19.5 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaCharla coloquio na Guarda sobre o Camiño de Santiago e as súas...

    Charla coloquio na Guarda sobre o Camiño de Santiago e as súas oportunidades no desenvolvemento local

    O vindeiro venres día 13 de febreiro ás 20:00 h a Casa dos Alonso acolle unha charla-coloquio enmarcada nas actividades do proxecto ‘O Camiño Aguárdate’, coa que o concello da Guarda participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

    Nesta charla-coloquio, titulada O Camiño como produto cultural e turístico: oportunidades no desenvolvemento local, contarase coa participación de Xosé Manuel Santos Solla, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e algúns emprendedores entorno ao Camiño Portugués: Albergue O Peirao, Tuitrans e Rincón Peregrino.

    O obxectivo desta xornada é o de debater sobre o Camiño de Santiago e as oportunidades que ofrece na economía e no desenrolo local súa evolución, así coma atraer á poboación local a que se interese e reflexione sobre a importancia que ten en moitos aspectos da vida diaria da vila.

    A tal fin a charla articúlase mediante as ponencias de Xosé M. Santos, catedrático de Xeografía Humana na Universidade de Santiago e director do Centro de Estudos Turísticos (USC) entre 2005 e 2014, que ten traballado amplamente o impacto do turismo con especial preocupación polas cidades históricas, os itinerarios culturais e o desenvolvemento rural. A visión global que nos brindará Santos Solla sobre o Camiño de Santiago e o seu efecto e posibilidades no turismo, sumaranse a visión de diferentes emprendedores locais que souberon atopar oportunidades de negocio no feito da peregrinación xacobea.

    Máis actividades

    O 27 de marzo ás 20:30 h no San Xerome continúan as actividades cunha nova xornada titulada O Camiño como forma diferente de viaxar: motivacións e experiencias, na que se contará coa proxección do documental Santiago’s Way e rematará cunha charla-coloquio entre os asistentes.

    No mes de abril pecharase o ciclo de Falemos no Camiño coa xornada ‘Unha mirada histórica sobre o Camiño Portugués da Costa’, que contará coa presenza de Grato E. Amor Moreno e Ermelindo Portela Silva, realizarase o 17 de abril ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda.

    Visitas teatralizadas

    As visitas teatralizadas mistura a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.

    A compañía Os Quinquilláns, serán os encargados de realizar as visitas teatralizadas que terán lugar no Castro do Monte Santa Trega cun total de 8 sesións, para o público xeral e alumnos de secundaria, ata a primavera do 2020. As inscricións poden realizarse neste formulario web.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.