8.5 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas anima á veciñanza a unha xornada de limpeza do río Tea...

    Ponteareas anima á veciñanza a unha xornada de limpeza do río Tea dentro da iniciativa ‘Venres polo Planeta’

    A concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas que dirixe Miguel Bouzó, convida á mocidade a participar na limpeza voluntaria do río Tea que terá lugar mañá venres día 28 de 16:30 a 18:30 horas para eliminar todo o lixo que moveron as crecidas. O lugar de encontro será a praia da ponte das Partidas.

    Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa ‘Venres polo Planeta’ que materializa con distintas accións o compromiso de protexer o medio ambiente. Nesta ocasión recoméndase levar, ademais de luvas e botas, un pao de vasoira ou similar cun gancho na punta para poder chegar aos plásticos que, lamentablemente, penduran das ramas das árbores.

    Para participar os interesados e interesadas só teñen que chamar ao número de teléfono 687 764 516 ou enviar un mail a voluntariado@ponteareas.gal

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.