Venres, 24 Xaneiro de 2025

O Concello de Nigrán informa sobre a inscrición para os campamentos polideportivos ‘Príncipe Felipe’

O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo de solicitude para ‘Os Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe’ para o ano 2020 organizados pola Deputación de Pontevedra. Os campamentos están destinados a persoas nacidas entre os anos 2006 e 2013 ambos os dous incluídos que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra. O período de solicitude remata o día 16 de marzo.

Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX de Nigrán situada na Estrada pola vía, 65 (antiga estación do tranvía) Panxón, Tlf: 986 383 081.