14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán convoca un curso oficial de socorrismo para persoas empadroadas

    Nigrán convoca un curso oficial de socorrismo para persoas empadroadas

    O Concello financia íntegramente as doce prazas. O periodo de inscrición arranca o luns 2 de marzo e finaliza o domingo 8 e o curso desenvolverase do 16 de abril ao 30 de xuño

    O Concello de Nigrán ofrece gratuítamente, e por vez primeira, un curso de socorrismo para empadroados que outorga o certificado de profesionalidade requirido para traballar nas praias. O compromiso do goberno de Nigrán coa seguridade e calidade asistencial nos areais e máximo, e ante o insuficiente número de socorristas que se precisan en toda Galicia na tempada estival o Concello desexa atallar este problema na súa comarca.

    O elevado custe da formación e a temporalidade do emprego disuade a moitos particulares de obter o certificado, motivo polo que o Concello ofrece esta acción de xeito público e gratuíto investindo 15.000 € en doce prazas. O periodo de inscrición arranca o luns 2 de marzo e finaliza o domingo 8 de marzo a través do Rexistro ou Sede Electrónica, desenvolvéndose a formación do 16 de abril ao 30 de xuño e empregándose a Piscina Mancomunada da Ramallosa como lugar das prácticas.

    “O noso compromiso coa seguridade nas praias é máximo, por iso queremos solventar o problema que anualmente se repite de falta de socorristas coa titulación requirida. Trátase dun certificado de profesionalidade moi demandado e cun custe económico alto tendo en conta que o traballo é moi estacional, motivo polo que hai escasos socorristas coa titulación válida para exercer o seu traballo nas praias, unha circunstancia que desde o Concello queremos solventar”, explica o alcalde, Juan González

    Así, o Concello de Nigrán pretende atallar en boa medida o problema do reducido número de candidatos para traballar nos areais do Val Miñor nos meses de verán. O curso, de 420 horas, desenvolverase do 16 de abril ao 30 de xuño de xoves a venres de 14:30 a 22:30 e sábados e domingos de 9:00 a 19:00 (con descanso para o almorzo).

    Os candidatos deberán cumplir cuns requerimentos obrigatorios como estar empadroados en Nigrán antes do 1/11/19 ou ter como mínimo a ESO e, ademáis, afrontarán un proceso de selección que inclúe unha proba específica na piscina, unha baremación de méritos que puntúa aspectos como experiencia profesional previa ou formativa ou ter sido voluntario de Protección Civil; e, finalmente, se someterán a unha entrevista persoal.

    Neste curso, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para velar pola seguridade dos usuarios de zonas de baño público en espazos acuáticos naturais, de forma autónoma ou integrado nun equipo de rescate e socorrismo, velando pola seguridade, previndo que se produzan situacións potencialmente perigosas realizando unha vixilancia permanente e eficiente e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia.

    As persoas interesadas en participar, deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal do 02/03/2020 ao 08/03/2020, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no Servizo de Información, no Centro Antena Municipal, no Departamento de Emprego de Nigrán e no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello, achegando a totalidade da documentación que se indica en dita solicitude. Aquelas persoas que posúan a acreditación dixital correspondente, tamén poderán inscribirse mediante a propia plataforma da Sede Electrónica municipal.

    Para ampliar esta información, pódese contactar co Departamento de Emprego, no 986-365000 (extensión 7) ou formular consultas a través dos correos electrónicos tle.nigran@nigran.org facendo constar sempre un teléfono de contacto para facilitar a comunicación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.