia, traballo que é posible, engade o presidente da Xestora socialista, “polo traballo da Plataforma veciñal e o compromiso persoal de Gonzalo Caballero así como da Subdelegación do Goberno”.

O Partido Socialista considera que as verbas do alcalde de Ponteareas “poden resultar oportunistas” e transmítenlle, dende o PSOE, “a máxima tranquilidade xa que os procesos en marcha, tanto da Nacional 120 como da Circunvalación, terán todas as garantías legais, e nos trámites que así o permitan, escoitarase a opinión dos afectados”.

En todo caso, lamentan os socialistas que por parte de Xosé Represas “vóltese outra vez, ao igual que o Partido Popular, co tema dos cartos. Por iso vémonos na obriga de comunicarlle que o proxecto financiarase custe o que custe”. Alfonso Porto afirma que “non é serio” que un representante político, que coñece os trámites administrativos, “trate de crear polémica cando non a hai”. “Os cartos que se precisen invertiranse en Ponteareas”, afirma Alfonso Porto, presidente da Xestora socialista local.

Pola súa banda, a portavoz municipal do PSdeG-PSOE, Chus Garrote, engadiu que “foi moi arduo o traballo realizado polo grupo municipal socialista, traballando cóbado a cóbado coa dirección nacional do PSOE e o propio Ministerio, representado na figura da Subdelegada do Goberno. As promesas cumpridas son a seña de identidade dun Goberno de España que cumpre con Ponteareas”.

Xosé Represas seguirá de preto os traballos de redacción do proxecto de mellora da N-120

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, solicitou unha reunión ao Xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, para coñecer de primeira man os traballos de redacción do proxecto de mellora da seguridade vial na N-120. A pasada semana o Ministerio anunciaba o inicio dos traballos de redacción do proxecto de obras para a construción de glorietas, rehabilitación do firme, mellora da sinalización e tratamento de marxes na N-120 ao seu paso polas parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas.

O rexedor ponteareán quere coñecer directamente o obxecto dos traballos e as actuacións concretas que se contemplan no proxecto así como a idoneidade da estimación orzamentaria anunciada, uns 2,26 millóns de euros. Na carta remitida ao Xefe da Demarcación de Estradas o alcalde pide que se estableza un método de traballo para que o Concello poda acompañar os traballos de redacción do proxecto para que este responda ao comprometido no seu día polo Ministerio e ao demandado polo concello e a veciñanza organizada na Plataforma da N-120.

Ademais, Represas solicita que na reunión se informe sobre as previsións do Ministerio respecto á variante de Ponteareas, a circunvalación que deberá unir a A-52 coa N-120. “Hai un ano que o Director Xeral de Carreteras asumíu a execución deste novo vial directamente polo propio Ministerio e desde entón non temos ningunha confirmación oficial do encargo de traballos que permitan contar dunha vez por todas cun proxecto de execución que concrete as características do vial, as zonas por onde vai transcurrir e os custos da obra” sinalou o alcalde.

Represas considerou positivo que se teña dado o paso de iniciar os traballos de redación do proxecto, pero se amosou tamén cauto: “levamos moitos anos escoitando promesas dos diferentes gobernos do Estado, polo que é necesario que o Concello teña unha información sobre a execución dos compromisos adquiridos e unha interlocución continua cos responsabeis do Ministerio”, apuntou.

O alcalde destacou “a capacidade de interlocución e de acordo do goberno local co goberno do Estado –asegurou Xosé Represas– está permitindo que compromisos como as actuacións na N-120 ou a ampliación da depuradora se vaian pouco a pouco concretando. Seguiremos atentos para que eses compromisos e traballos se traduzan nas actuacións que Ponteareas precisa”.

A romaría de Santa Marta de Ribarteme xa é Festa de Interese Turístico de Galicia

0

O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, amosouse “agradecido e satisfeito” ao recoller este venres, por parte do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na Cidade da Cultura, en Compostela, a distinción de ‘Festa de Interese Turístico de Galicia’ para a Romaría de Santa Marta de Ribarteme”.

Rodríguez Méndez salientou a importancia do “recoñecemento que se lle fai a un feito que dende o punto de vista social ven ocorrendo de maneira permanente durante centos de anos e, ademais, facilitará que fagamos mellor as cousas e que contemos con máis apoio para elo”.

Para o alcalde o feito de que As Neves conte xa con dúas ‘Festas de Interese Turístico” –a da ‘Romaría de Santa Marta’ e a do ‘Requeixo e do Mel’–, supón que “os nevenses estamos a facer ben as cousas e que somos quen de ir concitando a admiración e o interese de todas as administracións para permitir que o noso territorio medre e consiga unha maior proxección internacional”.

A veciñanza da Guarda valora positivamente o anteproxecto de senda de cirvunvalación ao monte Santa Trega

0

No acto, aberto a toda a cidadanía, participaron preto de 80 veciños e veciñas e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, estivo acompañado polo concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade, Miguel Español, e a técnica responsable da empresa que redactou este anteproxecto. Lomba explicou aos asistentes as características da proposta para a Senda de Circunvalación ao Monte Santa Trega, cunha valoración moi positiva deste anteproxecto por parte dos alí presentes, non destacando obxeccións ao mesmo e coincidindo na necesidade da realización destas obras.

O referido anteproxecto contempla unha actuación na totalidade da PO-352 que non conta con beirarrúas, tanto polo lado oeste, Cruzada-Camposancos como no lado este Camposancos ata intersección PO-355 (que conduce á Pasaxe) consistente en un ancheamento da calzada de rodadura, a construción dunha senda, para facela máis segura para os peóns e os vehículos.

Dende a alcaldía da Guarda, foron moitas as ocasións , unhas por carta e outras persoalmente, nas que se lle reclamou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia  o ancheamento da calzada e a construción dunha senda peonil e un carril bici. Por citar algunhas das ultimas xestións:

  • 7 de novembro de 2017 reunión do alcalde Antonio Lomba coa conselleira Ethel Vázquez en Santiago, compromiso da conselleira de redactar o proxecto.
  • 26 de decembro de 2018, reunión do alcalde  Antonio Lomba en Pontevedra co Director da Axencia Galega Infraestruturas; resposta do Director,  a senda pode entrar dentro dun paquete no ano 2019.
  • 29 de decembro do 2019, carta do alcalde Antonio Lomba á conselleira solicitándolle unha nova entrevista, ata o momento sen contestación

A PO-352 é sen dúbida algunha unha das principais arterias de comunicación da Guarda, basta dicir que é a única conexión entre o casco urbano da Guarda e núcleo de poboación de Camposancos, que conta cunha poboación aproximada dun milleiro de persoas, amén de subliñar que conduce a todas as praias fluviais da nosa vila, as máis visitadas na tempada estival en toda a comarca do Baixo Miño.

Con estas referencias resulta fácil entender que o tráfico rodado que soporta, sobre todo en época estival, é moi considerable, cunha paisaxe moi fermosa que atrae a multitude de peóns que pasean por ela a diario.

Dende o Concello da Guarda trasladarase este anteproxecto a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia para acadar un financiamento para o mesmo e que se converta nunha realidade a curto prazo.

Isaura Abelairas renuncia a súa acta de deputada provincial para concorrer ás eleccións do 5A

“Só vos pido que sigades loitando polo que credes que é xusto. Prometo seguir traballando pola igualdade, seguir aportando o necesario para que a sociedade sexa máis xusta”. Con estas palabras despediuse Isaura Abelairas no Pleno ordinario despois de ter presentado a renuncia con motivo da súa inclusión nas listas electorais para as Eleccións Autonómicas do próximo 5 de abril. O asunto foi engadido, como punto extraordinario, na orde do día da sesión plenaria.

Na despedida, Isaura Abelairas quixo agradecer ás súas compañeiras e compañeiros a colaboración destes anos e lembrou a necesidade de seguir loitando para conseguir a igualdade entre homes e mulleres. Ademais, avisou que “vou deixar que as emocións falen tamén”. Carmela Silva, a presidenta da Deputación, devolveu os agradecementos á deputada pola súa labor realizada: “Quero agradecerlle todo o traballo desenvolvido na área de Igualdade. Isaura é esas mulleres necesarias e a súa tarefa na igualdade é recoñecida. Deséxolle que sexa tan feliz como o foi aquí. vostede é unha loitadora que vai ser capaz de facer fronte a todo o que se lle poña por diante”. A continuación tomaron a palabra Josefa Pardo (PP) e Uxío Benítez (BNG) para desexarlle os mellores éxitos no futuro.

Así, Abelairas deixa o seu posto de responsabilidade como deputada da área de Igualdade, no que leva dende a primavera do ano 2015, cando a presidenta Carmela Silva, no marco de cambio emprendido na xestión do ente provincial, creou a área de Igualdade, que non existía ata entón. Mestra de profesión e directora do CEIP Emilia Pardo Bazán de Vigo dende 1993 ata 2007, Isaura Abelairas conta cunha ampla experiencia política, posto que foi concelleira de Vigo e deputada provincial durante dous períodos (de 1999 ó 2003 e do 2007 ata a actualidade). “Formei parte de proxectos totalmente novos e ilusionantes”, sentenciou.

A acta de deputada provincial pasará a mans de Ana María Mejías, concelleira da área de I+D e Dinamización Administrativa no Concello de Vigo. Licenciada en Enxeñería Industrial pola Universidade de Vigo e experta en organización industrial, é vocal do Estado no Pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo. Ademais, é profesora titular da Universidade de Vigo dende o 2003 e forma parte do equipo directivo da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.

Mos reafirma o seu compromiso con Asodifisi

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta da Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos, ‘Asodifisi’, Asunción Monroy Carrera, asinaron na tarde de onte xoves, nas instalacións da Asociación na parroquia de Torroso, o convenio anual de colaboración entre ambas entidades.

Visto que son competencias da administración local a creación, xestión e mantemento dos servizos sociais comunitarios básicos, así como o fomento e promoción da solidariedade e da participación da sociedade civil na prevención e intervención social no ámbito local; asínase este convenio que contribúe a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal, neste caso concreto con situacións de necesidade social e/ou risco de exclusión social.

Asodifisi é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como fin conseguir a integración de persoas con discapacidade en igualdade de dereitos. Foi creada no ano 1990 e a data de hoxe o seu número total de socios é de 540, dos cales 140 son persoas con discapacidade física, psíquica e sensorial.

O convenio asinado entre Asociación e Concello implica unha subvención nominativa á primeira por parte da administración local para colaborar económicamente, co fin de contrubuír ao desenvolvemento e integración das persoas con discapacidade física e psíquica, por entender que se trata dunha actividade de interese social para o conxunto da comunidade.

Pola súa banda Asodifisi comprométese a promover a participación activa na vida social do Concello de Mos das persoas con capacidades diferentes, así como proporcionar actividades ocupacionais a estas persoas mediante información e asesoramento, asistencia psicolóxica, actividades formativas de xardinería, danzaterapia e reforzo pedagóxico, servizo de transporte adaptado, visitas-excursións, charlas informativas e concurso de tarxetas de Nadal.

A aportación económica municipal anual do Concello de Mos a Asodifisi ascende a 12.000 euros.

O Goberno de Redondela reafírmase na “inexistencia” de proxecto para a reforma da Avenida Mendiño

0

O Goberno local de Redondela, que preside Digna Rivas, reafirmouse hoxe en que “a reforma da Avenida Mendiño, non ten proxecto redactado por moito que a conselleira Ethel Vázquez así o afirmara en febreiro de 2019 ante unha infografía da actuación”.

Despois de dous requirimentos por escrito á Consellería correspondente, o Goberno segue a espera de información sobre o estado de tramitación do expediente. Estes requirimentos enviáronse hai máis de 5 meses e ían acompañados dun informe emitido por un técnico municipal no que se manifestaba “a urxencia desta actuación” debido ao mal estado das beirarrúas e falta de iluminación dunha avenida moi transitada por ser zona de paso de centros de escolares, usuarios do centro de saúde e demais servizos.

O certo, sinala o executivo redondelán é que a propia Xunta confirmou extraoficialmente ao Concello, polo mes de xullo, “que o proxecto estaba en proceso” e polo tanto confírmase que cando a conselleira de Infraestruturas aseguraba en febreiro de 2019 “que estaba redactado e que as obras comezarían no pasado verán” ou ben “estaba mentindo ou ben mentíronlle a ela”, en calquera caso, “nin existía proxecto daquela, nin existe hoxe, nin existe convenio asinado entre ámbalas dúas administracións porque, para iso, faría falta o antedito proxecto”.

Considera “grave” o Goberno local que tanto a conselleira como a portavoz do PP en Redondela, “acusaran á Alcaldía de Redondela de mentir sobre este tema” cando agora demóstrase que ditas acusacións “non eran máis que un intento de fuxir cara adiante”.

“O tempo que sempre da ou quita razóns –di o Goberno de Redondela– demostra unha vez máis que o anuncio feito con gran despregue de medios, non era máis que un anuncio electoralista que, meses despois, queda en total evidencia”.

Digna Rivas asegurou que esixirá á Xunta de Galicia “o cumprimento dos compromisos que adquiriu con Redondela e coa súa cidadanía” e lamenta que o PP local “en lugar de defender os intereses dos seus veciños e veciñas, limítese a obedecer o que lle mandan dende Santiago, antepoñendo os interese partidistas ao benestar da veciñanza”.

O Templo Votivo do Mar, en Panxón acollerá en xuño o ‘I Certame Internacional de Corais de Galicia e o segundo de España

0

O Concello de Nigrán celebrará o 27 de xuño no Templo Votivo do Mar (Panxón) o ‘I Certame Internacional de Música Coral Ars Canendi: As voces do Camiño’, constituíndose así como o primeiro concurso internacional de Galicia e o segundo de España (Tolosa). As bases específicas están publicadas nesta ligazón da web do Concello e os interesados dispoñen ata o 20 de abril para inscribirse, seleccionando finalmente o Concello segundo criterios técnico-musicais un máximo de cinco agrupacións participantes.

O obxectivo do Concello é congregar anualmente nesta cita ás mellores formacións do país e do estranxeiro, xa que precisamente o sur das Rías Baixas reúne o maior número de coros de toda Galicia e, ao mesmo tempo, nesta comarca teñen xurdido nos últimos anos importantes formacións distinguidas con premios nacionais e que xa sitúan á musica coral da comunidade como referente en España.

Serán seleccionadas cinco corais que interpretarán 4 pezas, unha delas a obra inédita ‘Ave Maris Stella’ composta ex-profeso polo director Javier Fajardo para este concurso que terá unha periodicidade anual

“Queremos que Nigrán sexa unha referencia nacional e mesmo internacional no que se refire a música coral de calidade. Contamos con numerosos coros no municipio e na contorna e a través deste certamen promoveremos o intercambio de estilos, interpretación, literatura coral, educación vocal e mesmo daremos a coñecer a tradición musical e cultural galega”, sinala Nuria Lorenzo, edil de Cultura.

O Concello de Nigrán abonará os gastos de desprazamento a cada agrupación coral participante e, ás de fora da península, se lles facilitará aloxamento no CEE de Panxón. O certame conta cun primeiro premio de 3.000 €, segundo de 2.000 €, terceiro de 1.000 € e, finalmente, 500 € á mellor interpretación da obra que obrigatoriamente deben interpretar, ‘Ave Maris Stella’, un tema inédito composto ex-profeso para o certame polo compositor e director coral galego Javier Fajardo e que fai referencia á virxe do Carme, a quen se consagra o templo. A maiores, as corais deberán executar unha obra sacra do Renacemento ou Barroco, outra do Clasicismo ou Romanticismo e, finalmente, unha peza composta a partires de 1950.

Os premios fallaranse ao día seguinte, domingo 28, ás 12:00 horas no Auditorio Municipal. Será un xurado de recoñecido prestixio quen avalíe ás formacións segundo execución técnica, afinación, interpretación de estilo do repertorio, expresión, variedade e calidade …

Ponteareas anima á veciñanza a unha xornada de limpeza do río Tea dentro da iniciativa ‘Venres polo Planeta’

A concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas que dirixe Miguel Bouzó, convida á mocidade a participar na limpeza voluntaria do río Tea que terá lugar mañá venres día 28 de 16:30 a 18:30 horas para eliminar todo o lixo que moveron as crecidas. O lugar de encontro será a praia da ponte das Partidas.

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa ‘Venres polo Planeta’ que materializa con distintas accións o compromiso de protexer o medio ambiente. Nesta ocasión recoméndase levar, ademais de luvas e botas, un pao de vasoira ou similar cun gancho na punta para poder chegar aos plásticos que, lamentablemente, penduran das ramas das árbores.

Para participar os interesados e interesadas só teñen que chamar ao número de teléfono 687 764 516 ou enviar un mail a [email protected]

Instituto Social da Marina e Capitanía Marítima confirman o mantemento dos seus servizos na Guarda

0

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse con representantes tanto do Instituto Social da Marina coma da Capitanía Marítima diante “da alarma provocada polo BNG guardés nos medios de comunicación denunciando o peche das oficinas”.

Por unha banda, Antonio Lomba púxose en contacto con Rosa Alonso, directora provincial do ISM en Vigo, para coñecer de primeira man a situación presente e futura da oficina na Guarda. Alonso confirmoulle ao alcalde guardés a continuidade na prestacións dos servizos e comunicoulle, que por parte do ISM, “non está previsto nin o peche nin a redución de persoal na oficina da Guarda”. Segundo a directora provincial, a redución horaria que se está a producir estas últimas semanas “é provisional”.

Das tres persoas que deberían estar traballando na Guarda unha delas atópase de baixa por enfermidade e hai dúas prazas pendentes de ser cubertas por concurso de traslados. Unha destas prazas cubrirase de forma eventual, a maior brevidade posible, por unha comisión de servizos que xa está aprobada.

Por outra banda o alcalde tamén mantivo contactos con Juan José Escolar, capitán Marítimo de Vigo, para coñecer as previsións sobre o futuro da oficina da Guarda. O responsable da Capitanía Marítima asegurou que a previsión “é a de seguir prestando o servizo cada 15 días como se ven facendo na actualidade”.

Estes temas foron tratados nunha reunión informativa entre Antonio Lomba, alcalde da Guarda, Monserrat Magallanes, tenente de alcalde, e responsables das organizacións guardesas vinculadas ao mundo da pesca: ORPAGU, Asociación de Palangreros Guardeses e a Confraría de Pescadores.

As conclusións da reunión foron as de facer unha comunicación para tranquilizar aos usuarios sobre a continuidade dos servizos e a necesidade de solicitar unha ampliación da atención da Capitanía Marítima na localidade.

O alcalde adquiriu o compromiso de poñerse en contacto coa ‘Dirección General de la Marina Mercante’ para motivar e solicitar unha ampliación da cobertura da oficina da Capitanía Marítima na Guarda.

Vilasobroso recupera 450 topónimos tradicionais

0

A Entidade Local Menor de Vilasobroso, no concello de Mondariz, vén de recuperar e xeolocalizar toda a súa toponimia maior e menor, “un valor identitario da Comunidade Autónoma así como un instrumento para a concreción da denominación xeográfica dos pobos e dos seus bens”, segundo a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia.

“O traballo rexeuse polo principio de respecto polos nomes tradicionais e populares e ten como finalidade fundamental a loita contra a perda do patrimonio toponímico”, explica o arqueólogo Alberte Reboreda, responsable da investigación. Esta iniciativa tamén permitiu xeolocalizar un xacemento arqueolóxico inédito: o Castelo Vello, unha antiga atalaia defensiva vinculada ao Castelo de Sobroso que se sitúa na ladeira do Monte Landín.

Este tipo de traballos comezaron en Mondariz hai agora dez anos, en 2010, coa recuperación da microtoponimia da tamén Entidade Local Menor de Queimadelos, que foi o primeiro proxecto destas características realizado na comarca do Condado.

En Mondariz xeolocalizouse a toponimia das parroquias de Sabaxáns, Meirol e Queimadelos. Na comarca da Paradanta só a parroquia de Rebordechán –no concello de Crecente– conta cun traballo das mesmas características. No Condado tamén se recuperaron os chamadeiros de Arcos, Ponteareas.

O proxecto realizado agora en Vilasobroso, que permitiu cartografar e xeolocalizar en coordenadas UTM un total de 450 topónimos, foi editado sobre fotografía aérea nun cadro de grandes dimensións que se exporá no Casino da parroquia. O arqueólogo Alberte Reboreda, autor do traballo, ten intención de cedelo á Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia a fin de que o incorpore á base de datos que está construíndo para inventariar o patrimonio onomástico de Galicia.

Este tipo de patrimonio inmaterial está protexido pola lei galega 5/2016 e dous textos legais de ámbito estatal e internacional: a Lei 10/2015 para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial e a Resolución IX/4 da IX conferencia das Nacións Unidas sobre a normalización dos nomes xeográficos.

Casino de Vilasobroso

Apoios e agradecementos

A ELM de Vilasobroso, o Concello de Mondariz e a Deputación de Pontevedra apoian a edición do traballo, que será presentado o vindeiro sábado, 29 de febreiro, ás 20:00 horas no Casino da Vilasobroso. O acto contará coa actuación da poeta radicada en Vigo Silvia Penas, natural de Vilasobroso.

No transcurso do acto entregarase un agasallo aos informantes da parroquia que contribuíron de forma desinteresada na realización deste proxecto de rescate patrimonial, os máis deles veciños e veciñas de avanzada idade.

As Neves remata obras de mellora de infraestruturas en distintos barrios e parroquias

0

A Concellería de Obras, que dirixe o primeiro tenente de alcalde das Neves, Marcelino Couto, vén de rematar varios traballos de optimización de infraestruturas en diferentes barrios e parroquias da vila, consistentes en asfaltado, melloras, limpeza e conservación de vías, camiños e pistas amais da colocación de tapas no saneamento.

En conxunto, estes traballos contaron cun orzamento de 123.471 €, dos cales máis da metade foi con cargo ao superávit municipal do ano anterior.

Máis polo miúdo, completáronse os alcatranados no interior dos barrios de Vilanova, en Tortoreos, e Couto, en Rubiós, completando, ademais, a limpeza viaria das marxes e o asfaltado de “dous treitos, de ao redor de 700 metros de lonxitude que estaban en mal estado e que non se renovaran dende a súa apertura”, sinala Couto. O custe total, incluído proxecto e impostos,  foi de 33.811,42 €.

Tamén están finalizados os traballos de mellora nos accesos a Barrela, na parroquia de Setados, na Estación e A Porqueira, nas Neves, e no barrio de Casal, na parroquia de Vide.

“Na Porqueira asfaltouse por primeira vez un camiño que da acceso ata a catro casas e así evítanse as grandes dificultades que provocaban as fochancas e charcos de auga nos momentos de chuvia”, sinala o tenente de alcalde. En Vide mellorouse o acceso a varias vivendas mediante a utilización de formigón. O custo final de todas estas obras foi de 29.913,98 €.

A Concellería de Vías e Obras tamén concluíu o asfaltado de camiños na Chan, na parroquia de Tortoreos, e en Figueira, na de Rubiós: os traballos consistiron no “re-asfaltado completo no barrio de Filgueira e varios tramos, que estaban moi estragados, na Chan”.

Ademais, tamén se realzaron as tapas de saneamento e augas, ademais do pintado das liñas que delimitan os bordes para maior seguridade.

O custe total dos traballos, proxecto e impostos foi de 59.746,50 € e a financiación foi conxunta: Concello e, nunha parte maior, por medio do Plan Marco da Consellería de Medio Rural

‘Por nós, por todas’, lema da Deputación para un amplo programa de actividades “nun marzo brutal de igualdade”

Unha “espectacular e rompedora” instalación “con mensaxes que non deixarán a ninguén indiferente, que falará de mulleres poderosas e libres, e da nosa sororidade contra os negacionistas”, protagonizará o acto central que a Deputación de Pontevedra celebrará para conmemorar este ano o 8M. Así o anunciou hoxe a presidenta, Carmela Silva, quen avanzou esta iniciativa na presentación da extensa programación que a institución provincial vai desenvolver ao longo de todo o mes de marzo, e que este 2020 leva o lema ‘Por nós, por todas’.

Tras amosar a súa “indignación” polos crimes machistas sucedidos nas últimas horas, que poderían elevar a catorce –se se confirma o último caso ocorrido en Madrid– o número de mulleres asasinadas no que vai de ano, Carmela Silva deu a coñecer as máis de vinte actividades da programación de igualdade para marzo, que se desenvolverán en Pontevedra, Vigo e outras localidades da provincia, entre as que figuran “exposicións, proxeccións cinematográficas, encontros de mulleres, accións artísticas, encontros literarios e accións de denuncia artística e reivindicación entre outras moitas”. “É unha enorme e longa actividade, coas mulleres protagonistas na provincia de Pontevedra ao longo dos 31 días do mes”, destacou a presidenta, que estivo acompañada das deputadas de Igualdade, Isaura Abelairas; Turismo, Ana Laura Iglesias e Medio Ambiente, Iria Lamas.

Explicou máis detidamente que o citado acto central que terá lugar o 6 de marzo en Pontevedra terá dúas partes. En primeiro lugar, despregarase da balconada do Pazo Provincial unha lona co lema ‘Por nós, por todas’, “que vestirá a fachada durante todo o mes de marzo”. Ao igual que en Pontevedra, a sede da Deputación en Vigo tamén contará con esta lona.

A maior parte das actividades na provincia terán carácter cultural. Carmela Silva: “Cremos profundamente no poder transformador da arte e da cultura como canle de achegamento á sociedade”

E, seguidamente, o hall do Pazo será escenario dunha instalación que levará por título ‘A fortaleza da razón’, baixo a dirección artística de Irene Silva. “Vai ser unha instalación sorprendente, vangardista, dinámica e con mensaxes que non deixarán a ninguén indiferente”, subliñou a presidenta, quen tamén destacou que todos os actos programados “terán un marcado carácter cultural, porque na Deputación de Pontevedra cremos profundamente no poder transformador da arte e da cultura e apostamos de forma inequívoca como canle de achegamento á sociedade. Cultura e igualdade van da man, co obxectivo de transformar a sociedade en que vivimos”.

Como engadiu Carmela Silva, as actividades iniciaranse o vindeiro luns 2 de marzo, coa apertura ás 12 horas da exposición ‘Rompe. Xoga en igualdade’ en Tui. A mostra poderase visitar no edificio Área Panorámica ata o 14 de abril.

Camelias María Vinyals

Ao día seguinte, o 3 de marzo, está prevista unha das actividades máis novidosas, a plantación de camelias ‘María Vinyals’ no Castelo de Soutomaior (12 horas). A presidenta da institución provincial explicou que a Deputación vai rexistrar esta nova camelia desenvolvida na Estación Fitopatolóxica de Areeiro e cuxa cor “ten unha simboloxía moi potente”. “É unha flor dobre formal, con multitude de pétalos e sen estames –indicou–. Predomina a cor vermella, e precisamente María Vinyals era coñecida como a marquesa vermella, pero cando está completamente aberta, vira a cor lila lavanda; as miradas lilas que tanto precisa a sociedade. Unha cor relacionada co movemento feminista, do que Vinyals foi precursora hai 100 anos”.

Esta iniciativa será ampliada posteriormente, como engadiu Silva, con futuras plantacións no espazo que se ten reservado no Castelo para crear un xardín de camelias con nome de muller. “Nel, amais desta María Vinyals, iremos plantando camelias como a Rosalía de Castro, a Bella Otero, ou Jane Andresen, a poeta portuguesa que viviu na Quinta do Campo Alegre, hoxe Xardín Botánico de Porto, onde reuniu unha importante colección e moitas delas son o reservorio de camelias europeas que se houberan perdido se esta muller non as conservara –apuntou–. E iremos bautizando futuras camelias con nomes de muller”. Deste xeito, convocaranse tamén a grupos de escolares para que visiten Soutomaior “e veñan plantar camelias cun claro obxectivo, plantar igualdade coa mocidade”.

Nesa mesma xornada, o 3 de marzo, inaugurarase a mostra ‘Sempre Marzo’, coas obras do libro coordinado por Yolanda Castaño, na sede da Deputación en Vigo (20 horas), nun acto que estará amenizado cun recital poético a cargo da propia Yolanda Castaño, e tamén con Helena Villar e María Lado.

O día 4 desenvolverase na sede da Deputación en Vigo o espectáculo ‘Literarias’ (20 horas). Carmela Silva explicou que este proxecto “é un diálogo entre os diferentes xéneros literarios que pon en valor a literatura escrita por mulleres desde unha perspectiva de xénero” e está deseñado por tres referentes da cultura galega. Neste senso, está protagonizado por Mariana Carballal (actriz e directora docente no ámbito do audiovisual), Isabel Blanco (narradora e poeta) e Silvia Penas (poeta e performer). As dúas últimas autoras estiveron na presentación da programación da Deputación para avanzar algunhas pinceladas desta acción, que xunta, como sinalou Penas, “o xénero narrativo, o dramático, o poético nunha posta en escena que non se pode explicar, ás veces é un recital, unha performance, unha lectura dramatizada e con elementos de moitos ámbitos. O que nos xunta, amais dunha loita común co feminismo, é que os textos están traballando a perspectiva de xénero nos distintos ámbitos”. Tanto ela como Isabel Blanco leron no acto algúns dos seus propios textos.

Despois deste espectáculo, tamén na cidade de Vigo se celebrará entre o 5 e o 9 de marzo un ciclo de cinema, baixo o título ‘Outra Mirada de Cine’. As proxeccións terán lugar na sala Dorotea Bárcena da sede da institución provincial, ás 20 horas, e os filmes que se exhibirán son Ouaga girls, Visións e Un home mellor.

Trala celebración, o día 6, do acto central do 8M, as actividades continuarán en Pontevedra co XIII Encontro da Muller Xorda, que terá lugar o día 7 no Pazo Provincial. Carmela Silva incidiu en que “se todas as mulleres vivimos en desigualdade e padecemos discriminación, as mulleres que teñen algún tipo de diversidade funcional teñen unha dobre desigualdade, de aí o valor deste acto”. E o propio día 8 de marzo, a Deputación, amais de apoiar as distintas convocatorias dos movementos feministas, colaborará na carreira do Tour Universo Mujer que se desenvolverá en Pontevedra, no que fará un reparto de camisetas de promoción da igualdade “coa que queremos visibilizar a presenza das mulleres no deporte”.

As accións do programa provincial ‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’ chegarán os días 9 e 10 de marzo, respectivamente, aos concellos de Cangas e Redondela. No primeiro caso, a actividade estará protagonizada por Sheyla Fariña e terá lugar no IES María Soliño, mentres que a intervención de Redondela terá como protagonista a Somdolilá, na mesma praza do Concello.

Posteriormente, as actividades trasladaranse a Santiago, onde o Museo do Pobo Galego acollerá o día 11 (13 horas) a presentación do libro ‘María Vinyals. A muller do porvir’, de Diego Piay. “Estamos a facer un enorme esforzo por recuperar o nome dunha gran muller e a imos a levar a Santiago –lembrou–. Xa a levamos a Madrid e Andalucía e recordar as mulleres que tanto aportaron é traballar por ter referentes que nos permitan seguir avanzando”.

A figura desta precursora do feminismo protagoniza outro libro, ‘María Vinyals. Un talento rebelde’, con textos de Isabel Blanco, que se presentará os días 27 e 30 de marzo ao alumnado dos IES de Soutomaior e Valga, respectivamente.

O Museo de Pontevedra acollerá a partir do 18 de marzo unha exposición, coordinada por Antón Sobral, que reunirá unha selección de pancartas e carteis das manifestacións do 8M en Pontevedra e Vigo. Será unha instalación que colgará durante un mes do teito do Sexto Edificio, no que tamén se proxectará un vídeo que se poderá ver desde o exterior do inmoble con imaxes das concentracións, aínda que neste caso tamén doutros lugares de fóra da provincia, de Galicia “e incluso doutros países”. “Eses carteis reclaman cal é a senda das mulleres para acadar a igualdade e moitos deles son potentísimos, creativos, pero logo desaparecen. Antón Sobral tivo a idea de recuperar eses carteis para que non se perdan”. A mostra trasladarase logo á sede viguesa da Deputación.

Xa na recta final do mes, a sede da Deputación en Vigo acollerá a apertura da exposición ‘Muller por muller’, comisariada por Rosario Sarmiento, o día 24. E as actividades neste mes rematarán o día 31, tamén na sede olívica, coa celebración do almorzo informativo ‘Muller e Empresa’.

Conta atrás para as ‘I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado’ en Ponteareas

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, ultima os preparativos das que serán as ‘I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado’, unha iniciativa que nace con vocación de continuidade e que supón unha oportunidade única de coñecer unha parte da nosa historia da man de arqueólogos, historiadores, antropólogos e expertos na materia totalmente de balde dende o luns día 2 ao venres día 6 de marzo.

É a primeira vez que Ponteareas acolle unhas xornadas destas características que xorden para dar resposta á inquedanza dunha boa parte da poboación interesada en afondar nas nosas orixes.

Fernando Groba abre estas primeiras xornadas “a toda a cidadanía” e fai especial fincapé “na comunidade universitarita ofrecendo 0,9 créditos para os estudantes de grao e certificados de asistencia ás persoas que asistan ao 80 % das actividades”.

Organizadas en colaboración coa Concellería de Novas Tecnoloxías que xestiona Benito Márquez e coa Facultade de Historia da Universidade Vigo, estas xornadas traerán ao Museo de Ponteareas figuras do nivel do arqueólogo Xosé Lois Vilar; Marta Cendón e María Luisa Castro da Universidade de Santiago de Compostela; o arqueólogo da Deputación Rafael Rodríguez; Juan Manuel Buján, ministro Provincial dos Franciscanos; Carlos Andrés González Paz, do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento; Clodio González Pérez, do Museo do Pobo Galego e da Real Academia Galega; José Manuel Hidalgo Cuñarro, do Instituto Histórico e Xeográfico de Santa Catarina Brasil; Rafael Sánchez Bargiela do Instituto de Estudos Tudenses e o arqueólogo Alberte Reboreda, entre outras figuras expertas en Patrimonio e Historia.

Estas primeiras xornadas terán oco para as iniciativas das asociacións culturais sobre o patrimonio do Condado e no xoves haberá unha mesa redonda na que participará Marcos Escudero e Marina Alcalde da A.C. ViaxaMos no tempo, Nieves Barrera da asociación Rancho de Reis de Guláns e Arístides Carrera da asociación Patrimonio Cultural Val do Tea.

As e os participantes tamén gozarán de visitas guiadas ao Castro de Troña e aos petróglifos de Gargamala para ademais de coñecer o noso patrimonio, participar nunha clase práctica, sendo tan só preciso inscribirse no enderezo electrónico [email protected] ou a través do número de teléfono 986 66 07 65

Toponimia, arquitectura, o medievo, as nosas orixes ou a historia da arte floral serán algúns dos temas nos que adentrará o público da man dos expertos.

“Estas primeiras xornadas achegarán a importancia do patrimonio histórico e cultural á cidadanía, aos universitarios e ao alumnado en xeral e tamén suporán unha oportunidade única de escoitar a conferenciantes e expertos de dentro e de fóra de Galicia na nosa vila”, explica Fernando Groba.

Oia adhírese ao programa de ‘Vivendas Baleiras’ e crea o rexistro para ofertantes e demandantes

0

O Concello de Oia adheriuse ao programa de ‘Vivendas Baleiras’ da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo poder destinar a alugueiro social vivendas desocupadas, sexan de propiedade pública ou ben privada. Grazas a este programa, as persoas titulares de vivendas baleiras poden ofertar a súa vivenda con garantías e, ao mesmo tempo, se lle dá prioridade de acceso a unha vivenda ás familias con poucos recursos económicos.

Para as persoas propietarias, o programa ofrece vantaxes como un seguro multirrisco do fogar e un seguro da garantía da reclamación do cobro da renda en caso de mensualidades impagadas por parte da persoa inquilina, quedando garantizado o cobro de ata 12 mensualidades impagadas.

A Administración local vén de aprobar as bases reguladoras do programa, polo que as persoas interesadas en dar de alta unha vivenda da súa propiedade ou ben rexistrarse como demandantes xa poden comezar as correspondentes tramitacións. As anteditas bases están dispoñibles para a súa consulta no Concello de Oia.

Pola súa banda, a Xunta de Galicia publica hoxe no DOG as bases das axudas dirixidas as persoas propietarias ou usufructuarias das vivendas en trámite de incorporación no Programa de Vivendas Baleiras.

As primeiras vivendas, en Loureza

As dúas primeiras vivendas de Oia que pasarán a formar parte do programa de Vivendas Baleiras serán as antigas casas de mestres de Loureza, recentemente rehabilitadas ao abeiro dunha subvención de 74.500 euros concedida pola Xunta, dentro deste mesmo programa de Vivendas Baleiras.

Estas vivendas contan con dous dormitorios, un baño, unha estancia de salón-cociña (coa cociña equipada) e un cuarto para a lavadora.

Rematan os traballos do parque forestal San Cibrán-Os Muíños de Couso, Ponteareas

A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, Rosa Covelo, informa que xa están rematados os traballos de acondicionamento do parque forestal San Cibrán-Os Muíños de Couso desenvoltos en colaboración coas comunidades de montes en man común de Couso e de Guláns mantendo a liña de colaboración e traballo participativo iniciado en 2015 co alcalde Xosé Represas.

Co obxectivo de potenciar os valores paisaxísticos e o uso e disfrute xeral por parte da veciñanza o concello creou este parque forestal de preto de 165 hectáreas que permiten acoller multitude de actividades culturais, deportivas e recreativas.

Rosa Covelo explica que os primeiros pasos que se deron na creación deste parque forestal foron accións de defensa de incendios creando redes de faixas de xestión de biomasa tanto nas vías e camiños forestais como no camiño tradicional do Santo ou na contorna do sendeiro PGR 132 Muiños de Couso.

Tralos incendios de outubro de 2017, momento tamén no que se comezaba co proxecto, quedou patente a necesidade de protexer do lume estas áreas de patrimonio natural, polo que os traballos de creación do parque tamén incluiron cortalumes, rozas, plantación de frondosas e retirada de pés de eucalipto e acacia negra existentes na zona, entre outras tarefas.

Un bosque aínda máis san

As rozas, a poda, a trituración dos restos de corta e a creación de faixas non só reducen a propagación do lume tanto nas copas como no pé, ademais atenúan o risco de desenvolvemento de patóxenos e enfermidades, melloran o aspecto sanitario da masa e crean áreas de grande riqueza medioambiental como a área de frondosas que cumpre unha importante función ecolóxica que propicia creación dun corredor para a fauna e logra unha área de descontinuidade con respecto ás masas forestais contiguas que frean o lume”.

Punto de encontro

Pero ademais, esta área de frondosas xenera un espazo de interese social que permite o acceso a San Cibrán ou o paseo polos muíños, ademais de configurar un pequeno outeiro que permite a creación dunha futura área de recreo e doado punto de encontro para as familias.

Financiado no marco da subvención destinada a melloras dos montes mediante creación de parques forestais da Deputación de Pontevedra que aportou 28.535,57€ do custe total de 35.072.33 euros aportando o Concello a parte restante, o parque forestal San Cibrán-Os Muíños de Couso será unha zona de desfrute da natureza.

Este é un novo exemplo de colaboración coas comunidades de montes en man común pasando do enfrontamento histórico existente durante anos á participación e implicación, “agradecemos a boa disposición e colaboración das comunidades de montes que fan posibles espazos de lecer comunitario e que promoven a posta en va lor do patrimonio natural”

O goberno de Ponteareas ten en marcha na actualidade outros dous parques forestais que atinxen, xunto ao de San Cibrán-Muíños de Couso, a unha superficie de 500 hectáreas: A Picaraña e Seixifornia-Viveiro

‘Treze Catorze’ pide ao Porriño que reconsidere o “atentado ecolóxico” do centro de ACEESCA nas Gándaras de Budiño

A Asociación ‘C.D.E.Treze Catorze’ de Salceda de Caselas vén de sumar a súa voz aos diferentes colectivos ecoloxistas, políticos e cidadáns que solicitan a paralización das obras de construción dun centro para ACEESCA nas Gándaras de Budiño.

Tal como veñen denunciando VERDEGAIA, a SGHN e EU SON, entre outros, a parcela afectada acolle o hábitat prioritario de interese comunitario ‘Bosques aluviales de Alnus glutinosa y Fraxinus excelsior‘ (91E0) protexido pola Directiva Habitat (Dir. 92/43/CEE), ademáis de estar incluída no Plan de Recuperación do sapoconcho común (Emys orbicularis), catalogado en perigo de extinción e regulado polo Decreto 70/2013, do 25 de abril.

Por outra banda, dado o carácter inundable da zona, a parcela en cuestión está incluida como zona de alto risco de inundación polo Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables (SNCZI).

Por todo isto a asociación de Salceda solicita aos membros Corporación do Concello de O Porriño “que recapaciten sobre este atentado ecolóxico”, paralice as obras “antes de que o dano sexa irreversible” e busque outra localización para o centro, como podería ser o polígono industrial ou as canteiras recentemente restauradas.

Tomiño beneficiarase da fibra óptica en practicamente todo o municipio

0

O Concello de Tomiño vén de recibir constancia de que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), da Xunta de Galicia, e a Administración Xeral do Estado, dentro do Plan de Banda Larga 2020 e o Programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración, que impulsan, respectivamente, van promover de xeito complementario co Concello de Tomiño, unha serie de despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a Internet, para tentar chegar a practicamente a totalidade dos barrios e parroquias do municipio.

A compañía R Galicia levou a cabo o pasado ano traballos de obra civil para a rede de distribución de fibra no núcleo urbano do Seixo e Goián, únicos lugares que dispoñen do servizo na actualidade. Agora será o operador Telefónica o que, a través dunha subvención da convocatoria 2019 do programa estatal (para despregar fibra óptica antes do remate de 2021), leve a cabo as obras de despregamento necesarias para estender o servizo a case todos os núcleos de poboación (pódese consultar o detalle deste núcleos no ficheiro adxunto, ao final desta información.

Así mesmo, prevese que o Estado publique novas convocatorias de subvencións coas que os operadores poderán continuar co despregamento destas redes a aqueles sitios que queden sen cubrir.

Por outra banda, a Xunta vén de comunicar a posta en marcha dun novo proxecto de mellora das comunicacións móbiles no rural, cun investimento público de ata 5 millóns de euros. Esta iniciativa desenvolverase en colaboración coa Federación Galega de Municipios (FEGAMP), que levará a cabo a divulgación entre os concellos para a súa colaboración na identificación de zonas con deficiencias e parcelas para a instalación da infraestrutura.

O concelleiro de Obras e Acción Rural, Alexandre Pérez Souto, manifesta a súa satisfacción polas novas obras de despregamento de fibra óptica, xa que estas darán a opción de navegar con máis velocidade tamén á veciñanza do rural, especialmente en zonas de difícil cobertura. Por outra banda, o edil informou que o edificio do Concello dispón xa deste servizo, co cal mellorou moito a calidade da navegación por internet e a realización de trámites a través da administración electrónica, pasando dos 30 MB de antes aos 350 de agora.